BENXAMÍNS : FURIA (3) – CORDEIRO (6)
Campo de Campaña. Menos público do esperado.
Colexiado : Ricardo Silva. Mal. Anuloulle un gol ó Furia e concedeulle dous ó Cordeiro en fora de xogo.
Alienacións :
Cordeiro : Alex, García, Iván, Ismael, Longo, Xoán, Braian, Raúl, Lois, Hugo, Quevin e Manolo.
Furia : Joni (2), Xabi M. (2), Nerea (2), Leandro (2), Franco (2), Anxo (3), Brais (2), Toni (2) e Xabi D. (2).
O Furia, que chegou ó descanso con 2-3 en contra, non puido nin co árbitro nin co empuxe dos técnicos visitantes que, en varias fases do partido, chegaron a invadir a area técnica do banquiño do Furia. Uns erros arbitrais e a falta de puntería dos nosos fixo que o marcador rematara co 3-6 final. Goles de Nerea (1) e Anxo (2). Unha magoa.
Volvemos a xogar este xoves en Porto contra o Cesures. Será as 18.30 horas. Sorte.
XUVENÍS : 1/8 DE FINAL DA COPA DO SAR (VOLTA ). FÁTIMA (3) – FURIA (0)
Campo do Castiñeiriño. Bastante ambiente nas gradas, nunha mañá estupenda pois, por exemplo, para tomar unhas cañas.
Colexiado : Roberto Bentrón «Pepín». Non amosou ningunha tarxeta. Partido de luva branca.
Alienacións :
Fátima : Berto, Rodri, Raúl, Rubén, J. J., Xabi, Serxio, Brais, Manolo, Alex e Álvaro…….Adrián, Vigo e Iago.
Furia : Carlos (1), Quique (1), Pepe (1), Miguel (1), Pipe (1), Adriansinho (1), Dani (1), Pascolo (1), Diego Fernando (1), Brais (1) e Paco (1)……Carlos Potel (1).
Ata aquí chegou a aventura copeira dos xuvenís do Furia que, cun equipo cheo de circunstancias no total da eliminatoria, foi eliminado sen maiores problemas polo Fátima (9-0). Foi bonito mentres durou. Agora solo queda ir á andar a Santiago, despois a «Festa de Fin de Temporada» e, para o ano, xa veremos. Ata logo Lucas!!!!!!!
1/8 DE FINAL DA COPA DO SAR (VOLTA) : CARCACÍA (1) – FURIA (1)
Campo de Mirarrios.Moita calor. Bastante mais de 3/4 de entrada. Traballando moi ben a cantina. De seguir así pronto lle darán un alto. Reseñar que, no descanso do partido, houbo un espectáculo engadido cun can futboleiro que mereceu a pena. A rifa de campo, un xamón, tocoulle ó noso «Bili» que o repartiu ó remate do partido con moito «saleiro».
Colexiados : Agustín Hernández, auxiliado por David Quintela e Carlos Vilaverde. Moi dialógante, non tivo maiores problemas. Amosou tres amarelas ó Carcacía e tres ó Furia.
Alienacións :
Carcacía : Poli, Edu, Pepe, Pablo, Nando, Manolo, Iván, Roberto, Poleiro, Costi e Rubén……..Pepe e Ares.
Furia : Peixe (1), Paja (1), Rañó (1), Miki (2), Juanjo (2), Santi (1), Adrián F. (1), Manu (3), Toño (1), Perreta (1) e Álvaro (2)………..Tito (1), Flores (1) e Patxi (1).
Comentario : ¡¡¡ Xa estamos en cuartos !!! Non foi o mellor partido dos chavales de «Mac» pero é que o Carcacía non é moco de pavo. Pelexou moito o conxunto padronés pero o Furia foi quen de adiantarse no marcador gracias a un penalti sinalado a Álvaro, tirouno Manolito e poñía no electrónico o 0-1 (8′). No minuto 30, un balón bombeado sobre a portería do Furia escapoulle a Peixe, marcando practicamente en propia porta. Incrible. Así imos ó descanso. No segundo tempo o Carcacía saíu a por todas, como os de Terry, pero foi o Furia o que puido sentenciar por medio de Perreta e de Flores, que fallaron de xeito inverosímil, o que mantivo vivo ó equipo local ata o final do partido. Agora toca un dos favoritos ó titulo : Bertamiráns, novo equipo de Preferente. No fútbol non hai nada escrito, que lle pregunten ó » Madrí «, e ilusión sobra, imos polo menos intentalo. Volveremos á xogar no Campo Vello de Baño o domingo 6, ás 19.00 horas. Moitas gracias a tod@s. A Copa é nosa. ¡¡¡Hala Furia!!!.
PEREGRINACIÓN A SANTIAGO : Xa temos o cupo cuberto. Gracias. Supoñemos que haberá fotos. Gracias outra vez.

