XORNADAS DO 25, 26 E 27 DE MARZO

30 de Marzo de 2010 por furiaac

XUVENÍS  :  ORTOÑO (3) – FURIA (1)  25-III-10

CAMPO DE BERTAMIRÁNS. BASTANTE PÚBLICO LOCAL. PARTIDO APRAZADO NO SEU DIA A PETICIÓN DO ORTOÑO.

COLEXIADO : SUÁREZ PAZOS. SEN PROBLEMAS.

ALIÑACIÓNS :

ORTOÑO : GUILLE,ADRIÁN MEIRIÑO,SANTI,DENIS,MARIO,DIEGO,BALIÑAS,RAFA,NICOLÁS,ALBERTE E VILAS……PACO E MIGUEL CASTRO.

FURIA : CARLOS (1), SERXIO (1), PEPE (1), QUIQUE (1), ADRIANSIÑO (1), DIEGO (1), CURIÑA (1), PASCOLO (0), PO (1) E RUBÉN (2)…… ADRIÁN CASAL (1), DANI (1), PACO (1) E ÁLEX (1).

BOA PRIMEIRA PARTE DO FURIA (0-0). MELLOR COMENZO DA SEGUNDA (0-1). PERO A MALA SORTE E A ANSIA DOS XOGADORES DO ORTOÑO, ESTABÁN COMO “ENCABRITADOS”, PERMITIRON UN RESULTADO FINAL UN TANTO ENGANOSO. MOI BEN O ADESTRADOR OCASIONAL DO FURIA “BILE” QUE CON CATRO CADETES SOUBO PLANTEXAR MOI A TÁCTICA DO “PISARRILLO”.

BENXAMÍNS : TORDOIA (3) – FURIA (5)    27-III-10

CAMPO DE TORDOIA. MENOS DE 108 PERSONAS. BOA TEMPERATURA (QUE É RARO).

COLEXIADO :RUBÉN NIEVES. ESTE PICA ALTO.

ALIÑEACIÓNS :

TORDOIA : RODRÍGUEZ, VÁZQUEZ, GÓMEZ, CASTRO, DOMINGUEZ, VILARIÑO, REI, AÑÓN, BREA, COSTA, MOURE E LAMAS.

FURIA : JONATHAN (2), XABI (1), NEREA (1), LEANDRO (1), XABIER D. (0), TONI (1), PEPE (0),BRAIS (0), FRANCO (2) E ANXO (3).

NOTOUSE A MAN DO ADESTRADOR “PATXI”. ADESTRADOR NOVO VITORIA SEGURA. QUE LLO DIGAN Ó SEVILLA, JA, JA,JA.. O QUE ESTABA E MELLOR QUE SIGA DE PAPADELAS, ASI ESTÁ BEN LUCIDO. PRIMEIRA PARTE MOI DISPUTADA (2-2) E NA SEGUNDA RESOLVENDO CON UN ANXO MUÑIZ MEMORABLE OCAL MARCOU EL SOLIÑO OS CINCO GOLES. PROXIMO ENCONTRO XOVES 8, 17,30 HORAS EN CAMPAÑA CONTRA O FLAVIA.

XUVENÍS FURIA (0) – BIDUIDO (4) 27-II-10

CAMPO DE CAMPAÑA. MENOS AMBIENTE DO ESPERADO. BOA TARDE PARA COMER UN COCIDO.

COLEXIADO : MANUEL BLANCO. BOA LABOR, A PESAR DE QUE NO LA FIXO GORDA EN EXTRAMUNDI.

ALIÑEACIÓNS :

FURIA : CARLOS (2), SERXIO (0), QUIQUE (2), DIEGO (0), BRAIS (2), CURIÑA (1),PASCOLO (1), POTEL (0), DANI (1), ADRIANSIÑO (0) E ALEX (1)…..SANTOS (0), CASAL (1), PACO (1) E GASITO (1).

BIDUIDO : PABLO, CALVO, PEPE, DAVID, RUBÉN, BOQUETE, SANTI, PACO, EFRE, FRAN E ALEX…AARON, IVAN, GARABAL E NORMAN.

