ASEMBLEA XERAL ANUAL DE SOCI@S DO FURIA ATHLETIC CLUB

28 de Xuño de 2010 por furiaac

O pasado venres 18 de Xuño tivo lugar a Asemblea Anual de Soci@s do Furia. Na primeira convocatoria que foi ás 21:30 na Casa de Cultura de Campaña, non houbo “quorum”, pero en segunda convocatoria ás 10:00 da noite xa o había.

Foi unha asemblea típica, sen sobresaltos, en que a orde do día foi o seguinte:

1º.- Aprobación da acta da asemblea anterior.

        . Aprobada por unanimidade.

2º.- Aprobación das contas do clube.

        . Aprobouse por unanimidade, vendo ademais os socios que a xestión económica foi ben esta temporada.

3º.- Informe dos resultados deportivos da temporada.

4º.- Demisión da actual directiva.

5º.- Eleición da nova directiva.

        . Non se presentou ningunha candidatura, polo que a asemblea decidiu por maioría que continuase a directiva saínte, con algún cambio; como foi a renuncia do anterior vogal, Martín Busto, (que deixa as súas funcións directivas), e coa incorporación de dous novos membros, como son Xerardo Piñeiro e Serxio Campaña como novos vogais. Así a composición da nova directiva quedou da seguinte maneira:

                             Presidente: Antonio Martínez Vázquez.

                             Vicepresidente 1º: Francisco Cancela.

                             Vicepresidente 2º e Responsable de Relacións Institucíonais: Xenaro Barreiro Ferro.

                             Tesoureiro: Óscar Cotón González.

                             Secretario: Xosé Manuel Martínez López.

                             Vogales:

                                            Xesús Bouzón Castroagudín.

                                            Anxo Cotón González.

                                            Marcos Jamardo Pérez.

                                            Manuel Castroagudín.

                                            Xerardo Piñeiro.

                                            Serxio Campaña.

6º.- Rogos, Preguntas e proxectos para a nova temporada.

        . Logo de falar de varios asuntos importantes, o máis relevante foi que foi nombrado novo Responsable Xeral Deportivo a Martín Busto Santalla, que será o coordinador deportivo de tódalas categorías do clube.

E sen ningunha cousa máis, douse por rematada a asemblea, acabando a noite tódolos soci@s asistentes, tomando unha caña nun coñecido local da zona.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 9.8/10 (4 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

FESTA DE FIN DE TEMPORADA 2009-2010

21 de Xuño de 2010 por furiaac

Case duascentas persoas disfrutaron dun día marabillosa, unha comida e un servizo estupendos e unha sesión musical insuperable. O ambiente foi do mellorciño que se recorda na comarca. Houbo sesión vermú, regalo de balóns e unha gran salva de fogos de artificio. Xa podedes ver as fotos.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 10.0/10 (4 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

FESTA FIN DE TEMPORADA

21 de Xuño de 2010 por oviguan

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 9.6/10 (5 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

RIFA-AXUDA FESTA DO FURIA (19-VI-2010)

21 de Xuño de 2010 por furiaac

O NÚMERO “5053″ FOI O PREMIADO, VENDEULLO O XOGADOR BENXAMÍN “XABI MARTÍNEZ”, DE SETECOROS, Ó SEU AVÓ. O PREMIO FOI ENTREGADO EN PERSOA POR UN DIRECTIVO DO FURIA ESTE DOMINGO. GRACIAS POR PARTICIPAR. PRONTO COLGAREMOS AS FOTOS DA MARABILLOSA FESTA.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 10.0/10 (2 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

ÚLTIMA XORNADA: VENRES 11 E SÁBADO 12 DE XUÑO (Comenzan os mundiais de Sudáfrica)

14 de Xuño de 2010 por furiaac

AFECCIONADOS (COPA DO SAR- 1/4 DE FINAL-VOLTA): BERTAMIRÁNS-FURIA: 4-0

Alineacións:

Bertamiráns: Alfonso, Xacobe, Pepe, Xosé,  Rocha,Héctor, Alberte, Eloi, Tomás, Rúa, Toñito—-Pablo, Joshua, Mouriño e Manolo.

Furia: Peixe (1), Paja (2), Patxi (2), Juanjo (2), Micky (2), Nevero (2), Lilu (3), Manolito (2), Ferro (1), Perreta (3), Álvaro (3)—–Santi (1) e Rañó (2).

