Campo de Campaña : Moi bo ambiente, tanto dentro como fóra. Moito mirón vendo o partido dende a pista ( quedade na casa e non dar vergonza por aí adiante). Recadación : quitouse para o árbitro.
Aliñacións:
Furia : Peixe (1), Rañó (1), Chapas (2), Manu (2), Juanjo (1), Santi (1), Tito (0), Cassano (0), Liluu (2), Diego (2) e Álvaro (1)……..Maleko (1), Pipe (1) e Adriansiño (1).
Pazos : Pistolas Iº, Pistolas IIº, Xoan, Chungo, Adrián, Noel, Rego, Óscar, Héctor, Gustavo e Suárez………Víctor, Sueiro, Rial e Xaime.
Colexiado : Rafael Vicente , cada día a peor. O traxe, de dubidoso gusto, moi apertado e co cu «patrás». El o quere é cobrar e do resto xa falaremos. A pesar de todo expulsou correctamente a un xogador do Pazos (por unha man dentro da área) e a dous do Furia : Casano e Tito (ámbolos dous por facer o burro).
Partido moi disputado nunha tarde de temperatura agradable. O Pazos, que arreou bastante leña, púxose por diante, coa colaboración de Peixe,nun contraataque moi rápido. O Furia remontaría, a pesar de xogar máis de 70 minutos con 9, con goles de Manu (penalti), Chapas e Liluu. Domingo ,en Vea, xogaremos contra o equipo local a recordar vellos tempos. Supoñemos que a hora será as 16.30.
Equipo do Furia que este domingo se enfrontou ó Pazos.
De pé (de esquerda a dereita): Liluu, Peixe, Chapasi, Tito, Juanjo, Manolito e Nevero.
Aniñados (de esquerda a dereita): Rañó, Diego Melenas, Cassano e Álvarito.
UNHA NOVA SECCIÓN NA NOVA TEMPORADA.
O PARTIDO VISTO POR…
BILE
Non vin ben ó equipo, cunha actitude moi pasiva. Cagámola coas expulsións meresidas de Tito e de Cassano, e houbo relativamente suerte porque os do Pasos eran peores que os nosos; porque senón sejuramente o resultado sería ben distinta. O público portouse moi ben. E o árbitro estivo moi falador e prejuntou polo (sejún el) o «puterillo» de Peke. O que si é lamentable do campo é que a xente poida ver o partido desde fóra, e que teña que haber dúas portas abertas, cando podía haber unha sola.
En canto ás perspectivas deste ano, vexo ben ó equipo; pero fáltalle un pouco de actitude. E sobre todo teñen que deixar de darlle ó bisté e dedicarse máis a xojar. Si este ano queremos subir, o que está claro é que temos que respetar máis ó árbitro e tamén ós contrarios.