ESTÁ CLARO QUE, A PESAR DE CONTAR CON VARIOS CADETES, O TANDEN DE ADESTRADORES DOS XUVENÍS DO FURIA FALLOU ESTA TEMPORADA DE XEITO RADICAL. POSIBLEMENTA OS XOGADORES NON SE ADAPTARON AS INSTRUCCIÓS DE “CACHARRITO” E DE “POLO”. QUE VAN A DECIR !!!! AGORA QUEDA A COPA. INFORMAREMOS.

AFECIONADOS : BIDUIDO (1) – FURIA (1).  28-III-10

CAMPO DE BENTIN. MOITAS CALVAS NO TERREO DE XOGO E AUGA DE GARRAFA DE GRIFO. GARDOUSE UN MINUTO DE SILENCIO POLO PASAMENTO DO BEN QUERIDO AMIGO “XOSÉ MANUEL MARTINEZ BOTAS” Ó QUE RECORDAREMOS SEMPRE. ALÁ ONDE TE ATOPES NON TE OLVIDAMOS.  D.E.P.

COLEXIADO : SEGUNDO TUBIO. IMPECABLE. EXPULSOU A TITO E PATXI MERECIDAMENTE.

ALIÑEACIÓNS :

BIDUIDO : EDU, XABI, ADRI,MIGUI,MRC, PEPE, MANOLO, GÓMEZ, PABLO, PELETE E VIETES…MIGUEL E GUSTAVO.

FURIA : PEIXE (1), PAJA (1), PEPE (1),PATXI (0), RAÑÓ (1), XABI (1),FERRO (1), TITO (0), SANTI (1), PO(1) E LILUUUU (2)……TOÑITO (0).

PARTIDO PARA  ESQUENCER. O FURIA XOGOU CO TRES XUVENÍS E FIXERON O QUE PUDERON . O GOL DO FURIA FOI OBRA DE VARIOS A RAIZ DUNHA MELÉ. PERO NA ACTA FIGURA SANTI O CABO COMO AUTOR. O ÚLTIMO ENCONTRO DA LIGA SERÁ O XOVES 1, 17,00 HORAS EN CAMPAÑA CONTRA O ROIS.

ALEVÍNS : CESURES (8) – FURIA (5)   CAMPO DE PORTO  26-III-10

COLEXIADO : PIÑEIRO PROL. ENCANTADOR

ALIÑEACIÓNS :

CESURES : FRAN, SANTI, RICARDO, LORENZO, RUBÉN, MANU, PEPE, CASTRO, SAMUEL, POTEL, AARON E MARCOS.

FURIA : BORJA (1), XOAN (2), SALVADOR (3), MANU (3), RICARDO (1), SERXIO (1), BRAIS (1), ANXO (3) E ISMAEL (1).

BO PARTIDO DE FÚTBOL DE ATAQUE. OS GOLES DO FURIA FORON ANOTADOS POR SAMUEL-2, SERXIO-1 E ANXO-2.

ALEVÍNS : AROUSA CUP (1 E 2 DE ABRIL)  CAMPO DA LOMBA – VILAGARCÍA DE AROUSA

CALENDARIO : XOVES 1, HORA 13,30 :  CALASANCIO-FURIA ——— HORA 19,00 :  SALESIANOS-FURIA

VENRES 2, HORA 10,30 : POBOA-FURIA——–HORA 13,30 :  COMILLAS-FURIA. ¡¡¡MOITA SORTE!!!


VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 10.0/10 (1 vote cast)

Posteado enResultados | No Comments »

II CAMPIONATO DE POKER (18 DE MARZO DE 2010)

23 de Marzo de 2010 por furiaac

Éxito rotundo cunha organización impecable. Cabe resaltar a formidable labor do xuíz do torneo o señor “Paco Grande” que, co seu bo facer, encarrilouse todo de xeito extraordinario. Temos que agradecer a presencia de xogadores de sitios tan dispares como Santa Comba,Cuntis, A Estrada, Carballo, Moaña ou Pontevedra, sen esquecernos do de Rianxo, Boiro, Padrón ou de Valga.Moitas gracias a todas e a todos pola súa participación e moitas gracias tamén pola súa colaboración a familia dos “Tiniños” sempre dispostos a votar unha man. Gracias, como non, a” Construcións Cotón” , carpintería “Olegario Santiago”e a taberna “A Casa Vella”. Detalles como estes merecen a pena.