Colexiados:

Árbitro: Marcos Quintela.

Asistente 1: David Quintela.

Asistente 2: Enrique Blanco.

Para ser o partido que era, onde todo estaba practicamente decidido; non o fixo nada ben. Demasiada “pancadilla”.

Incidencias: Pouco público pero moi correcto.

Acabouse o que se daba. O noso equipo rematou a súa andaina pola copa do Sar, dando unha imaxe magnífica. A pesar do que reflexou o marcador final, o Furia non mereceu nin moito menos perder o encontro. Plantou cara en todo momento, facendo un despregue físico encomiable. Puido incluso adiantarse por dúas veces no marcador, pero non foi así e despois en dous córners, e en dúas xogadas de “chiripa” o Bertamiráns marcou dous goles. Aí terminou a pouca emoción que había. O resto do encontro foi ben xogado polo Furia que como xa queda dito, non mereceu a derrota. Agora toca divertirse na festa de fin de temporada, coller vacacións, cargar ás pilas e pensar na temporada que ven.

BENXAMÍNS: FURIA-BERTAMIRÁNS B (0-4)

Alineacións:

Furia: Jonathan (2), Xabi (1), Leandro (1), Anxo (2),  Franco (1), Brais (3) e Toni (1).

Bertamiráns B: Álex, Paco, Xabi, Dani, Pipe, Martín, Paulo, Pablo, Nico, Santi, Iván e Mario.

Colexiado:

Ricardo Silva. Un pouco pesado.

Incidencias:

Temperatura agradable e asistencia a xusta: nin pouca nin moita.

O Furia non puido co Bertamiráns, que foi superior. Puidemos meter algún gol, pero aínda así podemos considerar o resultado xusto. Gran temporada dos “pekes” que conseguiron loitar dignamente tódolos encontros. Si seguen así conseguirán pouco a pouco mellorar moito e chegar a ser grandes xogadores. Como resumo da temporada:

-PORTEIRO MENOS GOLEADO:

O gran JONATHAN.

-XOGADOR MÁIS REGULAR:

ANXO MUÑIZ.

-XOGADORA REVELACIÓN:

NEREA.

- GOLEADORES:

. 1 GOL………………………………………………..PEPE.

. 2 GOLES……………………………………………NEREA.

. 10 GOLES………………………………………….LEANDRO.

.35 GOLES E SUPERPICHICHI (Non solo desta categoría senón que é o máximo goleador de tódalas categorías do clube………………………………..SUPEEEEEEERRRRRRRRR  ANXO.

ASEMBLEA XERAL ANUAL DE SOCI@S:

Recordar a tódol@s  soci@s do clube que este vindeiro venres, na Casa de Cultura de Campaña, terá lugar a Asemblea Xeral de Soci@s do Furia Athletic Club. A primeira convocatoria será ás 21: 30, e senón a segunda será ás 22:oo. Asistide para que así poidamos decidir o futuro do clube entre tod@s.

FESTA FIN DE TEMPORADA:

Como xa sabedes, este sábado no Campo de Festas de Campaña terá lugar a tradicional Festa de fin de temporada. Temos que estar alí ás 2 e media da tarde (este ano é unha comida, non unha cea). Comeremos ben e bailaremos ó son da inigualable música verbenera do DÚO MÁSTER.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 9.8/10 (4 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

ASAMBLEA XERAL DE SOCI@S (VENRES 18 DE XUÑO 2010)

9 de Xuño de 2010 por furiaac

Na Casa de Cultura de Campaña ás 21.30 horas, en primeira convocatoria, e ás 22.00 en segunda. Non faltar. Seguiremos informando.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 9.6/10 (7 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADAS DO 3 E 6 DE XUÑO (REMATE DAS FESTAS DO BOI EN ALLARIZ )

8 de Xuño de 2010 por furiaac

BENXAMÍNS : Pontecesures (5) – FURIA (1)

Campo de Porto. Menos de media entrada. Público moi correcto. Demasiada calor.

Alineacións :

Cesures : Xacobe, Álvaro, Fernando, Borja, Iker, Manu, Aarón, Michael, David, Lois e Ismael.

FURIA : Jonathan (2), Xabi (1), Nerea (1), Leandro (1), Franco (1), Anxo (2), Brais (1), Pepe (1), Xabi D. (1) e Toni (1).

Colexiado : Bruno Iglesias  ( Lalín ). 62 euros que lle voaron ó Cesures. Non hai dereito.

