AFECCIONADOS: TERRAS DO ULLA-FURIA (5-3)

Alineacións:

Terras do Ulla: David, Marco, Moisés, Andrés, Roberto, Marcos, Xoan, Xosé, Salvador, Cristian, Víctor—–Borja e Xabier.

Furia: Peixe (1), Paja (0), Patxi (0), Nevero (0), Ramón (1), Rañó (1), Pincho (1), Xabi (0), Manolito (0), Perreta (1), Álvaro (1)—-Tito (0) e Lilu (0).

Colexiado: Francisco Xosé Piñeiro Prol. Sen problemas.

Incidencias: Pouco público, nunha tarde espléndida no campo de Pazos

Debut das cheerleaders do Furia, capitaneadas por Laura Chapas e Mari

Poderíamos definir o encontro como o típico da primeira volta deste ano. O equipo saíu moi ben, púxose 0-2, e despois por arte de birli-birloque, desapareceron do campo. Parece como si se lles fose a olla, e convirtiron o choque nunha tolería da que saíu beneficiado o equipo rival, que acabou levándose o encontro por 5 a 3. Xa sabemos que agora a motivación non é a mesma, xa que non hai obxetivos claros polos que loitar; pero non se pode deixar escapar un partido como o de onte. Esperemos que na vindeira temporada se corrixan estes erros. Os goles do Furia foron anotados por Moncho, Perreta e Manolito de penalti. O próximo domingo, hai un gran enfrontamento en Campaña, ás 4 e media da tarde, xa que recibimos ó Recesende, un equipo que se está xogando a vida; é ó cal se lle ten moitas gañas. Pode ser un choque interesante.

XUVENÍS: ESCLAVITUDE-FURIA (5-1)

Alineacións:

Esclavitude: Serxio, Martín, Vigo, Xosé, Santi, Rubén, Abel, Ferreiro, Xosé María, Ismael, Álex—-Andrés, Adrián, Félix, Gonzalo e Pablo.

Furia: Carlos (2), David (2), Pepe (2), Quique (1), Borja (2), Adriansinho (0), Diego (2), Brais Kuric (1), Brais Calvo (2), Pó (1)—-Carlos Potel (1), Serxio (0), Paco (1), e Ferro (1).

Colexiado: Xosé Luis Rivas Pena. Boa labor.

Incidencias: Case sen público.

Resultado normal entre un bo Esclavitude e un Furia que aguantou e loitou ben a primeira metade; pero que na segunda se veu abaixo fisicamente, e non puido facer fronte ó seu rival. O gol do Furia, anotado por Diego Fernández. O vindeiro encontro aínda non está claro, porque hai algúns cambios.

ALEVÍNS: DESCANSARON

A vindeira xornada un gran derbi contra o Cordeiro.

BENXAMÍNS: BERTAMIRÁNS D-FURIA (3-3)

Alineacións:

Bertamiráns D: Xoan, Mateo, Fabricio, Carlos, García, César, David, Adrián, Fabián, Alfonso e Xoan Manuel.

Furia: Jonathan (2), Xabier (1), Leandro (1), Xosé Antonio (1), Brais (1), Nico (1) e Anxo (3).

Colexiado: Rubén Yoel Nieves Calvelo. Sen complicacións.

Incidencias: Bo ambiente en Bertamiráns.

Que gran encontro dos pequechos outra vez. Ó igual que na primeira volta, o Furia arrancou un gran empate, nun partido moi loitado. Bo partido de todo o equipo, pero destacando Anxo e o porteiro Jonathan. Anxo ademais marcou dous novos goles, sendo o outro obra de Leandro. Recibimos ó Rois, na vindeira xornada en Campaña. Boa xornada para reencontrarse coa victoria e seguir cara arriba.