XORNADAS DO 22 E 23 DE MAIO (FESTAS DE SANTA RITA EN VILAGARCÍA )

BENXAMÍNS : DUBRA (6) – FURIA (0)

Campo da Telleira. Moi boa entrada a pesar da calor. Traballou moi ben a cantina. Aquí non perden o tempo.

Colexiado : Serxio Silva. Sen problemas. Nótase que é da escola de Rubén Maquieira, novo colexiado de «primeira rexional «. Parabéns de toda a masa social do Furia, que non é pouca. Hai canteira.

Alienacións :

Dubra : Eloi, Lucas, Gonzalo, Xurxo, Marcos, Ismael, Pepe, Mariño, Xabi, César, Raúl e Rodri.

Furia : Jonathan (3), Xabi (1), Nerea (1), Leandro (1), Franco (1), Anxo (1), Toni (1),  Brais (1) e Pepe (1).

Tres goles en cada tempo determinaron con claridade a diferencia de equipos, como xa demostra a tabula clasificadora. Os nosos xogan este sábado, as 12.00, en Campaña contra o Cordeiro.

XUVENÍS  ( COPA DO SAR ) : FURIA (0) – FÁTIMA (6)

Campo de Campaña. Moita calor. Pedimos «papas » para que nos regaran o campo, a persoa responsable non quería tendo que «recordarlle » que a mañá regarao o Cordeiro. Bastante xente do Castiñeiriño. O resto foi a practicar «windsurf».

Colexiado : Raíces Souto. Correcto. Non houbo tarxetas.

Alienacións :

Furia : Adrián (2), Quique (1), David (1), Borja (1), Pipe (1), Adriansinho (1), Potel (0), Po (1), Diego (0), Brais (1) e Paco (1)……..Dani (1) e Serxio (1).

Fátima : Roberto, Rodrigo, Raúl, Iago, Rubén, Alex, Adrián, Manolo, Álvaro, Serxio e Xoán….Brais, Manu, Adrián e Xabi.

Non hai nada que obxectar. Demasiadas baixas para recibir ó Fátima xa que moitos dos xogadores tiñan que participar co primeiro equipo o domingo  contra o Carcacía. A pesar de isto o Furia foi moi inferior ós do Castiñeirño como demostra o marcador final. Tres «caracois» en cada parte e todos contentos. O partido de volta, puro tramite, xogarase  o sábado 29, as 10.00, no Manuel Paz. Chao copa, chao.

COPA DO SAR (1/8 DE FINAL ) : FURIA (2) – CARCACÍA (1)

Campo » Vello de Baño » (non nos deixaron o de herba ). Case se esgotan as entradas ó ser dia do club. Moita xente de Carcacía que non pararon de animar. Marabillosa deportividade entre as afeccións. Moi boa recadación a pesar de que á  directiva non fixo público os datos. Será polos de Facenda ?. Tarde de moito sol, como nos «toros «.

Gran deportividade entre as dúas afeccións, aínda que o intento de facer un gran mosaico verdiblanco foi un rotundo fracaso. Para a próxima vez levaremos un plano

Colexiados : Vicente Fiel, auxiliado por dous campións : Rives Pena e Eusebio Rodríguez. Moi rápido cas tarxetas,amosou sete amarelas para o Furia e unha vermella e dúas amarelas  para o Carcacía, e moi lento seguindo o xogo. Non ten remedio, este non cambia mais.

Alienacións :

FURIA : Peixe (2), Rañó (2), Juanjo (2), Nena (3), Miki (3), Santi A. (2), Paja (2), Manu (3), A. Ferro (2), Toño (2) e Álvaro (3)………Flores (2) e Ronaldinho (3).

CARCACÍA : Poli, Edu, Roberto, Quique, Fernando, Manolo, Xoan, Xoel, Rubén, Costilleta e Mel……Anxo e Xurxo.

