XUNTANZA FESTEIRA PARA RECIBIR O 2011

Última hora. Ó non poder celebrarse na “Casa de Cultura” de Campaña – ó parecer por motivos técnicos, administrativos ou de interpretación – indagamos, como non ía ser menos, outra alternativa e, como nas “películas de vaqueiros” sempre gana o artista, aquí tamén. Buscamos outro sitio : chama aquí, chama alá, chámalle a túa prima, chámalle a teu cuñado, chámalle a meu cuñado, chámalle a teu tío, chámalle a túa tía, chámalle a ….. a ese non lle chames que un “fillo da gran p,,,,” e, así, ata que atopamos un sitio case perfecto. Gracias ós de Cortiñas e ó alcalde de Padrón. Tomade nota :  Será as 02.30 horas no “Local Social de Cortiñas” (Herbón – Padrón). Tan so hai que dispoñer de 10.00 €  e anotarse no sitio de costume, ou no número 659 89 35 89. Preguntar por “Bile”. Se todo vai normal seremos como unhas 150 persoas estupendas : Eles de negro “xamaicano”, elas de “palabra de honor” que, a nos particularmente, encántanos. Ventureiro 2011!!!! E para ti tamén, “fenómeno”.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *