COPA DO SAR ( PARTIDO DE VOLTA ) : ESCRAVITUDE (1) – FURIA (2)

Campo do Doce. Totalmente cheo, con moitísimos seareiros do Furia. Tarde de moita calor. O Escravitude non informou do total da recadación, pero había de chegarlle ben. Eles os cartos, e nos a eliminatoria. Tampouco se pode pedir todo.

Sobre estas liñas, Ronaldinho celebrando a victoria coa afección do Furia, que desfrutou dunha gran tarde na Escravitude.

Colexiado : Rivas Lafuente, auxiliado por Santi Rivas e Miluco López. Moi bo arbitraxe, desbordando chulería polos catro costados. Incluso se permitiu algún intercambio verbal cun aficionado do Furia  con frases como : » Vaite pa casa pallaso «, » espérote nos vestiarios «, » vés a berrar aquí o que non che deixan na casa » ou, posiblemente unha das mellores da historia, » saca a «pirola» (membro viril) da boca para falar comigo que non che entendo o que dis «. Resumindo, boa actitude a pesar de que puido amoestar a algún xogador local acabou expulsando ,ó final do tempo regulamentario, a Perreta deixando ó Furia, toda a prorroga, cun  xogador de menos.

Aliñacións :

Escravitude : Pepe, Estevo, Quique, Manu, Anxo, Gago, Pedro, Guillán, Vicente, Gonzalo, Xabi….Abel, David, Andrés e Mingos.

Furia AC : Peixe (10), Roni (3), Juanjo (3), Nena (3), Miki (3) , Santi «Nevero» (3), Paja (3), Manu (3), Liluu (3), Perreta (3 Álvaro (3)…..Rañó (3), Po (3) e Pipe (3).

Crónica : Tiña que ser, xa non había que esperar tanto, o Furia foi superior nos dous partidos, a pesar das baixas cas que contou na eliminatoria : Moncho, Tito, Cassano, Patxi, Nena, Pincho, Clá, Flores, Toñito…, tendo que aliñar a varios xuvenís que non desentoaron en ningún momento. No partido de Campaña xogamos, os  35 minutos finais, con dez pola expulsión de Liluu, e onte  xogamos toda a prórroga con dez pola expulsión de Perreta, cando o árbitro debería expulsar tamén o do Escravitude. Partido sobrado do Furia que se puxo con 0-1  ó cuarto de hora , gol de Perreta. Mediada a primeira parte, Álvaro nun marabilloso contraataque que deixou pasmado o técnico local Petaca, facía xustiza no electrónico co 0-2 para o descanso. Cando xa estabamos recollendo  para celebrar o triunfo, no minuto 91, marcou o gol do empate o Escravitude, o que fixo que foramos á prorroga, iso si, nos cun de menos. No tempo extra o Escravitude volteouse na nosa área, e incluso puido marcar ó final, pero unha gran intervención de Peixe impediuno. Solución final : Penaltis. Peixe parou dous, outro votárono fora (2 goles ); Nena e Po fallaron, pero Juanjo, Paja e Manu non perdoaron (3 goles ) o que fixo posible que o Furia, adestrado con moito entusiasmo por Mac, pase a oitavos de final con todo merecemento.

Agora recibiremos ó Carcacía o domingo as 19.00 horas  no  CAMPO VELLO DE BAÑO, ó non prosperar as negociacións co Concello de Valga, pola cesión do Campo Municipal  de Baño (herba), campo que, como sabedes, é utilizado normalmente por catro amigos de Catoira, aínda que este domingo pasado utilizouno o Cordeiro de cadetes para o seu partido co Silleda da Copa do Sar. Alá eles e elas ca súa conciencia. Será «Dia do Club». Entrada única a «tres euros». Seguiremos informando. ¡¡Hala Furia !! ¡¡A Copa é nosa!! ……E venca !!! Xa podedes ver o «vídeo » dos penaltis realizado por Noelia de Perreta. Grazas Noelia.