O Furia segue de «mataxigantes» e ven demostrando, da man do seu adestrador Mac, que debería estar noutra categoría superior. O primeiro gol foi obra de Manu, no minuto sete, a raíz dun saque de esquina. Empatou, 20 minutos despois, Xurxo para o Carcacía cun espléndido remate de cabeza noutro saque de córner. No minuto 36, o colexiado sinala penalti claro a favor do Carcacía que se encarga de lanzar Mel ó estilo «Panenka «, saíndo o balón por encima da portería. Posiblemente, esta xogada, fose determinante para o desenrolo final do encontro. Na segunda metade o Furia insiste con moita forza na meta contraría pero sen éxito. No minuto 48 o árbitro expulsa, por agarrar a Álvaro, a Quique e, no 80, a Xurxo  con dobre amoestación por dúas duras entradas, quedando o Carcacía con dous homes menos, situación que aproveitou o adestrador local para meter toda a artillería ofensiva, logrando o obxectivo co gol de Álvaro no minuto 88 deixando todo aberto para o partido de volta. O encontro será o domingo 30, 18.00 horas, no campo de Carcacía. …E venca !!!

XORNADA DO 17 DE MAIO (DIA DAS LETRAS GALEGAS)

XORNADA DO 17 DE MAIO (DIA DAS LETRAS GALEGAS)

COPA DO SAR ( PARTIDO DE VOLTA ) : ESCRAVITUDE (1) – FURIA (2)

Campo do Doce. Totalmente cheo, con moitísimos seareiros do Furia. Tarde de moita calor. O Escravitude non informou do total da recadación, pero había de chegarlle ben. Eles os cartos, e nos a eliminatoria. Tampouco se pode pedir todo.

Sobre estas liñas, Ronaldinho celebrando a victoria coa afección do Furia, que desfrutou dunha gran tarde na Escravitude.

Colexiado : Rivas Lafuente, auxiliado por Santi Rivas e Miluco López. Moi bo arbitraxe, desbordando chulería polos catro costados. Incluso se permitiu algún intercambio verbal cun aficionado do Furia  con frases como : » Vaite pa casa pallaso «, » espérote nos vestiarios «, » vés a berrar aquí o que non che deixan na casa » ou, posiblemente unha das mellores da historia, » saca a «pirola» (membro viril) da boca para falar comigo que non che entendo o que dis «. Resumindo, boa actitude a pesar de que puido amoestar a algún xogador local acabou expulsando ,ó final do tempo regulamentario, a Perreta deixando ó Furia, toda a prorroga, cun  xogador de menos.

Aliñacións :

Escravitude : Pepe, Estevo, Quique, Manu, Anxo, Gago, Pedro, Guillán, Vicente, Gonzalo, Xabi….Abel, David, Andrés e Mingos.

Furia AC : Peixe (10), Roni (3), Juanjo (3), Nena (3), Miki (3) , Santi «Nevero» (3), Paja (3), Manu (3), Liluu (3), Perreta (3 Álvaro (3)…..Rañó (3), Po (3) e Pipe (3).

Crónica : Tiña que ser, xa non había que esperar tanto, o Furia foi superior nos dous partidos, a pesar das baixas cas que contou na eliminatoria : Moncho, Tito, Cassano, Patxi, Nena, Pincho, Clá, Flores, Toñito…, tendo que aliñar a varios xuvenís que non desentoaron en ningún momento. No partido de Campaña xogamos, os  35 minutos finais, con dez pola expulsión de Liluu, e onte  xogamos toda a prórroga con dez pola expulsión de Perreta, cando o árbitro debería expulsar tamén o do Escravitude. Partido sobrado do Furia que se puxo con 0-1  ó cuarto de hora , gol de Perreta. Mediada a primeira parte, Álvaro nun marabilloso contraataque que deixou pasmado o técnico local Petaca, facía xustiza no electrónico co 0-2 para o descanso. Cando xa estabamos recollendo  para celebrar o triunfo, no minuto 91, marcou o gol do empate o Escravitude, o que fixo que foramos á prorroga, iso si, nos cun de menos. No tempo extra o Escravitude volteouse na nosa área, e incluso puido marcar ó final, pero unha gran intervención de Peixe impediuno. Solución final : Penaltis. Peixe parou dous, outro votárono fora (2 goles ); Nena e Po fallaron, pero Juanjo, Paja e Manu non perdoaron (3 goles ) o que fixo posible que o Furia, adestrado con moito entusiasmo por Mac, pase a oitavos de final con todo merecemento.

Agora recibiremos ó Carcacía o domingo as 19.00 horas  no  CAMPO VELLO DE BAÑO, ó non prosperar as negociacións co Concello de Valga, pola cesión do Campo Municipal  de Baño (herba), campo que, como sabedes, é utilizado normalmente por catro amigos de Catoira, aínda que este domingo pasado utilizouno o Cordeiro de cadetes para o seu partido co Silleda da Copa do Sar. Alá eles e elas ca súa conciencia. Será «Dia do Club». Entrada única a «tres euros». Seguiremos informando. ¡¡Hala Furia !! ¡¡A Copa é nosa!! ……E venca !!! Xa podedes ver o «vídeo » dos penaltis realizado por Noelia de Perreta. Grazas Noelia.

XORNADAS DO 13 (FÁTIMA) E 15 (SAN ISIDRO) DE MAIO

XORNADAS DO 13 (FÁTIMA) E 15 (SAN ISIDRO) DE MAIO

BENXAMÍNS : Furia (0) – Bertamiráns (10)

Campo de Campaña. Ambiente «carrapucheiro» . Marcharon moi contentas as nais.

Colexiado : Rubén Maquieira. Impresionante arbitraxe.

Alienacións :

Furia : Jonathan (1), Xabi M. (1), Nerea (1), Leandro (1), Franco (1), Anxo (1), Toni (1), Pepe (19, Xabi D. (1) e Brais (1).

Bertamiráns : Álvaro, Xurxo, Aless, Pablo, Quique, Lestón, Manu, Antón, Lareo, Carlos, Alberte e Salgado.

Primeira parte primorosa por parte do Furia que se foi ó descanso con 0-2. Na segunda metade, a ansia dos nosos xogadores por meter gol, fixo que o Bertamiráns chegase con facilidade á nosa portería meténdonos unha boa tunda que quedou reflexada no marcador final. O próximo encontro será en Dubra, posiblemente o sábado 22 as 11.00 da maña.

XUVENÍS (COPA DO SAR) : MILLADOIRO (3) – FURIA (3)

ESTADIO MUNICIPAL DE AMES (BERTAMIRÁNS ). Unha maña preciosa para comer o pulpo, por exemplo, na Ascensión.

Colexiado : Eusebio Rodríguez. Bastante tarxeteiro. Sen maiores problemas, tendo que expulsar ó xogador nº 10

do Milladoiro por usar un vocabulario impropio.

Alienacións :

Milladoiro : Paco, Borja, Marcos, Rubén, Suso, Xil, Iago, Xosué, Waldir, Adrián e Darío……Marcos.

Furia : Christian (3), David (1), Pepe (1), Pipe (3), Borja (2), Adriansinho (1), Adrián F. (2), Po (2), Paco (1), Brais (2) e Diego (3)……Potel (1) e Serxio (1).

A pesar das baixas cas que contaba o equipo  de Marcos «Polo», Carliños (sancionado), Quique (sancionado), Gas (por durmiñón), puido sacar a eliminatoria adinte sen maiores problemas, xa que aproveitou moi ben ó porteiro dos cadetes «Christian» e o momento feliz que está atravesando Diego Fernando (falan da súa fichaxe polo Estradense), para desbaratar o prantexamento  do Milladoiro. Os coles foron anotados por : Pipe, Paco e Potel. Nos oitavos de final espéranos o Fátima, sendo o partido de ida o sábado 22, en Campaña, as 18.00. E venca!!!!

COPA DO SAR : FURIA (1) – ESCRAVITUDE (2)

Campo de Campaña. Boa temperatura e bo ambiente. Sacamos para pagarlle ós trencillas.

Colexiado : Vázquez Dieste, auxiliado por Piñeiro Prol e Muñíz Lago. Tres pes para un banco. Montáronos un «guirigai» no gol do Furia digno de Fellini, expulsando ó autor do gol «Liluu», cando faltaba media hora, o cal nos impideu poder remontar o partido. Seguro que Petaca estará contento.

Alienacións :

Furia : Peixe (2), Pincho (1), Rañó (3), Juanjo (3), Miki (2), Nevero (2) ,Paja (0), Manu (3), Toño (1), Perreta (1) e Álvaro (0)…….Liluu (2) e Roni (1).

Escravitude : Pepe, Estevo, Quique, Manu, Anxo, Gago, Xoán, Toni, Vicente, Gonzalo E Xabi……Pedro e Domingo.

