XORNADAS DO 30 E 31 DE XANEIRO
AFECCIONADOS: SAR-FURIA (1-1)
Alineacións:
Sar: Santi, Roberto, David, Paco, Esteban, Fernando, Dani, Canducho, Iván, Agustín, Adrián—–Pesado, López, Díaz e Sueiro.
Furia: Peixe (2), Paja (2), Patxi (2), Nena (3), Nevero (2), Manolito (3), Ferro (2), Perreta (2), Tito (2), Xabi (2), Álvaro (2)——Rubén (2), Moncho (s.c), Rañó (s.c.).
Colexiado: Árbitro: Manuel Blanco Dios.
Asistente: Santiago Gómez
Asistente: Estebo Muñiz.
Inexplicable. Un árbitro que normalmente é moi bo, parece mentira que fixera o que fixo. Non creemos que fose con alevosía, pero parecer pareceuno. Descontou TRECE MINUTOS na segunda metade, ata que empatou o Sar. Esperemos que recapacite e que nunca volva a repetir este erro, que condicionou o resultado do encontro. Un resultado que condicionará moito, posiblemente, o que poida facer o Furia nesta campaña. Non pode ser que erros como estes voten por terra todo o traballo dun equipo modesto como o noso. Debería haber algún mecanismo legal para correxir estes atropelos….. pero este é o fútbol de aldea. Ademais non só foi eso, senón que os asistentes tiveron erros gravísimos, que perxudicaron gravemente ó Furia: un fora de xogo a Tito cando se quedaba solo ante o porteiro que non era clarísimamente; un gol anulado a Álvaro por fora de xogo que non foi ”nin de coña”; e varios máis que sería larguísimo de contar. O dito: algo inexplicable, e que algún día nos gustaría que este bo colexiado e boa persoa, nos explicase algún día ós afeccionados do noso equipo. Nada máis que dicir, porque sería de mal gusto.
Incidencias: Partido con moitos afeccionados do Furia na grada, que se fixeron notar. Ó final do encontro uns sucesos lamentables (en gran parte motivados polo acontecido polo arbitraxe), que remataron cunha agresión dun afeccionado do Sar a outro do Furia. Un afeccionado do Sar que poderíamos calificar de moitas maneiras, pero ningunha delas sería agradable que saísen nesta páxina. Esperemos que si hai un deus do fútbol faga xustiza; e poña a cada un no seu sitio.
Insólito. Increible. Bochornoso. Atraco. Inxustiza. Vergonzoso…..Que máis podemos dicir!!!!! Un señor, que se supón xuíz imparcial, non pode estropear o traballo duns chavales e do seu adestrador. Unha segunda volta intachable (e que aínda o sigue sendo), afeada por unhas decisións que fixeron que o Furia perdese dous puntos no minuto 56 da segunda metade. Un desconto que o propìo colexiado non supo nin puido explicar. Un partido casi perfecto do noso equipo, que xogou de cine; que puido sentenciar o encontro moito antes (gol anulado, …); pero que aínda así tivo o encontro totalmente controlado. Solo nesa última xogada nun barullo na área, o Sar conseguía neutralizar o gol de Manolito de penalti. Un pau grande despois do gran traballo de todo o equipo. Pero mentres quede vida, queda esperanza. O vindeiro domingo, ás 4 en Campaña, outro partidazo fronte ó Dodro. Hai que seguir loitando rapaces. Porque sabedes que toda a afección verdiblanca está con vós, e por iso este domingo ¡¡¡¡¡TODA A AFECCIÓN ESTARÁ CON VOS E ANIMARAVOS ATA O FINAL!!!! ¡¡¡¡ VAMOS CHAVALES, A DEMOSTRAR QUEN SODES E O QUE VALEDES!!!!
XUVENÍS: DODRO-FURIA (1-0)
Alineacións:
Dodro: Ramón, Fran, Dani, Uxío, Diego, Roi, Manuel, Fabián, Adrián, Xabier, Alexandre—–Iglesias e Martín.
Furia: Carlitos (1), David (1), Pepe (1), Quique (1), Adrián (1), Pó (2), Carlos Potel (0), Pascolo(0), Pipe (1), Diego (0)—-Paco (1), Batalla (0), Serxio (0) e Álex Barreiro (0).
Colexiado: Árbitro: Xesús Fernández Santos
Asistente: Xosé L. Miguélez Granja
Asistente: Rubén Penela Montoto
Sen problemas. Bo arbitraxe.
Incidencias: Bastante público no Campo Municipal de Laíño, nunha tarde moi agradable.