Partido moi disputado baixo un sol machacador. Pasamos mais sede que monos no deserto do Serengeti  (Tanzania ). Fomos para o descanso con 4-0 para o Cesures. Na segunda metade un penalti cometido sobre Anxo, lanzado por Leandro, púxonos 4-1 e moita ilusión. No tempo engadido, o Cesures, marcaría o 5-1 final.

O último encontro da temporada será o venres 11, hora 17.00, no Campo de Campaña contra o Bertamiráns B.

AFECCIONADOS (1/8 FINAL COPA DO SAR-IDA): FURIA-BERTAMIRÁNS (0-3)

Alineacións:

Furia: Peixe (1), Paja (1), Patxi (1), Juanjo (2), Micky (2), Nevero (2), Lilu (1), Manolito (1), Tito (1), Perreta (1), Álvaro (1)—Toñito (1), Ferro (1), Rañó (1) e Roni (1).

Bertamiráns: Xosé Vicente, Xacobe, Oscar, Kike, Borja, Xosé María, Tomás, Román, Fernando, Alejandro, Antonio—-Alfonso, Alberto, Xosé Antonio e Rúa.

Colexiados:

. Árbitro Principal: Gonzalo Goyanes López.

. Árbitro Asistente 1: Félix Queija Pérez.

. Árbitro Asistente 2: David Rodríguez Varela.

Con arbitraxes como esta non habería problemas nos campos. Inconmensurables os tres. Nótase que teñen unha calidade tremenda e un futuro enorme neste mundiño.

Incidencias: Gran cantidade de público nos graderíos da “Bombonera” de Baño. Sobre unhas trescentas persoas, que ademais tiveron un comportamento exquisito. E gran ambiente tamén na cantina, onde destacou a labor encomiable do cantinero.

A pesar de recibilos no ambiente “infernal da Bombonera”,  como di o refrán: ” o que sabe, sabe….disía o que comía os mocos”. E por suposto o Bertamiráns demostrou sobradamente o porqué este ano se convirteu en novo equipo de preferente. Así e todo o noso equipo plantou cara en todo momento e puido facer algún gol, que solo a mala sorte evitou. Agora o próximo domingo en Bertamiráns, solo queda que lle recemos á Virxe dos Milagros de Requián para que faga unha das súas, e a pelexar á heroica. Non todo está perdido; aínda que sabemos que é moi dificil. O partido do vindeiro fin de semana será ás 6 da tarde.

Equipo do Furia o pasado domingo fronte ó Bertamiráns.

De pé (de esquerda a dereita): Mac -adestrador-, Juanjo, Ferro, Santi, Paja, Manolito, Lilu, Tito, Álvaro, Peixe e Cassano -lesionadiño-.

Aniñados (de esquerda a dereita): Rañó, Patxi, Roni, Nevero, Toñito, Micky, Perreta e Toño Carou -delegado e presidente-.

FESTA DO FURIA : SÁBADO 19 DE XUÑO, Ó MEDIODÍA, CAMPO DE FESTAS DE CAMPAÑA.

Socios 20.00 euros e non socios 25.00. Data tope : Martes 15. Bonos nos sitios de costume. Seguiremos informando. Gracias.


VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 8.7/10 (7 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

Peregrinación a Compostela

7 de Xuño de 2010 por furiaac

Simpatizantes do Furia Athletic na Catedral de Santiago, escoltados polos compañeiros de traballo de Santi “O Cabo” e do noso amigo Zapatones, mentres o resto da “peña” facía cola para entrar pola Porta Santa.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 8.6/10 (7 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADAS DO 29 E 30 DE MAIO (COMENZAN AS FESTAS DO BOI EN ALLARIZ )

1 de Xuño de 2010 por furiaac

BENXAMÍNS : FURIA (3) – CORDEIRO (6)

Campo de Campaña. Menos público do esperado.

Colexiado : Ricardo Silva. Mal. Anuloulle un gol ó Furia e concedeulle dous ó Cordeiro en fora de xogo.

Alienacións :

Cordeiro : Alex, García, Iván, Ismael, Longo, Xoán, Braian, Raúl, Lois, Hugo, Quevin e Manolo.

Furia : Joni (2), Xabi M. (2), Nerea (2), Leandro (2), Franco (2), Anxo (3), Brais (2), Toni (2) e Xabi D. (2).

