Parabéns! A páxina do Furia Athletic Club acadou recentemente a histórica marca de 20.000 visitantes, case tantas marca.com. Desde está  páxina agradecemos a tódolos os que se quixeron pasar pola nosa casa, e agardamos que pasaran un momento agradable. Queremos aproveitar para saudar a tódolos afeccionados e visitantes, pero moi especialmente ós que están lonxe.

Unha aperta para Madrid, Barcelona ou Zaragoza; Grenoble, Francia; Munich, Alemaña, Cuernavaca, Campeche e  Celaya, México; Exete, Coventry, London ou Folkestone, Reino Unido; Estados Unidos, Colombia, Brasil, Eslovaquia, Suiza e tantos outros que non podemos citar por falta de espacio e descoñecemento de xeografía.

Un saúdo moi espacial para os que nos visitan desde a República de Macedonia, esperamos que faga bo tempo por alá (se vedes esto mandade un saúdo)

Outro saúdo vai para todos os despistados que chegaron ata aquí buscando por: xogo do truco, miguel bose bixesual foro, padre isorna, zapateiros que arreglan paraguas, vaca anal, manolo do xastre, o peixeiro estudiantili, smael saez lucas, maquieira otero ruben, estudiantil peixeiro, galicia equipo de futbol cordeiro categoria benxamins, femiordes, campo municipal de figueroa a estrada, contacto del athletic club, -la furia con diego torres y laura novo…

E tamén para s o que conseguiron entrar á páxina escribindo palabros tan memorables como: firiaac, foriaac, fueria ac, fuia ac, furiafc.com, fuuria ac, furya ac…

Aproveitamos tamén a ocasión para saudar o Furia AC mexicano, o Frente de Unidad Revolucionaria Independiente de Acapulco., e solidarizarnos coa súa comprometida sabor social.

Grazas a todos e a polos 100.000 como o xabarín