Posiblemente o resultado debería de ser tablas pero, un mal comezo do Furia ,permitiu que o Escravitude se puxera co 0-2 en dúas xogadas illadas na primeira parte. A segunda metade foi outra historia; o Furia   aspirou a darlle a volta  ó marcador e case o consegue pero, a actuación dos colexiados o impediu coa expulsión de Liluu, autor do gol do Furia.

O encontro de volta será este luns 17 (DIA DAS LETRAS GALEGAS) as 18.00 na Escravitude. Ánimo e a por eles. ¡¡¡A copa e nosa !!!

XORNADAS DO 8 E 9 DE MAIO (O MES DAS FLORES )

XORNADAS DO 8 E 9 DE MAIO (O MES DAS FLORES )

COPA DO SAR : FURIA – ESCRAVITUDE. IDA, SÁBADO 16 AS 18.00, CAMPO DE CAMPAÑA. VOLTA,LUNS 17 AS 18.00, CAMPO DA ESCRAVITUDE.

BENXAMÍNS : BERTAMIRÁNS «B» (7) – FURIA (3)

Campo Municipal de Bertamiráns. Algo mais de 48 persoas. Boa temperatura.

Aliñacións:

Bertamiráns «B» : Esteban, Alex, Jonathan, Samuel, Adrián, Aaron, David, Bili, Alex V. e Serxio.

Furia : Jonathan (1), Xabi (1), Nerea (1), Leandro (1), Franco (2), Anxo (3),Pepe (1), Xabi D. (1) e Brais (1).

Colexiado : Roberto Bentrón «Pepín». Moi ben situado,  non tivo maiores problemas para sacar adiante este partido.

Puido o Furia sacar un mellor resultado pero nos últimos 10 minutos o Bertamiráns apretou con toda a artillería e fixo inútil os dous goles de Anxo e o de Pepe. Outra vez será. Este xoves 13, as 18.00, xogamos en Campaña contra o primeiro clasificado o Bertamiráns «A».

XUVENÍS (COPA DO SAR) : FURIA (1) – MILLADOIRO (0).

Campo Municipal de Campaña. Tarde de cans. Catro amigos nas gradas e outros catro, por dicir algo, nos banquiños.

Colexiado : Vicente Fiel. Moi mal. Converteuse no único protagonista do encontro, como case sempre, ó expulsar ó porteiro Charles White, pos que non saibades inglés : Carlos Blanco,  con vermella directa por unha interpretación libre dun discurso oral cun rival e, con dúas amarelas, a Quique Rosio .Resumindo, escarallounos o equipo para o partido de volta.

Aliñacións :

Furia : Carlos (3), Quique (2), Pepe (0), Pipe (2),David (2), Adriansinho (1), A. Ferro (0), Po (0), Paco (3), Brais 81) e Diego Fernando (3)……..Pascolo (Non puntúa ó retirarse lesionado nunha xogada  fortuíta), Borja (1), Potel (1) e Gas (1).

Milladoiro : Paco, Borja, Marcos, Rubén, Suso, Xabi, Ismael, Alberte, Waldir, Adrián e Darío…Non houbo cambios.

Partido moi planeado por Marcos Jamardo «Polo» que foi capaz de intuír a táctica do adestrador do Milladoiro Jorge Parada como si se tratase dunha partida de xadrez. Así foi como, nun marabilloso contragolpe, Diego Fernando marcou o único tanto do partido. Na parte final do encontro, Vicente Fiel, sinalou un penalti a favor do Milladoiro, ca consiguiente expulsión de Quique, parando o lanzamento o fenomenal «Carliños». O peor : O árbitro e a lesión do bravo xogador Pascolo. ¡¡¡Ánimo «Pascolo»!!! O mellor : o resultado, que ben pode valer a eliminatoria. O encontro de volta será o sábado 15, as 12.00, no campo de Bertamiráns. ¡¡¡ Sorte!!!

CADETES (COPA DO SAR) : FURIA (0) – BASTAVALES (2)

Campo Municipal de Campaña. Mañá desapracible con frío, choiva e vento, poñéndonos todos, os que eramos, como pitos. Non creemos que os que  presenciaron o encontro no campo de herba (Cordeiro-Silleda) se mollasen. Cun par de ovos. Si señor!!!

