O Furia estará representado por «Manolo Regueiro «, Sp. Estrada, ó non poder acudir ningún directivo do Furia xa que coincide ca Festa do Albariño en Cambados. A esta festa este Club está sempre invitado dende tempos da súa fundación polos nosos amigos «Cabaleiros da Orde do Albariño» e, como comprenderedes nunca fallamos. Así mesmo non queremos perder a oportunidade de denunciar a actitude de equipos como o Cordeiro que só se acordan de Santa Bárbara cando trona e, cando non trona, aprovéitanse da labor dos demais. ¡¡¡ Ánimo Regueiro !!!!
Os representantes do Furia plantaranlle os seguintes puntos :
1/ Trato non discriminatorio con respecto a outros clubs ou asociacións do Concello de Valga.
2/ Posibilidade de xogar, o equipo de modestos, os partidos oficiais no Campo de Baño ( herba natural ) en alternancia co Cordeiro.
3/ Uso e disfrute dos vestiarios novos do Campo de Campaña ( hixiene, espacio, auga quente…..).
4/ Almacén con espacio e de fácil acceso. O de agora mide aprox… 2 metros cadrados e están cheos de escombro, como si todo «o monte fora oregano»….
5/ Instalación dunha cantina para poder ser explotada nos partidos que o Furia xogue como local.
6/ Posibilidade de montar nas festas organizadas polo Concello de Valga cantinas para recadar fondos para o club.
7/ Rogos e preguntas.
8/ Sorte para os nosos interlocutores, pero……..
9/ Informaremos sobre o acontecido.
A DIRECTIVA DO FURIA AC