ÚLTIMA XORNADA: VENRES 11 E SÁBADO 12 DE XUÑO (Comenzan os mundiais de Sudáfrica)

AFECCIONADOS (COPA DO SAR- 1/4 DE FINAL-VOLTA): BERTAMIRÁNS-FURIA: 4-0

Alineacións:

Bertamiráns: Alfonso, Xacobe, Pepe, Xosé,  Rocha,Héctor, Alberte, Eloi, Tomás, Rúa, Toñito—-Pablo, Joshua, Mouriño e Manolo.

Furia: Peixe (1), Paja (2), Patxi (2), Juanjo (2), Micky (2), Nevero (2), Lilu (3), Manolito (2), Ferro (1), Perreta (3), Álvaro (3)—–Santi (1) e Rañó (2).

Colexiados:

Árbitro: Marcos Quintela.

Asistente 1: David Quintela.

Asistente 2: Enrique Blanco.

Para ser o partido que era, onde todo estaba practicamente decidido; non o fixo nada ben. Demasiada “pancadilla”.

Incidencias: Pouco público pero moi correcto.

Acabouse o que se daba. O noso equipo rematou a súa andaina pola copa do Sar, dando unha imaxe magnífica. A pesar do que reflexou o marcador final, o Furia non mereceu nin moito menos perder o encontro. Plantou cara en todo momento, facendo un despregue físico encomiable. Puido incluso adiantarse por dúas veces no marcador, pero non foi así e despois en dous córners, e en dúas xogadas de “chiripa” o Bertamiráns marcou dous goles. Aí terminou a pouca emoción que había. O resto do encontro foi ben xogado polo Furia que como xa queda dito, non mereceu a derrota. Agora toca divertirse na festa de fin de temporada, coller vacacións, cargar ás pilas e pensar na temporada que ven.

BENXAMÍNS: FURIA-BERTAMIRÁNS B (0-4)

Alineacións:

Furia: Jonathan (2), Xabi (1), Leandro (1), Anxo (2),  Franco (1), Brais (3) e Toni (1).

Bertamiráns B: Álex, Paco, Xabi, Dani, Pipe, Martín, Paulo, Pablo, Nico, Santi, Iván e Mario.

Colexiado:

Ricardo Silva. Un pouco pesado.

Incidencias:

Temperatura agradable e asistencia a xusta: nin pouca nin moita.

O Furia non puido co Bertamiráns, que foi superior. Puidemos meter algún gol, pero aínda así podemos considerar o resultado xusto. Gran temporada dos “pekes” que conseguiron loitar dignamente tódolos encontros. Si seguen así conseguirán pouco a pouco mellorar moito e chegar a ser grandes xogadores. Como resumo da temporada:

-PORTEIRO MENOS GOLEADO:

O gran JONATHAN.

-XOGADOR MÁIS REGULAR:

ANXO MUÑIZ.

-XOGADORA REVELACIÓN:

NEREA.

– GOLEADORES:

. 1 GOL………………………………………………..PEPE.

. 2 GOLES……………………………………………NEREA.

. 10 GOLES………………………………………….LEANDRO.

.35 GOLES E SUPERPICHICHI (Non solo desta categoría senón que é o máximo goleador de tódalas categorías do clube………………………………..SUPEEEEEEERRRRRRRRR  ANXO.

ASEMBLEA XERAL ANUAL DE SOCI@S:

Recordar a tódol@s  soci@s do clube que este vindeiro venres, na Casa de Cultura de Campaña, terá lugar a Asemblea Xeral de Soci@s do Furia Athletic Club. A primeira convocatoria será ás 21: 30, e senón a segunda será ás 22:oo. Asistide para que así poidamos decidir o futuro do clube entre tod@s.

FESTA FIN DE TEMPORADA:

Como xa sabedes, este sábado no Campo de Festas de Campaña terá lugar a tradicional Festa de fin de temporada. Temos que estar alí ás 2 e media da tarde (este ano é unha comida, non unha cea). Comeremos ben e bailaremos ó son da inigualable música verbenera do DÚO MÁSTER.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *