AFECIONADOS : FURIA – 4 / ROIS – 2  (1-IV-10)

Campo de Campaña. Menos xente que na procesión dos «Caladiños» de Padrón. Moita deportividade. Ningunha autoridade no palco. Último partido de liga. O Furia xogou con catro xuvenís : Carlos, Pipe, Pépe e Po.

Colexiado : Manuel Blanco. Menos pelo que a bóla dun pasamáns.

Aliñeacións :

Furia : Carlos (2), Pincho (1), Pépe (2), Rañó (1), Nevero (1), Xabi (1), Paja (3), Manolito (2), Toñito (1), Po (2) e Álvaro (2)…….Pipe (2).

Rois : Pépe, Manolo, Carlos, Rafa, Carliños, Paco, Camilo, Suso, Xosé, Pedro e Ivan……Moncho.

Marvilloso partido de fin de temporada donde ningun dos equipos se xogaban nada agás o gusto polo triunfo que, de xeito merecido, levouno o Furia. Goles anotados por Paja (2), Álvaro e Poiño. Agora a pola copa!!!!

ALEVÍNS : AROUSA CUP/ VILAGARCÍA DE AROUSA / 1 E 2 DE ABRIL.

Discreta actuación do noso equipo con derrotas ante o Calasancio, Salesianos e Poboa. Victoria por 3 a 0 ante o Comillas da Rioxa. Sigue a liga e o sábado 10 reciben en Campaña, 11,00 horas, o sempre incomodo Esclavitude.

BENXAMÍNS : Campo de Campaña. Xoves 8, hora 18,00?, Furia – Flavia.

COPA DO SAR : Modestos, xuvenís e cadetes; sorteo o venres 9 na delegación en Santiago. Seguiremos informando.

NOTA DE ÁNIMO : A Ramón «Pistolas » para que se recupere pronto da súa lesión de ligamento externo do xeonllo esquerdo. Forza Moncho !!!!