A mesa da final, que deu algunha sorpresa

CLASIFICACIÓN DAS DÚAS  MESAS FINAIS :

18. Damian Soto (Santiago)

17. Nino (Valga)

16.  D. Cacharis (Campaña)

15. Cesar Turnes (Sixto)

14. Chus (Cuntis)

13. Pablo Pardal (Cordeiro)

12. Manu Pontellón (Terroeira)

11. Pedro Casais (Boiro)

10. Carlos Pinche (Bamio)

9.Marcos Piñón (Santiago)

8. Dani Carcacía (Carcacia)

7. Miguel Palacete (Padrón)

6. Ronaldinho (Moaña)

5. Adrián Martínez (Campaña)

4. Sergio   ( A Devesa)

3. Oscar Niki (Campaña)

2. Martín Busto (Campaña)

1 Pablo Liste (Santiago)


O Campión  Pablo Liste recibindo o trofeo de mans da defensora do título Laura Chapas


VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 9.7/10 (3 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADAS 18,20 E 21 DE MARZO

23 de Marzo de 2010 por furiaac

ALEVÍNS : FURIA (0) – CORDEIRO (1)  XOVES 18 DE MARZO.

CAMPO DE CAMPAÑA.MENOS DE MEDIA ENTRADA. UN POUCO FALTÓN ALGÚN QUE OUTRO PAI E NAI DOS XOGADORES DO CORDEIRO QUE CONFUNDEN O TOUCIÑO CA VELOCIDADE. MOI POUCA CATEGORÍA.

COLEXIADO : EUSEBIO RODRIGUEZ, BASTANTE TRABALLO.

ALIÑACIÓNS :

FURIA : BORJA (3), SALVA (2), XOÁN (3), ALEX (1), SERXIO (1), SAMUEL (2), MANU (3), RICARDO (1), ANXO (2).

CORDEIRO : MARTÍNEZ, TOUCEDA, PORTAS, PEREIRA, BREA, EIRAS, OTERO, RODRIGUEZ, SOLLA, VARELA, GARCÍA E GASAMANES.

SEGUINTE ENCONTRO : SÁBADO 27, 11,00 HORAS, CAMPO DE PORTO CONTRA O CESURES.

ALEVÍNS : VAL DO ULLA (11)- FURIA (2)  SÁBADO 20 DE MARZO.

CAMPO DO COTO (SANTA CRUZ DE RIVADULLA). POUCO PÚBLICO. EXQUISITA DEPORTIVIDADE.

COLEXIADO :MANUEL TABOADA, “DE TACÓN”.

ALIÑACIÓNS :

VAL DO ULLA : SERXIO, DIEGO, LOIS, IVAN, PEPE, ANDRÉ, ALEX, RUBÉN, RIVADULLA, ADRIÁN, XULIO, XOÁN E CÉSAR.

FURIA : BORJA (2), XOÁN (2), ALEX (2), SERXIO (2), RICARDO (1), ANXO (3) E SAMUEL (2).

O FURIA PRESENTOUSE TAN SOLO CON SETE XOGADORES PARA ESTE PARTIDO Ó RESENTIRSE O RESTO DA PLANTILLA DE VARIAS LESIÓNS E DE ALGUN QUE OUTRO FALLO NO TRÁNSITO INTESTINAL.UNHA PENA POIS, NA PRIMEIRA VOLTA O FURIA VENCERA POR 8 A 6 O VAL DO ULLA EN CAMPAÑA.GOLES DE ANXO E SERXIO.

SÁBADO 27, EN PORTO, HORA 11, CESURES – FURIA.

BENXAMÍNS : FURIA (3) – ROIS (4). SÁBADO 20 DE MARZO.

CAMPO DE CAMPAÑA. TERREO DE XOGO ENCHARCADO. BASTANTE PÚBLICO, DEIXÁNDOSE NOTAR UNHA TREMENDA MALA EDUCACIÓN DE VARIOS PAIS E NAIS  DO ROIS QUE EN VEZ DE IR A DISFRUTAR DO DEPORTE PARECE QUE VAN A GUERRA COS SEUS RETOÑOS. UNHA PENA.

COLEXIADO : XOSÉ MANUEL MARTÍNEZ (AFICIONADO). IMPECABLE LABOR. TENDO QUE EXPULSAR DA AREA TÉCNICA A UN IMPRESENTABLE ADULTO DE ROIS.

ALIÑACIÓNS :

FURIA : JONATHAN (1), XABI (1), NEREA (1), LEANDRO (1), ANXO (3), BRAIS (1) E FRANCO (1).

ROIS : SERXIO, SANTI, AARÓN, MARCOS, MATEO, MANU, XAQUÍN, GABRI, BRAIS, SAMU, CLEMENTE E DANI.

O FURIA EMPEZOU MOI BEN, CON TRES GOLES CONSECUTIVOS DE ANXO, PARA NA SEGUNDA PARTE PERDER FORZA E VARIOS FALLOS DEFENSIVOS PERMITIRON A REMONTADA DO ROIS POR 3 A 4.

O VINDEIRO ENCONTRO SERÁ O SÁBADO 27, EN TORDOIA, AS 11.00 HORAS. IREMOS EN BUS. ¡¡¡VIVA!!!

AFECIONADOS : FURIA (0) – RECESENDE (1).DOMINGO 21 DE MARZO.CAMPO DE CAMPAÑA.

BASTANTE MENOS DE 400 PERSOAS NUNHA TARDE MARAVILLOSA.

COLEXIADO : VILA VILA,AUXILIADO POR ALBERTO FIGUEIRA E ÁLEX ÁLVAREZ. MOITO QUE MELLORAR.

ALIÑACIÓNS :

FURIA : PEIXE (1), PAJA (1), PATXI (1), SANTI NEVERO (0), RAÑÓ (1), MONCHO PISTOLAS (1), PINCHO (1), XABI (2), MANU (2), PERRETA (1) E ÁLVARO (1)……..POHIÑO (1) E RUBÉN (1).

RECESENDE : RIAL, SEOANE, GOLÁN, LAMAS, GARCÍA,MELLA, BOQUETE, IGLESIAS, BARÓN, MUNÍN E MÉNDEZ…PABLO E ADRIÁN.

UN MAL ENTENDIDO ENTRE OS CENTRAIS E PEIXE ,NO ÚNICO TIRO Á PORTA DO RECESENDE,FIXO POSIBLE O IMPOSIBLE E O EQUIPO DE TEO SE LEVARA OS TRES PUNTOS.UNHA VEZ MAIS , VAN POR AI 146 VECES, O FURIA NON É CAPAZ DE METER UN GOL NIN DE COÑA.O PEOR FOI A GRAVA LESIÓN DO NOSO BRAVO XOGADOR “MONCHO PISTOLAS” QUE ESCARALLOU O XEONLLO ESQUERDO NUNHA XOGADA FORTUÍTA.DENDE AQUÍ ENVIAMOSLLE ÁNIMOS, A “LOLI” TAMEN, PARA UNHA PRONTA RECUPERACIÓN. OUTRO ASUNTO CURIOSO FOI CANDO O NOSO CENTRAL, QUE NON TIÑA O MELLOR DÍA, LLE DIXO  A UN DOS QUE REDACTA ESTA PÁXINA : A VER QUE VAS A ESCRIBIR, APIROLADO !!! ENTÓN O ARBITRO ESCOITOU O QUE DIXO E EXPULSOUNO. XOGAMOS CASE TODO O PARTIDO CUN HOME DE MENOS E, AÍNDA ASÍ, NON MERECEMOS PERDER ESTE PARTIDO.

PRÓXIMO PARTIDO : BIDUIDO-FURIA. DOMINGO 27, 16,30 HORAS . CAMPO DE VENTIN (BIDUIDO).

XUVENÍS : XOVES 25, HORA 19,30, ORTOÑO-FURIA, CAMPO DE BERTAMIRÁNS.


ALIÑEACIÓNS :

FURIA : PEIXE (1), PAJA


VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 10.0/10 (2 votes cast)

Posteado enResultados | 2 Comments »

20.000 visitas

17 de Marzo de 2010 por furiaac

Parabéns! A páxina do Furia Athletic Club acadou recentemente a histórica marca de 20.000 visitantes, case tantas marca.com. Desde está  páxina agradecemos a tódolos os que se quixeron pasar pola nosa casa, e agardamos que pasaran un momento agradable. Queremos aproveitar para saudar a tódolos afeccionados e visitantes, pero moi especialmente ós que están lonxe.