O Furia, que chegou ó descanso con 2-3 en contra, non puido nin co árbitro nin co empuxe dos técnicos visitantes que, en varias fases do partido,  chegaron a invadir a area técnica do banquiño do Furia. Uns erros arbitrais e a falta de puntería dos nosos fixo que o marcador rematara co 3-6 final. Goles de Nerea (1) e Anxo (2). Unha magoa.

Volvemos a xogar este xoves en Porto contra o Cesures. Será as 18.30 horas. Sorte.

XUVENÍS : 1/8 DE FINAL DA COPA DO SAR (VOLTA ). FÁTIMA (3) – FURIA (0)

Campo do Castiñeiriño. Bastante ambiente nas gradas,  nunha mañá estupenda pois, por exemplo, para tomar unhas cañas.

Colexiado : Roberto Bentrón “Pepín”. Non amosou ningunha tarxeta. Partido de luva branca.

Alienacións :

Fátima : Berto, Rodri, Raúl, Rubén, J. J., Xabi, Serxio, Brais, Manolo, Alex e Álvaro…….Adrián, Vigo e Iago.

Furia : Carlos (1), Quique (1), Pepe (1), Miguel (1), Pipe (1), Adriansinho (1), Dani (1), Pascolo (1), Diego Fernando (1), Brais (1) e Paco (1)……Carlos Potel (1).

Ata aquí chegou a aventura copeira dos xuvenís do Furia  que, cun equipo cheo de circunstancias no total da eliminatoria, foi eliminado sen maiores problemas polo Fátima (9-0). Foi bonito mentres durou. Agora solo queda ir á andar a Santiago, despois a “Festa de Fin de Temporada” e, para o ano, xa veremos. Ata logo Lucas!!!!!!!

1/8 DE FINAL DA COPA DO SAR (VOLTA) : CARCACÍA (1) – FURIA (1)

Campo de Mirarrios.Moita calor. Bastante mais de 3/4 de entrada. Traballando moi ben a cantina. De seguir así pronto lle darán un alto. Reseñar que, no descanso do partido, houbo un espectáculo engadido cun can futboleiro que mereceu a pena. A rifa de campo, un xamón, tocoulle ó noso “Bili” que o repartiu ó remate do partido con moito “saleiro”.

Colexiados : Agustín Hernández, auxiliado por David Quintela e Carlos Vilaverde. Moi dialógante, non tivo maiores problemas. Amosou tres amarelas ó Carcacía  e tres ó Furia.

Alienacións :

Carcacía : Poli, Edu, Pepe, Pablo, Nando, Manolo, Iván, Roberto, Poleiro, Costi e Rubén……..Pepe e Ares.

Furia : Peixe (1), Paja (1), Rañó (1), Miki (2), Juanjo (2), Santi (1), Adrián F. (1), Manu (3), Toño (1), Perreta (1) e Álvaro (2)………..Tito (1), Flores (1) e Patxi (1).

Comentario : ¡¡¡ Xa estamos en cuartos !!! Non foi o mellor partido dos chavales de “Mac” pero é que o Carcacía non é moco de pavo. Pelexou moito o conxunto padronés pero o Furia foi quen de adiantarse no marcador gracias a un penalti sinalado a Álvaro, tirouno Manolito e poñía no electrónico o 0-1 (8′). No minuto 30, un balón bombeado sobre a portería do Furia escapoulle  a Peixe, marcando practicamente en propia porta. Incrible. Así imos ó descanso. No segundo tempo o Carcacía saíu a por todas, como os de Terry, pero foi o Furia o que puido sentenciar por medio de Perreta e de Flores, que fallaron de xeito inverosímil, o que mantivo vivo ó equipo local  ata o final do partido. Agora toca un dos favoritos ó titulo : Bertamiráns, novo equipo de Preferente. No fútbol non hai nada escrito, que lle pregunten ó ” Madrí “, e ilusión sobra, imos polo menos intentalo. Volveremos á xogar no Campo Vello de Baño o domingo 6, ás 19.00 horas. Moitas gracias a tod@s. A Copa é nosa. ¡¡¡Hala Furia!!!.

PEREGRINACIÓN A SANTIAGO : Xa temos o cupo cuberto. Gracias. Supoñemos que haberá fotos. Gracias outra vez.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 8.8/10 (11 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

 
1996-2009 Furia A.C. Feito con wordpress por oviguan