Fin á racha de trunfos dos xuvenís. Aínda que o partido foi moi disputado, o Furia non puido materializar ningunha das oportunidades que tivo, e o gol do Dodro foi suficiente para que os tres puntos se quedasen na casa. O vindeiro sábado ás 12 da mañá dispútase o gran derbi deste ano, contra o Cordeiro. A afección ten que acudir e así poder este ano levarse o primeiro derbi, o máis importante. Imos todos a apoiar ós chavales. Moita sorte.
CADETES: BERTAMIRÁNS-FURIA (7-1)
Alineacións:
Bertamiráns: Mateo, Xosé, Diego, Martín, Santi, Xacobe, Adrián, Carlos, Villar, Alberto, Xabi—-Christian, Marcos, Álvaro e Rubén.
Furia: Christian (1), Alex Rial (0), Jonny (0), Miguel (0), Adrián Casal (1), Álex Barreiro (0), Anxo (1), Dani (2), Adrián Santos (0), Brais (0), Lucas (1)—– Manu (2), Xose (0), Danieliño (2), Álvaro (1) e Kevin (0).
Colexiado: Evaristo Cerbán del Río. Sen nengunha complicación. Boa labor.
Incidencias: Partido disputado no Municipal de Bertamiráns, ante non demasiado público, a pesar de que practicamente con este resultado o equipo local se proclamase virtualmente campión de liga.
Realmente desastroso o encontro disputado polo equipo cadete. A pesar de que o Bertamiráns demostrou o porqué será con case total seguridade campión de liga, non pode ser que os chavales con esta idade se tomen o partido coa actitude que amosaron o pasado domingo pola mañán. Teñen moito que reflexionar todos. O próximo sábado ás 4 da tarde viaxan a Dubra para afrontar o último encontro de liga. E o que son as cousas: de poder ser unha temporada ilusionante e de poder pelexar polos postos altos da clasificación, se perden o sábado quedarán definitivamente no sexto posto da clasificación. Para pensar durante toda a semana. Esperemos que o sábado reaccionen, porque teñen capacidade para eso e moito máis.
ALEVÍNS: FURIA-VAL DO ULLA (8-6)
Alineacións:
Furia: Borja (2), Salvador (3), Brais (2), Xoan Manuel (2), Álex (2), Serxio (3), Samuel (3), Ismael (2), Ricardo (2), Anxo (3), Manu (2) e Noelia (2)
Val do Ulla: Serxio, Luis, Diego, Iván, Xosé Luis, Andrés, Alexandre, Rubén, Álex, Xulio, Xoan e César.
Colexiado: Iván Martínez Sequedo. Boa arbitraxe, aínda que foi moi increpado, pola afección visitante.
Incidencias: Partido disputado en Campaña, con moito público. A afección e o cadro técnico do Val do Ulla deberían de pensar en ser un pouco máis humildes e deixar de dar espectáculos bochornosos, porque os meniños aprenden de todo; tamén da mala educación dos seus maiores.
Partido para enmarcar dos chavaliños e chavaliñas de Xabi Cotón. Creemos que catorce goles o din todo. Un equipo do Furia que demostrou que si se o propoñen poden dar moitas alegrías esta temporada. O tridente Serxio-Samuel-Anxo é letal, e entre os tres marcaron os 8 goles do noso equipo: 3,2 e 3 respectivamente falan ben ás claras. De verdade, foi un partido memorable, e que rematou cunha gran victoria do noso equipo; que a afección e o adestrador rivais non superon asimilar con demasiada deportividade. Sentidiño xente, que é un partido de fútbol, e son rapaciñ@s. O vindeiro xoves reciben, ás 6 da tarde a un dos galiños da competición: os nosos veciños do Pontecesures. Gran partido. Espérase un gran ambiente tamén.
BENXAMÍNS: FURIA-BERTAMIRÁNS B (2-7)
Alineacións:
Furia: Jonathan (2), Xabi (1), Anxo (2), Nerea (1), Leandro (1), Xabi Domínguez (1), Xosé (1), Brais (1), Franco (1) e Xosé Antonio (s.c.)
Bertamiráns B: Esteban, Alex, Jonathan, Samuel, Adrián, Aaron, David, William, Alejandro, Serxio, Marcos e Darío.
Colexiado: Ander Martínez Domínguez. Boa labor.
Incidencias: Partido disputado en Campaña, ante pouco público.
Un partido sen historia, xa que o Bertamiráns B foi moi superior; aínda que os pequechos deron a cara como sempre. Os goles do noso equipo foron anotados por Leandro e por Anxo. O vindeiro sábado, volven a medirse ó Bertamiráns. Esta vez ante o equipo A. Difícil papeleta,…pero xa se verá.
Posteado enResultados | No Comments »

