BENXAMÍNS : Furia (0) – Bertamiráns (10)
Campo de Campaña. Ambiente «carrapucheiro» . Marcharon moi contentas as nais.
Colexiado : Rubén Maquieira. Impresionante arbitraxe.
Alienacións :
Furia : Jonathan (1), Xabi M. (1), Nerea (1), Leandro (1), Franco (1), Anxo (1), Toni (1), Pepe (19, Xabi D. (1) e Brais (1).
Bertamiráns : Álvaro, Xurxo, Aless, Pablo, Quique, Lestón, Manu, Antón, Lareo, Carlos, Alberte e Salgado.
Primeira parte primorosa por parte do Furia que se foi ó descanso con 0-2. Na segunda metade, a ansia dos nosos xogadores por meter gol, fixo que o Bertamiráns chegase con facilidade á nosa portería meténdonos unha boa tunda que quedou reflexada no marcador final. O próximo encontro será en Dubra, posiblemente o sábado 22 as 11.00 da maña.
XUVENÍS (COPA DO SAR) : MILLADOIRO (3) – FURIA (3)
ESTADIO MUNICIPAL DE AMES (BERTAMIRÁNS ). Unha maña preciosa para comer o pulpo, por exemplo, na Ascensión.
Colexiado : Eusebio Rodríguez. Bastante tarxeteiro. Sen maiores problemas, tendo que expulsar ó xogador nº 10
do Milladoiro por usar un vocabulario impropio.
Alienacións :
Milladoiro : Paco, Borja, Marcos, Rubén, Suso, Xil, Iago, Xosué, Waldir, Adrián e Darío……Marcos.
Furia : Christian (3), David (1), Pepe (1), Pipe (3), Borja (2), Adriansinho (1), Adrián F. (2), Po (2), Paco (1), Brais (2) e Diego (3)……Potel (1) e Serxio (1).
A pesar das baixas cas que contaba o equipo de Marcos «Polo», Carliños (sancionado), Quique (sancionado), Gas (por durmiñón), puido sacar a eliminatoria adinte sen maiores problemas, xa que aproveitou moi ben ó porteiro dos cadetes «Christian» e o momento feliz que está atravesando Diego Fernando (falan da súa fichaxe polo Estradense), para desbaratar o prantexamento do Milladoiro. Os coles foron anotados por : Pipe, Paco e Potel. Nos oitavos de final espéranos o Fátima, sendo o partido de ida o sábado 22, en Campaña, as 18.00. E venca!!!!
COPA DO SAR : FURIA (1) – ESCRAVITUDE (2)
Campo de Campaña. Boa temperatura e bo ambiente. Sacamos para pagarlle ós trencillas.
Colexiado : Vázquez Dieste, auxiliado por Piñeiro Prol e Muñíz Lago. Tres pes para un banco. Montáronos un «guirigai» no gol do Furia digno de Fellini, expulsando ó autor do gol «Liluu», cando faltaba media hora, o cal nos impideu poder remontar o partido. Seguro que Petaca estará contento.
Alienacións :
Furia : Peixe (2), Pincho (1), Rañó (3), Juanjo (3), Miki (2), Nevero (2) ,Paja (0), Manu (3), Toño (1), Perreta (1) e Álvaro (0)…….Liluu (2) e Roni (1).
Escravitude : Pepe, Estevo, Quique, Manu, Anxo, Gago, Xoán, Toni, Vicente, Gonzalo E Xabi……Pedro e Domingo.
Posiblemente o resultado debería de ser tablas pero, un mal comezo do Furia ,permitiu que o Escravitude se puxera co 0-2 en dúas xogadas illadas na primeira parte. A segunda metade foi outra historia; o Furia aspirou a darlle a volta ó marcador e case o consegue pero, a actuación dos colexiados o impediu coa expulsión de Liluu, autor do gol do Furia.
O encontro de volta será este luns 17 (DIA DAS LETRAS GALEGAS) as 18.00 na Escravitude. Ánimo e a por eles. ¡¡¡A copa e nosa !!!

