BENXAMÍNS : Pontecesures (5) – FURIA (1)

Campo de Porto. Menos de media entrada. Público moi correcto. Demasiada calor.

Alineacións :

Cesures : Xacobe, Álvaro, Fernando, Borja, Iker, Manu, Aarón, Michael, David, Lois e Ismael.

FURIA : Jonathan (2), Xabi (1), Nerea (1), Leandro (1), Franco (1), Anxo (2), Brais (1), Pepe (1), Xabi D. (1) e Toni (1).

Colexiado : Bruno Iglesias  ( Lalín ). 62 euros que lle voaron ó Cesures. Non hai dereito.

Partido moi disputado baixo un sol machacador. Pasamos mais sede que monos no deserto do Serengeti  (Tanzania ). Fomos para o descanso con 4-0 para o Cesures. Na segunda metade un penalti cometido sobre Anxo, lanzado por Leandro, púxonos 4-1 e moita ilusión. No tempo engadido, o Cesures, marcaría o 5-1 final.

O último encontro da temporada será o venres 11, hora 17.00, no Campo de Campaña contra o Bertamiráns B.

AFECCIONADOS (1/8 FINAL COPA DO SAR-IDA): FURIA-BERTAMIRÁNS (0-3)

Alineacións:

Furia: Peixe (1), Paja (1), Patxi (1), Juanjo (2), Micky (2), Nevero (2), Lilu (1), Manolito (1), Tito (1), Perreta (1), Álvaro (1)—Toñito (1), Ferro (1), Rañó (1) e Roni (1).

Bertamiráns: Xosé Vicente, Xacobe, Oscar, Kike, Borja, Xosé María, Tomás, Román, Fernando, Alejandro, Antonio—-Alfonso, Alberto, Xosé Antonio e Rúa.

Colexiados:

. Árbitro Principal: Gonzalo Goyanes López.

. Árbitro Asistente 1: Félix Queija Pérez.

. Árbitro Asistente 2: David Rodríguez Varela.

Con arbitraxes como esta non habería problemas nos campos. Inconmensurables os tres. Nótase que teñen unha calidade tremenda e un futuro enorme neste mundiño.

Incidencias: Gran cantidade de público nos graderíos da «Bombonera» de Baño. Sobre unhas trescentas persoas, que ademais tiveron un comportamento exquisito. E gran ambiente tamén na cantina, onde destacou a labor encomiable do cantinero.

A pesar de recibilos no ambiente «infernal da Bombonera»,  como di o refrán: » o que sabe, sabe….disía o que comía os mocos». E por suposto o Bertamiráns demostrou sobradamente o porqué este ano se convirteu en novo equipo de preferente. Así e todo o noso equipo plantou cara en todo momento e puido facer algún gol, que solo a mala sorte evitou. Agora o próximo domingo en Bertamiráns, solo queda que lle recemos á Virxe dos Milagros de Requián para que faga unha das súas, e a pelexar á heroica. Non todo está perdido; aínda que sabemos que é moi dificil. O partido do vindeiro fin de semana será ás 6 da tarde.

Equipo do Furia o pasado domingo fronte ó Bertamiráns.

De pé (de esquerda a dereita): Mac -adestrador-, Juanjo, Ferro, Santi, Paja, Manolito, Lilu, Tito, Álvaro, Peixe e Cassano -lesionadiño-.

Aniñados (de esquerda a dereita): Rañó, Patxi, Roni, Nevero, Toñito, Micky, Perreta e Toño Carou -delegado e presidente-.

FESTA DO FURIA : SÁBADO 19 DE XUÑO, Ó MEDIODÍA, CAMPO DE FESTAS DE CAMPAÑA.

Socios 20.00 euros e non socios 25.00. Data tope : Martes 15. Bonos nos sitios de costume. Seguiremos informando. Gracias.