Unha aperta para Madrid, Barcelona ou Zaragoza; Grenoble, Francia; Munich, Alemaña, Cuernavaca, Campeche e  Celaya, México; Exete, Coventry, London ou Folkestone, Reino Unido; Estados Unidos, Colombia, Brasil, Eslovaquia, Suiza e tantos outros que non podemos citar por falta de espacio e descoñecemento de xeografía.

Un saúdo moi espacial para os que nos visitan desde a República de Macedonia, esperamos que faga bo tempo por alá (se vedes esto mandade un saúdo)

Outro saúdo vai para todos os despistados que chegaron ata aquí buscando por: xogo do truco, miguel bose bixesual foro, padre isorna, zapateiros que arreglan paraguas, vaca anal, manolo do xastre, o peixeiro estudiantili, smael saez lucas, maquieira otero ruben, estudiantil peixeiro, galicia equipo de futbol cordeiro categoria benxamins, femiordes, campo municipal de figueroa a estrada, contacto del athletic club, -la furia con diego torres y laura novo…

E tamén para s o que conseguiron entrar á páxina escribindo palabros tan memorables como: firiaac, foriaac, fueria ac, fuia ac, furiafc.com, fuuria ac, furya ac…

Aproveitamos tamén a ocasión para saudar o Furia AC mexicano, o Frente de Unidad Revolucionaria Independiente de Acapulco., e solidarizarnos coa súa comprometida sabor social.

Grazas a todos e a polos 100.000 como o xabarín

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 9.2/10 (5 votes cast)

Posteado enResultados | 2 Comments »

XORNADAS DO 13 E 14 DE MARZO

15 de Marzo de 2010 por furiaac

AFECCIONADOS: TERRAS DO ULLA-FURIA (5-3)

Alineacións:

Terras do Ulla: David, Marco, Moisés, Andrés, Roberto, Marcos, Xoan, Xosé, Salvador, Cristian, Víctor—–Borja e Xabier.

Furia: Peixe (1), Paja (0), Patxi (0), Nevero (0), Ramón (1), Rañó (1), Pincho (1), Xabi (0), Manolito (0), Perreta (1), Álvaro (1)—-Tito (0) e Lilu (0).

Colexiado: Francisco Xosé Piñeiro Prol. Sen problemas.

Incidencias: Pouco público, nunha tarde espléndida no campo de Pazos

Debut das cheerleaders do Furia, capitaneadas por Laura Chapas e Mari

Poderíamos definir o encontro como o típico da primeira volta deste ano. O equipo saíu moi ben, púxose 0-2, e despois por arte de birli-birloque, desapareceron do campo. Parece como si se lles fose a olla, e convirtiron o choque nunha tolería da que saíu beneficiado o equipo rival, que acabou levándose o encontro por 5 a 3. Xa sabemos que agora a motivación non é a mesma, xa que non hai obxetivos claros polos que loitar; pero non se pode deixar escapar un partido como o de onte. Esperemos que na vindeira temporada se corrixan estes erros. Os goles do Furia foron anotados por Moncho, Perreta e Manolito de penalti. O próximo domingo, hai un gran enfrontamento en Campaña, ás 4 e media da tarde, xa que recibimos ó Recesende, un equipo que se está xogando a vida; é ó cal se lle ten moitas gañas. Pode ser un choque interesante.

XUVENÍS: ESCLAVITUDE-FURIA (5-1)

Alineacións:

Esclavitude: Serxio, Martín, Vigo, Xosé, Santi, Rubén, Abel, Ferreiro, Xosé María, Ismael, Álex—-Andrés, Adrián, Félix, Gonzalo e Pablo.

Furia: Carlos (2), David (2), Pepe (2), Quique (1), Borja (2), Adriansinho (0), Diego (2), Brais Kuric (1), Brais Calvo (2), Pó (1)—-Carlos Potel (1), Serxio (0), Paco (1), e Ferro (1).

Colexiado: Xosé Luis Rivas Pena. Boa labor.

Incidencias: Case sen público.

Resultado normal entre un bo Esclavitude e un Furia que aguantou e loitou ben a primeira metade; pero que na segunda se veu abaixo fisicamente, e non puido facer fronte ó seu rival. O gol do Furia, anotado por Diego Fernández. O vindeiro encontro aínda non está claro, porque hai algúns cambios.

