XORNADAS DO 6 E 7 DE MARZO

8 de Marzo de 2010 por furiaac

AFECCIONADOS: FURIA-BUGALLIDO (4-1)

Alineacións:

Furia: Peixe (3), Paja (2), Patxi (2), Nevero (2), Manolito (3), Xabi (3), Ferro (2), Tito (2),Lilu (2), Perreta (3), Álvaro (2)——Moncho (2), Santi (2).

Bugallido: Xosé, Peón, Diego, Serxio, Xabier, Álex, Dani, Manuel, Darío, Anxo, Rodríguez—-Iván, Torres e Gonzalo.

Colexiado: Rafael Vicente González. Sen problemas e na súa liña de estar sempre “encima” da xogada. Moi boa forma física.

Incidencias: Pouco público, nunha tarde bastante desapacible.

Gran partido do noso equipo. Bo xogo, moitas oportunidades e goles. A pesar de que o encontro puido acabar nun resultado escandaloso, volvéronse a errar moitas ocasións; pero marcando catro goles non hai queixa. Si así fose durante toda a temporada, outro galo cantaría. Enorme partido de Perreta, que tivo o premio con dous golazos, o primeiro un auténtico golazo e tamén de Peixe; que aínda que non tivo moito traballo, nas tres ocasións que chegou o Bugallido con perigo, fixo tres auténticos paradóns. Xabi e Manolito, na súa liña xenial desta temporada; e en xeral un gran nivel de todo o equipo. Ademais dos dous goles de Perreta, tamén anotaron Lilu (que abriu a lata) e un gol que non quedou claro se foi en propia porta ou non, pero o colexiado anotoullo a Santi Pardal, que se estrena como goleador a pesar de ser o segundo porteiro; aínda que leva dous encontros xogando como dianteiro e dando un gran nivel. O domingo vindeiro xogan contra o Carpintería Bentrón-Terras do Ulla. Boa visita para seguir sumando puntos.

XUVENÍS: FURIA-SP.ESTRADA (0-8)

Alineacións:

Furia: Adrián Casal (0), David (1), Pepe (1), Quique (0), Borja (1), Adriansinho (0), Diego Fernández (0), Brais (1), Rubén (1), Po (1), Pipe (2)—-Carlos Potel (1), Serxio (0), Paco (0) e Gasito (0).

Sp. Estrada: Diego, Antón, Xabier, Miguel, Óscar, Antonio, Figueroa, Xoan, Roberto, Paco—-Dani, Jonathan, Samuel, Enrique, Álex.

Colexiado: Claudio Castro Carbia. Non tivo traballo.

Incidencias: Xogaron solos.

Que dicir do encontro visto o resultado. Combinando que xogaban contra o líder e que os nosos fixeron, posiblemente o peor partido da temporada; o que sucedeu é o máis normal. Para esquecer. O vindeiro sábado teñen un encontro tamén difícil ante o 3º clasificado, o Ortoño. Esperemos que as cousas saian mellor. Boa sorte.

ALEVÍNS: FLAVIA-FURIA (10-4)

Alineacións:

Flavia: Lucas, Noel, Esteban, Marcos, Álex, David, Pablo, Dani e San Martín.

Furia: Borja (1), Salva (2), Xoan (1), Brais (2), Álex (1), Serxio (1), Samuel (3), Ricardo (1) e Anxo (3).

Colexiado: Ricardo Silva Pérez. Boa arbitraxe.

Incidencias: Pouco público.

O Flavia foi moi superior ó noso equipo, que non tivo o día. O único positivo foron os dous goles de Anxo, e os de Samuel e Serxio Rico. A próxima xornada descansan.

BENXAMÍNS: BERTAMIRÁNS-FURIA (11-1)

Alineacións:

Bertamiráns: Álex, Fran, Xabi, Dani, Martín, David, Xurxo, Pablo, Nicolás, Santi, Iván e Mario.

Furia: Jonathan (1), Xabi (1), Nerea (1), Leandro (2), Xabi Domínguez (1), Xosé Antonio (1), Xosé (1), Brais (1), Nico (1) e Anxo (1)

Colexiado: Serxio Silvarelle. Sen problemas.

Incidencias: Cerca de 15 persoas.

Moita superioridade do equipo do Bertamiráns. Os nosos non puideron facer nada. O gol foi anotado por Leandro. O vindeiro sábado volven a xogar contra o Bertamiráns, pero contra o D. Xornada propicia para intentar traer algún punto para a casa.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 6.5/10 (2 votes cast)
XORNADAS DO 6 E 7 DE MARZO6.5102

Posteado en Resultados

Deixa un comentario

Aviso: Está activada a moderación dos comentarios e pode retrasar o teu comentario. Non é preciso que o envies outra vez.

 
1996-2009 Furia A.C. Feito con wordpress por oviguan