AFECCIONADOS (COPA DO SAR) : FURIA (3) – ROIS (1)
Aliñacións:
Furia : Peixe (2), Pincho (1), Rañó (1), Nevero (2), Nena (2), Miki (2), Ferro (1), Manolito (2), Liluu (3), Xabi (2), e Álvaro (2)….. Paja (2), Flores (1), Ronnie (2) e Perreta (2). Adestrador: MAC (2,5)
Rois: Huckelberrinho, Rodri, Xosé, Carlos, Toni, Cami, Rafa, Paco, Pepe, Iván e Morales…. Suso e Mendez
Colexiado: Martínez Millán, auxiliado por Alberto Figueira e Alex Álvarez. Non armou follón, por pouco.
Incidencias: Bastante público. Case trescentos € de recadación, sen contar dereitos de televisión.
Superioridade manifesta do Furia, que puido meterlle unha peta ó frouxo equipo do Rois, o cal se portou cunha deportividade maravillosa. Os goles foron anotados por Alvarito (2) e por Adrián Ferro. Partido moi como no que compre salientar boas e malas novas. As boas son que volveron a xogar Miki e Ronaldinho despois do seu exilio, e a mala noticia e a lesión de Xabi Cotón, que salvo recuperación milagrosa se perderá a final de copa.
Próximo partido no Campo de Campaña contra o Esclavitude. O sábado 15 as 18,00 horas partido de ida. O luns 17, as 18,00 horas, será o de volta no campo da Escravitude.
Xabi Cotón, antes da súa lesión
Radiografía do pé de Casano. Radiografía cedida polo Hospital provincial de Conxo. Tódolos dereitos reservados
A rotura prodúxose no metacarsiano metatarsiano. Agardamos unha pronta recuperación
BENXAMÍNS: FURIA-SAN MAMEDE (0-9)
Aliñacións:
Furia: Jonathan (1), Xabi (1), Nerea (1), Leandro (2), Brais (1), Xose (1), Franco (1), Pepe (1) e Xabier (1)
San Mamede: Fabián, Adrian, Marcos, Brais, Damián, Darío, Alex, Iago, Nico, Damián Noia
Colexiado: Rubén Xoel. Na súa liña
Incidencias: Había festa en San Miguel. Os nosos rapaces desfrutaron da orquestra ata altas horas e iso notouse no rendemento dos xogadores. Outra vez será!
Próxima xornada: Sábado 8 en Bertamiráns.
COPA DO SAR
Categoría xuvenil: Sábado 8 ás 18:00 no campo de Campaña contra o Milladoiro
Categoría cadete: Domingo 9 . Campo de Campaña contra o Bastavales. Horario : 11,00.



