AFECCIONADOS :

Estadísticas da liga.

RESUMO DA TEMPORADA:

Non saberíamos como calificala, pero posiblemente de irregular. Seguramente xunto co Dodro e co Val do Ulla, foron os equipos que mellor fútbol practicaron; pero solo este último acadou o seu obxetivo, que non era outro que o ascenso. Pero, outro ano será. Todos deron o máximo e fixeron unha moi boa temporada. Agora a esperar á copa e a vindeira temporada… e xa se verá. En canto ós máis destacados:

Porteiro menos goleado:

PEIXE.

Xogador máis regular:

MANOLITO.

Xogador revelación:

XABI COTÓN.

Goleadores:

1 Gol…..SANTI, MONCHO E PÓ (xuvenil)

2 Goles….. PINCHO, TOÑO, LILU E RUBÉN (xuvenil)

3 Goles….. PAJA.

4 Goles….. FLORES E XABI.

6 Goles….. MANOLITO.

8 Goles….. PERRETA E FERRO (xuvenil)

11 Goles….. TITO.

13 Goles e Pichichi da campaña do Furia 2009-2010…………SUPER…ALVARITO.

Partido amistoso.

O próximo sábado 24, no Campo Novo de Asados, partido preparatorio para a Copa do Sar, entre os equipos do Unión, recente campión de segunda rexional (parabéns), e o Furia. A hora será as 17,30. Sorte.

XUVENÍS: RESUMO DA TEMPORADA.

Ó igual que o equipo maior, hubo de todo como «en botica»: alternaron partidos moi bos, pero tamén encontros desastrosos. Esperábase algo máis, aínda que na súa defensa, hai que falar das moitas baixas que sufriu o equipo durante toda a temporada, sobre todo por culpa de lesións moi longas. De tódolos xeitos deron a cara, como sempre. En resumo:

Porteiro menos goleado:

CARLITOS MAMBÍS.

Xogador máis regular:

PIPE.

Xogador revelación:

PEPE.

Goleadores:

1 Gol…..XOAN CARLOS, CARLITOS MAMBÍS, QUIQUE, BRAIS E BRAIS KURIC (cadete).

2 Goles…..SERXIO, MALEKINHO E CARLOS POTEL.

3 Goles…..ADRIANSINHO E PASCOLO.

4 Goles…..PEPE E PIPE.

5 Goles….. PÓ.

6 Goles e compartindo «pichichato» tres machotes como………RUBÉN, FERRO E o sorprendente DIEGO FERNÁNDEZ.

CATEGORÍA ALEVÍN : Cacheiras (1) – Furia (2)

Campo de A Cañoteira. Menos de media entrada. Non chovía.

Colexiado : Roberto Díaz. Cartón amarelo a Samuel por quitar a camiseta. Perfecto.

Aliñacións :

Cacheiras : Alex, Carlos, Andrés, Gonzalo, Adrián, Pablo, Mauro e Eduardo.

Furia : Borja (3), Salva (3), Xoán (2), Paja (1), Brais (3), Serxio (1), Samuel (2), Manu (3) e Ricardiño (2).

Bo colofón para finalizar a liga dos chavales de Xabi Cotón «Cassano» acadando, con este resultado, un meritorio quinto posto. Golazo de Brais para abrir a lata e o segundo de Samuel. Seguiremos informando do que poida afectar a esta categoría. Gracias a todos.

Resumo da temporada:

Posiblemente a categoría que máis alegrías dou ó clube, que refrendaron cunha excelente quinta posición. Quizais si non tiveran tan mala sorte, posiblemente puideran estar moito máis arriba. Gran temporada e gran dirección técnica de Cassano e tamén do segundo Pelotes.

Porteiro  menos goleado:

BORJA SECO.

Xogador máis regular:

SAMUEL CASTIÑEIRAS.

Xogador revelación:

MANU MENIÑO.

Goleadores:

1 Gol…..SALVADOR.

2 Goles….. BRAIS.

3 Goles…..ALEX PAJA E MANU MENIÑO.

11 Goles….. ANXO (benxamín)

12 Goles….. SERXIO RICO.

18 Goles e máximo artilleiro e pichichi da categoría…..SUPER SAMUEL CASTIÑEIRAS. Noraboa.

CATEGORÍA BENXAMÍN : Furia (5) – Val do Ulla (6).

Campo de Campaña. Moito público local que non deixou de animar ó Furia, sobre todo cando se puxo por diante con  catro a dous.

Colexiado : Roberto Bentrón «Pepín». Moi protestado polo Furia a raíz de sinalar un penalti inexistente a favor do Val do Ulla.

Alineacións :

Furia : Jonathan (2), Xabi (2), Nera (3),Leandro (3), Toni (2), Xabier (1), Brais (1), Pepe (1), Franco (2) e Anxo (3).

V. do Ulla : Dani, Xabi, Fran, Borja, Navia, Alex, Marcos, Pablo, Brais, Pedro e Oscar.

Derroche de fútbol ofensivo do cal o peor parado foi o Furia. Despois de ter o partido controlado nos últimos cinco minutos o Val do UlLa doulle a volta ó marcador. Os goles do Furia foron obra de Leandro (2) e Anxo (3). Para sábado descansamos.