XORNADAS DO 23 E 24 DE XANEIRO

28 de Xaneiro de 2010 por furiaac

AFECCIONADOS: FURIA-PAZOS (3-2)

Alineacións:

Furia: Santi (0), Pincho (1), Rañó (1), Nevero (2), Nena (2), Moncho (1), Ferro(1), Manolito (2), Rubén (2), Tito (1), Álvaro (2)—-Patxi (2), Paja (2), Xabi (2), Perreta (2), Klá (1).

Pazos: Fran, Iván, Xosé Manuel, Noel, Gustavo, Alberto, Fabián, Manuel, Adrián, David, Rubén—-Suárez e Serxio.

Colexiado: Manuel  Ferreiro Antelo. Non tivo problemas, aínda que se complicou as cousas contra o final do encontro.

Incidencias: Moi boa entrada, e cun público moi entregado ós seus equipos, pero con moi bo rollo entre as afeccións. Nun día perfecto para asistir ó fútbol, así da gusto ir ó campo.

Obxetivo cumplido. Con máis sufrimento do esperado, pero os tres puntos viñeron para o peto do Furia. Un Pazos moi ordenado, e batallador; dou moitísimo traballo ó noso equipo, que tivo que traballar do lindo para levarse o encontro. Non foi un partido dos nosos chavales, que quizáis saíron algo confiados. Non fixeron o xogo dos últimos partidos, pero o importante era gañar; e cos goles de Álvarito, do Pazos en propia porta e o de Tito “in extremis” conseguirono. E agora ven o importante. Logo de vencer estes últimos catro encontros na casa, chega a hora da verdade. Así xa o domingo hai un enfrontamento clave contra o Sar, ás 4 da tarde en Extramundi. Si se quere seguir con ilusión, hai que conseguir un bo resultado. Soñar é gratis; así que afección….¡¡¡¡A ANIMAR Ó EQUIPO NESTES MOMENTOS!!!

XUVENÍS: FURIA-A GOLADA (1-0)

Alineacións:

Furia: Carlitos (2), David (2), Pepe (2), Quique (1), Borja (1), Adriansinho (1), Pó (2), Carlos Potel (0), Brais (1), Felipe (2), Diego Fernández (3)—-Paco (2), Pascolo (1) e Serxio (1).

A Golada: Carlos, Xesús, Rubén, Xoan, Diego, Serxio, César, Méndez, Héctor, Marcos, Stefan—-Isaac, Ricardo, Xaquín, Dani e García.

Colexiado: Anxo Domínguez Vidal. Sen complicacións. Boa arbitraxe.

Incidencias: Pouco público no campo.

Suman e seguen. Parece que os chavales olvidáronse da súa mala xeira, e agora parece que incluso a sorte lles sorrí. Nun partido igualado, novamente Diego Fernández, cun fabuloso zapatazo colaba o balón por toda a escadra e dáballe os tres puntos ó equipo; logo eso sí dunha xogada xenial de Paco, que fixo o mellor partido desta temporada. O vindeiro sábado ás 6 e media da tarde viaxan ó outro lado do río, para enfrontarse ó Dodro. Alí poderían seguir cos bos resultados. A ver si é así.

CADETES: CORDEIRO-FURIA (4-2)

Alineación:

Furia: Adrián (1), Álex Rial (0), Jonny (0), Miguel (2), Álex Barreiro (0), Adrián Santos (0), Xosé (0), Dani Castro (1), Anxo (1), Lucas (1), Antón (2)—-Kevin (1).

Incidencias: Boa entrada, nun derbi que resultou moito máis espectacular e animado que o da primeira volta.

Un dos peores encontros realizados polo noso equipo durante toda a temporada, e así o Cordeiro levouse o derbi merecidamente. Aínda que o Furia presionou cando se puxo 3-2 cos goles de Lucas e Adrián Santos, non foi capaz de remontar, e un gol postreiro do Cordeiro fixo xustiza no marcador. A ver si o próximo domingo o fan mellor, a pesar de que teñen un desplazamento complicado, a Bertamiráns, á casa do líder; ás 11 e media da mañán. Sorte.

ALEVÍNS: DESCANSARON

O próximo sábado ás 12 e media en Campaña, volven á competición enfrontándose o Val do Ulla.

BENXAMÍNS: SAN MAMEDE-FURIA (9-4)

Alineacións:

San Mamede: Román, Darío, Fabián, Damián, Alex, Iago, Brais, Nico, Yosebán, Damián e Breixo.

Furia: Jonathan (1), Nerea (2), Leandro (1), Anxo (2), Xabi Domínguez (1), Xosé Antonio (1), Xosé (1), Brais (1) e Franco (1)

Colexiado: Xosé Luis Fernández Froiz. Sen problemas.

Incidencias: Bastante público.

Superioridade do equipo local, pero un partido que acabou cun marcador mais abultado do que merecían. Deron a cara en todo momento e o encontro foi moi igualado. Os goles do Furia foron anotados por Anxo (2), Leandro e Nerea. O próximo sábado ás 3 da tarde, xogan en Campaña fronte ó Bertamiráns B.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 10.0/10 (2 votes cast)
XORNADAS DO 23 E 24 DE XANEIRO10.0102

Posteado en Resultados

Deixa un comentario

Aviso: Está activada a moderación dos comentarios e pode retrasar o teu comentario. Non é preciso que o envies outra vez.

 
1996-2009 Furia A.C. Feito con wordpress por oviguan