AFECCIONADOS: FIN DE LIGA

A vindeira xornada é á espera da copa (cuxos emparellamentos xa están nesta páxina), faremos un resumo e un amplo análise do que foi a temporada.

XUVENÍS: FIN DE LIGA

Ó igual que cos maiores, a próxima semana, faremos un estudo polo miudo de como foron as cousas no torneo da regularidade.

CADETES: FIN DE LIGA.

ALEVÍNS: FURIA-ESCLAVITUDE (10-3)

Alineacións:

Furia: Borja (2), Salva (2), Xoan Manuel (3), Paja (2), Brais (3), Serxio (2), Samuel (2), Manu (2), Ricardo (2) e Anxo (3)

Esclavitude: David, Alonso, Benito, Álvaro, Darío, Rubén, Aaron, Antonio, Cristian e Nerea.

Colexiado: Rubén Maquieira Otero. O mellor colexiado que pasou polo campo de Campaña. Moi bo tecnicamente e con moito futuro, pero un pouco «empanadilla».

Incidencias: Campo de Campaña, nun día maravilloso; con menos de 120 afeccionados. Media entrada.

Xa o viñan merecendo e buscando nas últimas xornadas. Ante o último clasificado, fixeron ben as cousas, e golearon ós chavales do Esclavitude. Os tantos foron anotados por Brais, Serxio (3), Samuel (2), Manu e Anxo (3). O vindeiro sábado en Cacheiras, ás 11 da mañá. Moita sorte.

BENXAMÍNS: FURIA-FLAVIA (2-12)

Alineacións:

Furia: Jonathan (0), Xabi (0), Nerea (0), Leandro (0), Toni (0), Brais (0), Pepe (0), Nico (0) e Anxo (2)

Flavia: Aaron, Miguel, Rubén, Abel, Manuel, Alberto, Pablo, Álex, Alonso, Antón e Suso.

Colexiado: Ricardo Silva Pérez. Sen problemas.

Incidencias: Bastante público, nun bo día para plantar un tallón de sebolo.

Superioridade manifesta do Flavia, pero que tamén hai que ter en conta que seguramente foi o peor encontro da temporada dos nosos pequech@s. Na primeira metade aínda aguantaron bastante ben (2-4), pero na reanudación xa foi unha desfeita. Os goles do noso equipo anotados como non por Anxo e Leandro. Este próximo sábado volven a xogar na casa, ás 3 e media fronte ó Val do Ulla.