ASAMBLEA XERAL DA FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL EN SANTIAGO. SÁBADO 31 DE XULLO,AS 10.30 HORAS, NO LOCAL DE CAIXA GALICIA (CARREIRA DO CONDE)

O Furia estará representado por «Manolo Regueiro «, Sp. Estrada, ó non poder acudir ningún directivo do Furia xa que coincide ca Festa do Albariño en Cambados. A esta festa este Club está sempre invitado dende tempos da súa fundación polos nosos amigos «Cabaleiros da Orde do Albariño» e, como comprenderedes nunca fallamos. Así mesmo non queremos perder a oportunidade de denunciar a actitude de equipos como o Cordeiro que só se acordan de Santa Bárbara cando trona e, cando non trona, aprovéitanse da labor dos demais.  ¡¡¡ Ánimo Regueiro !!!!

REUNIÓN CO SR. FRESCO, CONCELLEIRO DE DEPORTES, O LUNS 2 DE AGOSTO, 20.30 HORAS, NAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DE CAMPAÑA.

Os representantes do Furia plantaranlle os seguintes puntos :

1/ Trato non discriminatorio con respecto a outros clubs ou asociacións do Concello de Valga.

2/ Posibilidade de xogar, o equipo de modestos, os partidos oficiais no Campo de Baño ( herba natural ) en alternancia co Cordeiro.

3/ Uso e disfrute dos vestiarios novos do Campo de Campaña ( hixiene, espacio, auga quente…..).

4/ Almacén con espacio e de fácil acceso. O de agora mide aprox… 2 metros cadrados e están cheos de escombro, como si todo «o monte fora oregano»….

5/ Instalación dunha cantina para poder ser explotada nos partidos que o Furia xogue como local.

6/ Posibilidade de montar nas festas organizadas polo Concello de Valga cantinas para recadar fondos para o club.

7/ Rogos e preguntas.

8/ Sorte para os nosos interlocutores, pero……..

9/ Informaremos sobre o acontecido.

A DIRECTIVA DO FURIA AC

25.000 GRACIAS

25.000 GRACIAS

Dende esta humilde páxina queremos enviarlle un saúdo a todos os nosos inimigos que, ca súa actitude miserable , fan posible que os nosos esforzos se multipliquen. Mais, realmente, a quen queremos enviarlle unha forte aperta son a todos aqueles que, sen ningún ánimo negativo, sempre nos visitan mostrándonos un apoio impagable. 25.000 gracias os que nos visitan dende México, 25.000 gracias os que nos visitan dende Arxentina, 25.000 gracias os que nos visitan dende Chile, 25.000 gracias os que nos visitan dende Brasil, 25.000 gracias os que nos visitan dende Colombia, 25.000………Venezuela, Honduras, Panamá, Uruguai, Paraguai, Canada, Costa Rica…..     25.000 gracias os que nos visitan dende Rusia, Suíza, Francia, Alemaña, Italia, Vaticano, Mónaco, Gran Bretaña, Bélxica, Países Baixos, Suecia, Irlanda, Polonia, Eslovaquia, Austria….       25.000 gracias os que nos visitan dende Xapón, Indonesia, Vietnam, Australia, Papúa Nova Guinea, Nova Zelandia… e, por suposto, 25.000 gracias a todos que nos visitan da nosa terra dende Ourense a Lugo, dende Lugo ata Ferrol, dende Ferrol ata A Coruña, dende A Coruña ata Compostela, dende Compostela ata Vigo e dende Vigo ata Ourense. Non queremos esquecernos de todos e todas que nos visitades de tódalas zonas de Galicia dándonos uns ánimos tremendos. Temos que saudar, con moito agrado, 25.000 veces a todos que nos visitan dende España : Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra, Aragón, Cataluña, Madrid, Salamanca, Palma de Mallorca, Tenerife, Valencia e, por suposto, Almería. Sería moi longa a lista pero, que saibades, que vos queremos a todas e a todos. 25.000 montóns de bicos. Moitas gracias e a polas 30.000. ¡¡¡ Pronto nos veremos !!!

PARA CELEBRAR ESTA DATA IMOS BRINDARVOS UN PRECIOSO TEXTO :

«NO NIÑO NOVO DO VENTO

HAI UNHA POMBA DOURADA.

QUEN POIDERA NAMORALA

QUEN POIDERA NAMORALA

MEU AMIGO.                                      ( D. ALVARO CUNQUEIRO)

ASAMBLEA XERAL DA FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL EN SANTIAGO (31-VII-10)

Ante a intención de levar a cabo unha » reforma compiticional » e presentala e, por suposto, defendela por a » Asociación de Fútbol Afeccionado de Santiago e Comarcas » (A.F.A.S.C.) o Furia A. C. , como club soberano e propiedade d@s soci@s, manifesta o seu rotundo rechazo. Aproveitamos para recomendarlle a estos promotores que sobra que reclamar : mútua, gastos arbitrais, gastos federativos, sistema electoral, blindaxe dos empregados federativos….Sen mais, atentamente, a Directiva do Furia A. C.

Pos data : Podedes montar unha liga de parroquias. ( Fai anos tivo moito éxito no Concello de Porto do Son ).

NOTA UNIVERSAL DE FÚTBOL

NOTA UNIVERSAL DE FÚTBOL

Se xogan partidos oficiais «FIFA» as seleccións de Úlster ( Ulach ), Gales ( Cymru ), Inglaterra  ( England ), Escocia  ( Scotland ) e as Illas Feroe ( Føroyar) ¿POR QUE NON XOGA A «SELECCIÓN GALEGA» ?.  ¡¡¡ SELECCIÓN GALEGA XA !!!

REUNIÓN COS PAIS E NAIS DOS XOGADORES DAS CATEGORÍAS INFERIORES

O sábado 17, as 9.00 da tarde, na Casa de Cultura de Campaña, asemblea informativa para aclarar, se cabe, os pormenores da temporada 2010/ 2011. Non faltar. Gracias.