Como xa temos dito noutras ocasións esta Romaría que nunca nos falte. Case 100 comensais xuntamos na carballeira de Requián nun dia estupendo. Cun menú a base de «empanada», «aliñas de polo», «tortilla» e «bistés empanados» regados con «auga galega», «refrescos norteamericanos», «cervexa holandesa», «cervexa madrileña» e «cervexa galega» conseguimos crear un ambiente mais propio das «Bodas de Caná». Pensamos colgar algunha foto. Gracias tamén a «Reki», «Amparo» e «Folla de Millo» polas súas opinións. Verémonos !!!!
Partido disputado na tarde-noite desta venres. Moita calor, moita humidade, moito mosquito. Non houbo goles e o numeroso público presente -era xornada de portas abertas- acabou facendo a «ola». Moi boa arbitraxe do Sr. Pérez. O sábado 4 teremos outra oportunidade contra o Abanqueiro as 19.00 en Campaña.
Despois de expoñerlle no seu dia as nosas suxerencias para un mellor desenvolvemento do Furia, sobre todo económico, a resposta do martes era a esperada : «nada de cantina nas festas organizadas polo concello, nada de montarnos unha cantina no campo para poder explotala nos partidos e, como fin de conversa, igual nos aumentan a subvención para a próxima temporada» (sic). Como diría o filosofo ROUSEAU : «Pode mais a forza da espada ca forza da razón». Seguiremos informando.
Toda a masa social do Furia, como ven sendo habitual, acode tódolos anos a este fabulosa romaría co ánimo de curarse en saúde. Pronto, na taberna «A Casa Vella» e nesta páxina, informarase do xeito de participar. Ah!!!!! Non avisar «herexes». Para participar tendes que depositar 10.00 € na «Casa Vella» antes das 14.00 horas do venres 27. Xa pillamos o sitio na carballeira de » Ramiro de Bastián», un dos mais ricos de Requián, e tan solo hai prazas para 80 persoas. Reservamos por orden de inscrición. Tel. : 659 893 589.
Partido disputado en Campaña ante, tal vez, demasiado público. Nótase que a xente non ten moito que facer. Vitoria cómoda para o Furia por 4 tantos a 1. Os goles do Furia foron marcados por Adrián Ferro, Maleko, Rubén Lourenzo e Álvaro. Discutible arbitraxe de Marcos Jamardo quen debeu de expulsar, na última xogada da tarde, ó porteiro do Furia «Peixe» por unha fea entrada a un rival. O Deixebre deixou unha moi grata impresión. O próximo amigable será este venres 27, véspera dos «Milagres de Requián», as 21.15 en Campaña fronte o Sp. Estrada.
Sorteo 2ª Infantil G-VII ( 16-x-10) :
FURIA – Dubra / Callobre – X. Oroso / Calo – Praiña / Cesures – Bertamiráns / Rois – Ames / Milladoiro – Cacheiras / Bastavales – Cordeiro.
Sorteo 1ª Alevín G-VII (15 – I – 11) :
FURIA – Escravitude / Val do Ulla – Cacheiras / Rois – Praiña / Cesures – Cordeiro.
Sorteo 1ª Benxamín G-III (30-x – 10) :
FURIA – Val do Ulla / Tordoia – Dubra / Bertam. «D» – Bertam. «A» / Bertam. «B» – Bertam. «C» / Rois – San Mamede / Rois «B» – Cesures / Cordeiro : descansa.
Sorteo 2ª xuvenil (Grupo V). Comenza o sábado 9 de outubro.
Cordeiro – Bandeira / Callobre – Val do Ulla / Bastavales – Bertamiráns / Agolada – Escravitude / San Marcos – Dodro / Cruces – Milladoiro / FURIA : descansa.
Este domingo as 19.30 horas no campo de Campaña, partido contra o maravilloso equipo do Deixebre ( Oroso ), o cal acudirá con todas as figuras. Entrada gratuíta.
Partido disputado en Cuntis ante un gran ambiente festeiro. O fútbol foi dun gran derroche de talento e imaxinación por parte dos dous equipos propiciando que o numeroso público asistente acabase facendo a ola. O resultado final foi de vitoria para o Cuntis por 3 goles a 2 ( Rubén Lourenzo e Adrián Ferro).
Sorteo temporada 2010-2011 «3ª AUTONÓMICA GRUPO IX» : Comezará o 19-IX-10.
Pazos-Vea / Biduido – FURIA / Tordoia «B» – Rarís / Abanqueiro «B» – Rois / Dodro – Bugallido / Cacheiras «B» – Ribasar / Praiña – Lestedo / Recesende – Terras do Ulla.