Colexiado : Rives Pena. Moi meticuloso e con aires de Muñíz Fernández. Fíxolla gorda o Athletic  de Bilbao.

Aliñacións:

Furia : Christian (1), Antón (1), Manu (2), Adrián (2), Miguel (1), Alex (3), Xosé (1), Dani (1), Samuel (1), Lucas (0) e Santos (1)…..Fran (1), Alvaro (1) e Rial (1).

Bastavales : Raúl, Carlos, Iago, Darío, David, Xaquín, Estevo, Alex, Adrián, Gabri, Antón e Diego….Balboa, Fontáns, Amigo e Ferreiro.

Xa se acabou. O torneo de Copa do Sar, cadetes, que fora impulsada no seu dia polo FURIA, quedouse sen o promotor da mesma ó quedar apeado, as primeiras de cambio, merecidamente polo Bastavales que fixo da súa pegada unha arma letal.O peor : A lesión de Alex Barreiro. Ánimo Alex!!!. O mellor : Que somos uns rapaces estupendos. Sorte para o Bastavales  na seguinte volta, pero…xa se verá.

Salvo algún amigable a temporada rematou oficialmente hoxe. Procurar seguir atentos a páxina.

PEREGRINACIÓN A SANTIAGO (5 DE XUÑO ) :

Debido a tremenda cantidade de xente que hai anotada, tan solo queda recordarvos que, a data tope para apuntarse é o domingo 30 de maio. Temos que avisar na Catedral, no restaurante e a Renfe. Mais información cando a haxa. Je, je…

XORNADAS DO 1 E 2 DE MAIO (FESTAS EN SAN MIGUEL DE VALGA)

AFECCIONADOS (COPA DO SAR) : FURIA (3) – ROIS (1)

Aliñacións:

Furia : Peixe (2), Pincho (1), Rañó (1), Nevero (2), Nena (2), Miki (2), Ferro (1), Manolito (2), Liluu (3), Xabi (2), e Álvaro (2)….. Paja (2), Flores (1), Ronnie (2) e Perreta (2). Adestrador: MAC (2,5)

Rois: Huckelberrinho, Rodri, Xosé, Carlos, Toni, Cami, Rafa, Paco, Pepe, Iván e Morales…. Suso e Mendez

Colexiado: Martínez Millán, auxiliado por Alberto Figueira e Alex Álvarez. Non armou follón, por pouco.

Incidencias: Bastante público. Case trescentos € de recadación, sen contar dereitos de televisión.

Superioridade manifesta do Furia, que puido meterlle unha peta ó frouxo equipo do Rois, o cal se portou cunha deportividade maravillosa. Os goles foron anotados por Alvarito (2) e por Adrián Ferro. Partido moi como no que compre salientar boas e malas novas. As boas son que volveron a xogar Miki e Ronaldinho despois do seu exilio, e a mala noticia e a lesión de Xabi Cotón, que salvo recuperación milagrosa se perderá a final de copa.

Próximo partido no Campo de Campaña contra o Esclavitude.  O sábado 15 as 18,00 horas partido de ida. O luns 17, as 18,00 horas, será o de volta no campo da Escravitude.

Xabi Cotón, antes da súa lesión

Radiografía do pé de Casano. Radiografía cedida polo Hospital provincial de ConxoTódolos dereitos reservados

A rotura prodúxose no metacarsiano metatarsiano. Agardamos unha pronta recuperación

BENXAMÍNS: FURIA-SAN MAMEDE (0-9)

Aliñacións:

Furia: Jonathan (1), Xabi (1), Nerea (1), Leandro (2), Brais (1), Xose (1), Franco (1), Pepe (1) e Xabier (1)

San Mamede: Fabián, Adrian, Marcos, Brais, Damián, Darío, Alex, Iago, Nico, Damián Noia

Colexiado: Rubén Xoel. Na súa liña

Incidencias: Había festa en San Miguel. Os nosos rapaces desfrutaron da orquestra ata altas horas e iso notouse no rendemento dos xogadores. Outra vez será!

Próxima xornada: Sábado 8 en Bertamiráns.

COPA DO SAR

Categoría xuvenil: Sábado 8 ás 18:00 no campo de Campaña contra o Milladoiro

Categoría cadete: Domingo 9 . Campo de Campaña contra o Bastavales. Horario : 11,00.