ALEVÍNS: DESCANSARON

A vindeira xornada un gran derbi contra o Cordeiro.

BENXAMÍNS: BERTAMIRÁNS D-FURIA (3-3)

Alineacións:

Bertamiráns D: Xoan, Mateo, Fabricio, Carlos, García, César, David, Adrián, Fabián, Alfonso e Xoan Manuel.

Furia: Jonathan (2), Xabier (1), Leandro (1), Xosé Antonio (1), Brais (1), Nico (1) e Anxo (3).

Colexiado: Rubén Yoel Nieves Calvelo. Sen complicacións.

Incidencias: Bo ambiente en Bertamiráns.

Que gran encontro dos pequechos outra vez. Ó igual que na primeira volta, o Furia arrancou un gran empate, nun partido moi loitado. Bo partido de todo o equipo, pero destacando Anxo e o porteiro Jonathan. Anxo ademais marcou dous novos goles, sendo o outro obra de Leandro. Recibimos ó Rois, na vindeira xornada en Campaña. Boa xornada para reencontrarse coa victoria e seguir cara arriba.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 9.6/10 (5 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADAS DO 6 E 7 DE MARZO

8 de Marzo de 2010 por furiaac

AFECCIONADOS: FURIA-BUGALLIDO (4-1)

Alineacións:

Furia: Peixe (3), Paja (2), Patxi (2), Nevero (2), Manolito (3), Xabi (3), Ferro (2), Tito (2),Lilu (2), Perreta (3), Álvaro (2)——Moncho (2), Santi (2).

Bugallido: Xosé, Peón, Diego, Serxio, Xabier, Álex, Dani, Manuel, Darío, Anxo, Rodríguez—-Iván, Torres e Gonzalo.

Colexiado: Rafael Vicente González. Sen problemas e na súa liña de estar sempre “encima” da xogada. Moi boa forma física.

Incidencias: Pouco público, nunha tarde bastante desapacible.

Gran partido do noso equipo. Bo xogo, moitas oportunidades e goles. A pesar de que o encontro puido acabar nun resultado escandaloso, volvéronse a errar moitas ocasións; pero marcando catro goles non hai queixa. Si así fose durante toda a temporada, outro galo cantaría. Enorme partido de Perreta, que tivo o premio con dous golazos, o primeiro un auténtico golazo e tamén de Peixe; que aínda que non tivo moito traballo, nas tres ocasións que chegou o Bugallido con perigo, fixo tres auténticos paradóns. Xabi e Manolito, na súa liña xenial desta temporada; e en xeral un gran nivel de todo o equipo. Ademais dos dous goles de Perreta, tamén anotaron Lilu (que abriu a lata) e un gol que non quedou claro se foi en propia porta ou non, pero o colexiado anotoullo a Santi Pardal, que se estrena como goleador a pesar de ser o segundo porteiro; aínda que leva dous encontros xogando como dianteiro e dando un gran nivel. O domingo vindeiro xogan contra o Carpintería Bentrón-Terras do Ulla. Boa visita para seguir sumando puntos.

XUVENÍS: FURIA-SP.ESTRADA (0-8)

Alineacións:

Furia: Adrián Casal (0), David (1), Pepe (1), Quique (0), Borja (1), Adriansinho (0), Diego Fernández (0), Brais (1), Rubén (1), Po (1), Pipe (2)—-Carlos Potel (1), Serxio (0), Paco (0) e Gasito (0).

Sp. Estrada: Diego, Antón, Xabier, Miguel, Óscar, Antonio, Figueroa, Xoan, Roberto, Paco—-Dani, Jonathan, Samuel, Enrique, Álex.

Colexiado: Claudio Castro Carbia. Non tivo traballo.

Incidencias: Xogaron solos.

Que dicir do encontro visto o resultado. Combinando que xogaban contra o líder e que os nosos fixeron, posiblemente o peor partido da temporada; o que sucedeu é o máis normal. Para esquecer. O vindeiro sábado teñen un encontro tamén difícil ante o 3º clasificado, o Ortoño. Esperemos que as cousas saian mellor. Boa sorte.

ALEVÍNS: FLAVIA-FURIA (10-4)

Alineacións:

Flavia: Lucas, Noel, Esteban, Marcos, Álex, David, Pablo, Dani e San Martín.

