XORNADAS DO 13 E 14 DE FEBREIRO

AFECCIONADOS: VAL DO ULLA-FURIA (3-3)

Alineacións:

Val do Ulla: Xosé Manuel, Anxo, Luis, Paco, Víctor, Darío, Gonzalo, Diego, Carlos, Xacobe, Alberto—-Manolo, Adrián e David.

Furia: Peixe (2), Pincho (2), Rañó (2), Nevero (2), Manolito (3), Xabi (2), Ferro (2), Pipe (3), Toñito (1), Perreta (2), Álvaro (1)—–Flores (1) e Pó (1).

Colexiados:

Árbitro: Anxo Penela Rodríguez.

Asistente 1: Diego Otero Varela.

Asistente 2: Xosé Manuel Vázquez Otero

Partido sen demasiadas complicacións, pero onde se notou a tensión do moito que se xogaban os dous equipos, sobre todo o equipo local. Boa labor en xeral.

Incidencias: Partido disputado no Campo do Coto. Bastante público e que asistiu a un moi bo partido de fútbol.

Encontro vibrante, entre dous dos equipos que fan un mellor da categoría. Si o noso equipo fixese unha primeira volta, como está sendo esta segunda, seguramente que estaríamos a falar dunha clasificación moitísimo mellor. Pero tanto, o noso equipo, como o Val do Ulla demostraron que son dúas escadras que se caracterizan polo fútbol de toque e que gusta ó público. E os dous equipos pódense quedar sen ascenso. Paradoxas do fútbol. Sobre todo nesta categoría, moitas veces a practicidade trunfa sobre o bo fútbol. En sí o encontro resultou, como queda dito moi atractivo e moi emocionante. Adiantouse o Val do Ulla, pero cun golazo espectacular de Manolito e outro de Ferro, o Furia doulle a volta o marcador. E xa nos últimos minutos do choque o tolemia: empatou o Val do Ulla; acto seguido, novamente cun gol de Álvaro parecía que o Furia se ía levar os tres puntos; pero xa nas postrimerías do encontro (unha vez máis) o Val do Ulla rescataba un punto que pode ser moi valioso nas súas aspiracións. A pesar de todo, o resultado e xusto e á vez inxusto para ambos equipos, que de verdade deron toda unha lección de fútbol. Bueno, nos a seguir remando. O domingo chega o sempre complicado Rarís a Campaña, ás 4 e media da tarde. Non nos queremos esquencer do enorme partido que fixo un dos xuvenís que por primeira vez era titular co equipo maior. Pipe demostrou que hai futuro e que a canteira está esperando a súa oportunidade.

XUVENÍS: DESCANSARON.

Non se disputou o encontro previsto, posto que o Esquío foi apartado da competición. O vindeiro sábado, en Campaña, reciben ó San Marcos B, ás 4 e media da tarde.

CADETES: FIN DE CAMPIONATO.

Como xa dixemos o equipo Cadete rematou a súa competición nun meritorio, pero algo escaso 5º posto. Unha competición cuxo campión foi o Bertamiráns. Noraboa. Á espera da Copa do Sar, o resumo da campaña sería o seguinte:

GOLEADORES:

                               . 1 gol…….Samuel, Álex Rial e Kevin.

                               . 2 goles….Anxo.

                               . 3 goles….Dani Castro.

                               . 4 goles….Adrián Santos.

                               . 6 goles…….E SUPER PICHICHI DA CATEGORÍA………………LUCAS.

PORTEIRO MENOS GOLEADO:

                               . Con 7 goles en 6 encontros disputados……………………………………….CRISTIAN CASTIÑEIRAS.

XOGADOR MÁIS REGULAR DA TEMPORADA:

                              . ADRIÁN CASAL.

XOGADOR MÁIS TARXETEADO:

                             . BRAIS.

XOGADOR REVELACIÓN DO EQUIPO:

                            . DANI CASTRO.

A vindeira semana, poñeremos na páxina o equipo completo con algunha sorpresa.

ALEVÍNS: ESCLAVITUDE-FURIA (0-9)

Alineacións:

Esclavitude: David, Alonso, Daniel, Álvaro, Pablo, Cristian, Rubén, Nerea, Aaron e Adrián.

Furia: Borja (2), Salvador (2), Xoan (2), Brais (2), Álex (2), Serxio (2), Samuel (3), Manu (2), Ricardo (2) e Ismael (2).

Colexiado: Serxio Silva Grela. Sen nengún tipo de problema.

Incidencias: Bastante público, e que se comportou dunha maneira moi correcta, animándo continuamente ós dous equipos. Partido disputado en Pazos.

Victoria aplastante dos nosos chavales. Enorme encontro de Samuel, que con 5 goles convertiuse na estrela do choque, pero tamén acompañado polos dous goles de Serxio, e outros dous, un de Salvador e outro de Álex; pero cunha gran labor de todo o equipo; que demostrou que si queren poden facer moitas cousas boas esta temporada. O Esclavitude loitou todo o que puido. Moi meritorio o esforzo. O vindeiro sábado, ás 12 da mediodía, en Campaña reciben a un equipo complicado como é sempre o Cacheiras. Partido clave para engancharse ós postos altos da clasificación. Moita sorte.

BENXAMÍNS: FURIA-DUBRA (2-11)

Alineacións:

Furia: Jonathan (1), Xabi (1), Nerea (1), Anxo (2), Leandro (1), Xabi Domínguez (1), Xosé Antonio (1), Brais (1) e Nico (1).

Dubra: Eloi, Lucas, Fabio, Xurxo, Gónzalo, Ismael, Xosé, Raúl, Xabier, César, Antonio e Fabián.

Colexiado: Manuel Blanco Dios. Sen ningún problema. Partido moi tranquilo.

Incidencias: Pouco público, pero moi animoso.

Partido que gañou con contundencia o Dubra, que demostrou o porqué da súa boa clasificación. Loita constante dos nosos pequech@s, pero que non tiveron opcións ante un rival superior. Os goles do noso equipo, foron anotados por Anxo. O vindeiro sábado, ás 3 da tarde, en Campaña, xogan como visitantes, ante o Cordeiro; polo que podemos falar outra volta dun mini-derbi. Hai que ir animar. Moita sorte a todos.

ENTREVISTA CO PRESIDENTE:

Ante as múltiples peticións que se recollen no foro, estamos intensificando as conversacións co gabinete de prensa do señor presidente do Furia. Nos últimos contactos, parece ser, que non está moito pola labor de facer ningún tipo de declaración; e a súa secretaria personal remítenos ó director xeral ou o director deportivo. Pero seguiremos a tentalo, para satisfacer as vosas peticións.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *