XORNADAS DO 30 E 31 DE OUTUBRO ( VÍSPERAS DA FEIRA DE MONTERROSO )

BENXAMÍNS : FURIA (2) – VAL DO ULLA (12)

Campo de Campaña : Público moi barulleiro.

Colexiado : Dantes Salgueiro. Bo chaval.

Furia : Matías (3), Álex Vidal (3), Edgar (1), Laura (1), Isaac (1), Brais (2), Leandro (3), Yessica (1), Álex Rodríguez (1), Xosé (1) e Xabi (1).

Primeiro partido da temporada,  onde os chavales e as chavalas de “Polo” defendéronse moi ben na primeira parte (1-2). Na segunda, a experiencia do rival, fixo que nos meteran unha tunda como reflexa o marcador. Os goles do Furia foron obra de Álex Vidal. O vindeiro sábado xogaremos en Bembibre contra o Dubra as 11.00 da mañá.

INFANTÍS : FURIA (2) – PRAIÑA (10)

Campo de Campaña : Moi animosas as mamás de Pontevea. Marcharon moi contentas.

Colexiado : Serxio Silva. Case pita sentado. Pouco choio.

Furia : Dani (2), Franco (1), Xabi (1), Manu Busto (3), Rubén Duro (1), Manu Meniño (1), Xoán (1), Braisiño (1), Lucho (1), Samuel (1) e  Toni (1)……..Álex Paja (1).

70 minutos marabillosos fixéronnos crer que podíamos ganar o partido, 2 -3 minuto 65, pero a maior envergadura e a mellor pegada do Praiña acabou por golearnos. Xogaremos este sábado en Bertamiráns as 11.00 da mañá. Ánimo.

AFICIONADOS : FURIA (4) – BUGALLIDO (0)

Campo de Campaña. Menos xente da esperada. Case  100.00 euros de recadación. Temperatura agradable.

Colexiado : David Rodríguez. Bastante ben. Unha tarxeta amarela por equipo. Sen problemas.

Furia : Peixe (1), Maleko (3), Rañó (2), Manolito (3), Rubén Ferro (2), Santi A. (2), Liluu (1), Xabi (3), Tito (3), Diego (3) e Álvaro (2)…………Adrián Ferro (2), Parrulo (1), Lorenzo (2) e Ronaldiño (1).

Bugallido : Xurxo, Suso, Xabi, Lamas, Vigo, Dani, Manolo, Paulo, Toni, Rodri e Ivan.

Partido case perfecto do Furia que, de estar mais atinados, puido golear o peleón equipo do Bugallido. Unha defensa impecable, un medio do campo moi traballador e unha dianteira moi rápida foi suficiente para que os chavales que adestra Martín derrotaran con claridade ó equipo do “veterano” Pepiño ( todo un mito do fútbol de aldea). Abriu a lata Manolito e, despois dunha fermosa xogada, marcou o segundo Xabi Cotón “Cassano”. E así fomos para o descanso. No comezo da segunda máis do mesmo. E veña, e veña, e veña, e o Bugallido a defender, e o Furia a atacar hasta que entrou o terceiro por medio de Tito. O Bugallido, que puido levar unha tunda, acabou recibindo o cuarto nunha internada pola banda de Adrián Ferro que meteu o “pase da morte” para que remachara á porta Rubén Lorenzo. Un bonito gol. Domingo temos que desprazarnos a Ribasar, logo se chega, para disputar, o que parece ser, o partido da xornada. O partido está para as 16.00 horas. Bicos a Manolo.

XUVENÍS: FURIA- AGOLADA (1-1)

Alineacións:

Furia: Adrián Temperán (2), Quique (2), David (2), Brais Kuric (2), Pablo (2), Brais Calvo (2), Pepe (2), Pascolo (2), Adriansinho (3), Pipe (3), Adrián Santos (2)—–Jonni (2), Miguel (1), Álex (1).

Agolada: Carlos, Marcos, Ismael, Xoán Manuel, Dani Fernández, Dani Sobrado, César, Xosé, Ricardo, Diego, Xoan—Marcos Vilar e Diego Méndez.

Colexiado: Rubén Maquieira Otero. Amosou a súa calidade. Moi boa arbitraxe, sen nengún tipo de problema. Si sigue así pode chegar lonxe no mundo da arbitraxe.

Incidencias: Bastante público nunha tarde infernal, con moita chuvia.

A crónica: Enorme partido do noso equipo, que conseguiu o primeiro punto da temporada contra pronóstico, xa que se enfrontaban ó primeiro clasificado. Fixeron un gran partido. Adiantáronse no marcador cun bonito gol de Pepe, e solo faltando cinco minutos para o pitido final, o Agolada, marcaba nun lanzamento de falta que sorprendía ó novo porteiro dos xuvenís, Adrián Temperán, que a pesar do gol demostrou que posiblemente se acabaran os problemas na portería do noso equipo. Gran partido de Adriansinho, Pipe e en xeral de todo o equipo, que mereceu a vitoria. Si seguen así, chegará pronto. O vindeiro sábado, desprázanse a Brión para enfrontarse ó Bastavales,  as 6 da tarde. Alí podería chegar.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

6 thoughts on “XORNADAS DO 30 E 31 DE OUTUBRO ( VÍSPERAS DA FEIRA DE MONTERROSO )

  1. Tengo que protestar energicamente. El pasado martes me digné a escribir en estos maravillosos comentarios y no ha aparecido mi alias, sino el nombre de furiaac. Me gustaría que esto no volviese a suceder- Muchas gracias

Deixa una resposta a mack Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *