XORNADA DO 24 DE ABRIL (VISPERA DO 36º ANIVERSARIO DA REVOLUCIÓN PORTUGUESA)
AFICIONADOS (AMISTOSO) : CD UNIÓN (2) – FURIA (2)
Campo de Vilas (Asados). Moi boas instalacións, non como as nosas que por non ter non temos nin cantina. Tarde chuviosa e temperatura agradable. ¿ Público? o xusto.
Colexiado : Valentín Mora. Discutible; sinalou un penalti a favor do Unión, cando a falta foi fóra da area, o que lle sirveu para empatar o partido no último minuto. Despois do encontro disputouse o desempate ó truco entre os tres mellores xogadores de cada directiva, Furia : Polo (2), Santi o Cabo (2) e Bili (3). Unión : Carmelo (1), Toño o da Renault (0) e Iñaki o Cañero (1), gañando, como era de esperar, o Furia por dous trintas a un.
Alienacións :
Unión : Peoe, Rodri, Simón, Miguel, Brais, Manolo, Adrián, Victor, Denai, Paco e Serxio……Cristian, Xoán e Dani.
Furia : Peixe (2), Pincho (2), Juanjo (2), Nevero (2), Nena (2), Miki (2), Ferro (2), Xabi (2), Toño (2), Perreta (2) e Álvaro (2)…..Pipe (1), Rañó (1), Paja (1), Brais (1), Liluu (2) e Pepe (1).
Moi bo partido o disputado hoxe polo Furia ante o novo equipo de primeira como é o Unión que, en ningún momento foi superior ó Furia que, posiblemente, fora merecedor da vitoria. Os goles do Furia foron obra de Toñito (0-1) e de Liluu (1-2). O fútbol sigue e o domingo 2 hai a primeira volta da Copa do Sar, será as 5 da tarde en Campaña frente ó sempre incomodo Rois a partido único.
Benxamíns : Descansaron. Próximo partido o sábado 1, en Campaña, contra o San Mamede as 16.30 horas.
Peregrinación a Santiago : Sábado 5 de xuño. Saída as 6.00 horas do campo de festas de Campaña.
O prezo será de 12.00 euros por persoa con dereito a : agasallo conmemorativo, xantar e retorno en tren. Data tope para anotarse o 30 de maio. Recomendamos roupa e calzado cómodo. Coche oficial de apoio. Seguiremos informando.
Festa do Furia : O sábado 19 de xuño ó mediodía. No campo de festas de Campaña. Seguiremos informando.
Posteado en Resultados