Furia: Borja (1), Salva (2), Xoan (1), Brais (2), Álex (1), Serxio (1), Samuel (3), Ricardo (1) e Anxo (3).

Colexiado: Ricardo Silva Pérez. Boa arbitraxe.

Incidencias: Pouco público.

O Flavia foi moi superior ó noso equipo, que non tivo o día. O único positivo foron os dous goles de Anxo, e os de Samuel e Serxio Rico. A próxima xornada descansan.

BENXAMÍNS: BERTAMIRÁNS-FURIA (11-1)

Alineacións:

Bertamiráns: Álex, Fran, Xabi, Dani, Martín, David, Xurxo, Pablo, Nicolás, Santi, Iván e Mario.

Furia: Jonathan (1), Xabi (1), Nerea (1), Leandro (2), Xabi Domínguez (1), Xosé Antonio (1), Xosé (1), Brais (1), Nico (1) e Anxo (1)

Colexiado: Serxio Silvarelle. Sen problemas.

Incidencias: Cerca de 15 persoas.

Moita superioridade do equipo do Bertamiráns. Os nosos non puideron facer nada. O gol foi anotado por Leandro. O vindeiro sábado volven a xogar contra o Bertamiráns, pero contra o D. Xornada propicia para intentar traer algún punto para a casa.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 6.5/10 (2 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADAS DO 25 E 28 DE FEBREIRO

2 de Marzo de 2010 por furiaac

CATEGORIA BENXAMIN : FURIA-1    CESURES-8

FURIA : JONI (1),XABI (1),ANXO (3),LEANDRO (1),TONI (1),BRAIS (1) E FRANCO (1)

CESURES : XACOBE,FERNANDO,IKER,BORJA,LOIS,ISMAEL,AARON,MICHAEL,DAVID,MANUEL E ALVARO

COLEXIADO :RODRIGUEZ VARELA.MOI PROTESTADO POLOS XOGADORES LOCAIS.

INCIDENCIAS : POUCO PUBLICO PERO,ESO SI, PELEÓN

Partido moi ben plantexado polo Cesures que,coa súa táctica defensiva en abanico,sorprendeu á defensa do Furia situada en “ELE”. Próximo partido o sábado 6 en Betamiráns ás 12,30 frente ó “C”.

ALEVÍNS :

Descanso. Partido adiantado para este xoves 4, hora 18,00 no campo de Pazos contra o Flavia.

XUVENÍS :

Descanso.Próximo encontro o sábado ás 16,30 en Campaña enfrentándose ó lider Sp. Estrada.

AFECCIONADOS : S. A. HERBÓN (1)   FURIA (7)

SAN ANTONIO : Pepe, Roberto, Raposo, Toni, Héctor, Rubén, Chema, Oliver, Damián, Serxio e Anxo.—-Michel.

FURIA : Peixe (1), Paja (2), Patxi (1), Miguel (2), Santi “Nevero” (2), Xabi (2), Pincho (3), Manu (2), Tito (3), Perreta (1) e Álvaro (2).—Lilúu (2) e Santi “Cabo” (0).

COLEXIADO : CLAUDIO CASTRO. Moi saltarín.

INCIDENCIAS : Público bastante xerreador.Menos frío que no Canadá pero mais qoe no Sahara.Non asistiron ó encontro nin o Alcalde de Valga nin o de Padrón. Eles o perderon.

COMENTARIO : Partido de claro dominio das “nenas” (vestían de rosa) que con catro goles de Tito e tres de Ávaro marcaron sin problemas o desenrolo do encontro. Santi “Cabo” marrou un penalti no último minuto (provocado por “Lilúu” nunha gran internada o que fai pensar que este xogador debería contar con mais minutos a pesar das diferencias de criterio que mantén co seu mister “Martin Busto -Maquerrele-”) ó tiralo ó estilo “Panenka”.

DOMINGO 7, HORA :16,30, CAMPO DE CAMPAÑA, RIVAL :BUGALLIDO.

Aquí vemos a Marcelino do Bombo, delegado de campo do San Antonio de Herbón, entregando o premio da rifa de campo ó afeccionado do Furia coñecido como “Perillo”

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 9.5/10 (4 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

 
1996-2009 Furia A.C. Feito con wordpress por oviguan