XORNADAS DO 23 E 24 DE OUTUBRO

INFANTÍS : OROSO “B” (7) – FURIA (0)

Campo “Lino Balado ” (Sigüeiro) : Basatante menos de media entrada.

Colexiado : Fernando Muíño. Moi bo chaval.

Oroso :Aitor, Alex, Dani, Martiño, Xaime, Rubén, Picón, Miguel, Manolo, Xavi, Toni, Serxio, Joni, Tucho, Daniel e David

Furia :Dani (2),  Franco (1),  Joni (1),  Manu Busto (2),  Salva (1), Alex (1), Xoán (1), Brais (1), Lucho (1), Manu Meniño (1), Samuel (1), Toni (1), Jonis (1) e Leandro (1).

Partido moi floxo por parte dos nosos que, seguramente, chegaron un pouco cansados do viaxe. Bastante frío en Sigüeiro. Sábado as 11.30 en Campaña, frente ó Praíña , boa ocasión para intentar puntuar.

AFECCIONADOS : ROIS (2) – FURIA (3)

Campo de Extramundi. Na primeira parte: 36 persoas. Na segunda : 67.

Colexiado : Segundo Tubío. Moi protestado tanto polo adestrador, como polos  xogadores e, como non, pola nosa imperiosa afición. Aumentou o final do partido en seis minutos. Non chegou a montaña a Mahoma. Amosoulle nove tarxetas amarelas ós xogadores do Furia e tres ós do Rois nun partido de “luva branca”.

ROIS : Pablo, Socorro, Rodri, Carlos, Toni, Manolo, Diego, Pepe, Ivan, Mario e Pedro……Suso, Ferro,Soñora e Carlos G.

FURIA : Peixe (3), Rubén (2), Miguel (2), Manu (2), Juanjo (3), Agrasar (1), Liluu (1), Cassano (2), Adrián (1), Diego (2) e Tito (3)………..Parrulo (1), Maleko (1), Marcos (-) e Älvaro (1).

Encontro que se puxo de cara moi pronto para o Furia cun golazo de Tito e outro de Diego, co cal fomos para o descanso. No comezo da segunda, nun tremendo despiste defensivo ó querer xogala como o Barsa, marca Manolito en propia meta (1-2). Na seguinte xogada, despois do saque de centro, remata a gol Tito unha bonita xogada de ataque (1-3). O Furia baixa os brazos, como se estivera todo feito, e nun balón roubado polo Rois pisa a area o dianteiro tropezando con Manolito e sinalando un discutible penalti o colexiado. Case a “lía parda”. Menos mal que o parou Peixe. O Rois vense arriba e consegue marcar o 2-3 con un gol pantasma. Cun xogo tremendamente vertical, o Rois, logra que se nos poñan de garabata sen conseguir marcar. Na última xogada do partido puido o Furia, por medio de Xavi Cotón, marcar o cuarto gol ó rematar á base do poste unha marabillosa xogada do todo o equipo. Resultado xusto e un pouco enganoso. O próximo encontro será o domingo 31, as 16.30 horas, no campo de Campaña fronte ó temible  Bugallido.

O PARTIDO VISTO POR…

CAPI E BO

Bueno, para nós foi un partido bastante malo e un tanto aburrido. Ó prinsipio o Furia empesou moi ben, pero despois xa pensaron que taba todo feito e un pouco máis e jódennos o partido. De todas formas os nosos demostraron que son mellores que os do Rois. Pero o partido, se cadra, foi o peor e máis feo que xojou o Furia no que vai de temporada. O máis bonito foron os joles, que foron moi chulos, e unha xojada que fixo todo o equipo e que tirou Cassano ó poste. Se cheja a entrar sería un jolaso. Hai que quedarse ca victoria que nos deixa outra ves de líderes e invictos. Parese que polo menos podemos ter unha temporada ilusionante. Tamén temos que destacar dúas chavalas maravillosas que había no campo. A ver si collemos unha mosiña e casamos. Fasemos un chamamento dende aquí a tódalas posibles interesadas.

XUVENÍS: SAN MAMEDE-FURIA (6-1)

Alineacións:

San Mamede: Óscar, Francisco, Roberto, Rodrigo, Diego, Raúl, Samuel, Adrián, Miguel, Braulio, Manuel—Xoan, Iago, Fontenla e Álvaro.

Furia: Xulián (1), Pablo (2), David (1), Kuric (2), Quique (2), Pepe (1), Pascolo (1), Adriánsinho (2), Pipe (0), Adrián (1)—–Álvaro (1), Serxio (1), Jonni (1), Fran (1) e Miguel (1).

Colexiado:

Carlos López Barciela. Sen traballo. Quizáis un pouco “chulito” como pistolero e un pouco maleducado cos xogadores dos dous equipos.

Incidencias:

Unha hora intempestiva para o fútbol, xa que se xogou ás 10 da mañá. Moitísimo frío e unha néboa que non levantou. Bastante público que apoiou con gañas ó equipo local.

A crónica:

Mal encontro dos chavales do Furia, en xeral. Comezaron moi ben, facendo un fútbol brillante; pero foron diluíndose pouco a pouco como “asucarillos”. Quizais, fora consecuencia da noite de festa anterior co DJ Kurd Maverick. E esta vez, non todo é achacable ó novo porteiro “Casi” que non o fixo tan mal. O gol dos nosos foi moi bonito, e anotado por Adrián Santos. Tamén volveu ós terreos de xogo, Pablo Cascallar, que foi un dos mellores do noso equipo. Según os últimos rumores, o adestrador está na picota, e pode haber noticias en breve. Aínda que el asegura que está facendo ben o seu traballo; e que sabe que esta é unha temporada de transición, e que ademais fáltalle un mes de rodaxe ó equipo. O vindeiro partido será en Campaña, o sábado, ás 5 da tarde. Visita o noso campo o líder: Agolada. Non será “pataca minuta”. Moita sorte chavales, e a ver si damos a sorpresa da xornada.

BENXAMÍNS: INICIO DE LIGA.

O vindeiro sábado, en Campaña, ás 4 da tarde, os pequechos inician o campionato ligueiro. E xa teñen un difícil rival, como é o Val do Ulla. Moita sorte, rapaces.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

9 thoughts on “XORNADAS DO 23 E 24 DE OUTUBRO

  1. alegrome moito por o comenzo do equipo afecionado do furia ac. O que si quero criticar son os comentarios horrendos, sen ningun criterio que fan os dous fenomenos encargados da paxina. Un saudo a todos

  2. hola holita, yo no lo veo de ese modo, creo que los dos señores que redactan la página saben mucho de fútbol, por haí como cataíña o así.Por lo tanto pediría un poco de respeto hacia su persona. hala furia!

  3. No sé porque criticais a los hacedores de esta bendita página. Pero si está interesante la oferta hecha por eses dos chicos. Bueno, supongo que serán dos chicos.

Deixa una resposta a furiaac Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *