III Partido Benéfico (02/01/2011)

Un ano máis celebrouse o xa tradicional partido benéfico de nadal. Este ano un dos equipos estivo capitaneado por Laura Chapas e Celia Peixinha, que non puido participar debido a unha inoportuna lesión no esternocleidomastoideo que se produciu na tarima do Bes a noite de fin de ano, mentres que no outro bando, o equipo do peto laranxa,  foron Bea Chapas e Mary as capitanas. Máis ben so Bea, xa que Mari quedou atrapada pola neve no aeroporto internacional JFK cando viña de Punta Cana de vacacións. Un saúdo Mari, vente con ben!

Partido disputado na tarde do domingo en Campaña ante un inmenso xentío que case fixo un gran atasco na pista paralela ó campo de fútbol. Moi boa recadación, tanto  as xogadoras como os xogadores, os árbitros, os adestradores e o público en xeral, tiveron que abonar dous euros para mercar comestibles para “Cáritas de Vilagarcía”. Informaremos no seu momento. Ó mellor do partido, o jrito de jerra do “tarsán” Capi, que incomprensiblemente foi considerado falta polo colexiado D. Jatiño. Dende esta páxina moitas gracias a todas e todos.

Colexiados : Xenaro Barreiro (1º parte) e Rubén Maquieira (2º parte). Case perfectos, por algo son primos.

Alineacións :

Amigas/os de “Bea” e “Mari” : Peixe, Patxi, Karembeau, Xabi, Rosario, Noelia, Perreta, Pablón, Tito, Flores, Susich, Liluu, Pistolas, Peke, Keko, Dani de Charo, Lucho,  Alfredo….Falta xente por anotar. Non nos acordamos. Se tendes interese avisade. Gracias.

Amigas/os de “Laura” e “Celia” : Manu, Lenka, Roni, Santi o Cabo, Dani de Rosario, Nevero, Olalla “Tumbi”, Jimmi, Álex, Polo, Laura Lila, Jeni, Nena, Ovi One Kenobi,  Lenko, Cacharís, Capirucho…. O mesmo de antes…..Avisade.

A ausencia de Mari foi moi ben substituida por Rochi, que demostrou as súas habilidades co balón nos pés. Sen embargo, non foi suficiente para dobregar ó equipo de Laura Chapas, que nos deleitou cun prodixioso despregue técnico, táctico, posicional, ofensivo e defensivo fronte ó que nada puido facer o equipo da súa irmán Bea.

O árbitro Sr. Xenaro, moi acertado ó sinalar un clarísimo penalti de Xavi Cotón ó tocar o balón ca man dentro da área. Foi Laura de Lilu a encargada de tiralo, moi axustado ó pau, pero debido a que a portería se moveu o balón foi fora por escasos milímetros. Na segunda metade resarciuse dando unha fabulosa asistencia de tacón, que non foi aproveitada.

As ocasións con máis perigo do equipo laranxa foron os tiros desde o medio do campo ou máis atrás de Xavi Cotón, mentreas que o equipo azul tocaba e tocaba chegando unha e outra vez á portería rival con sublimes desprazamentos de balón, especialmente na segunda metade, cando a entrada de Ali Lenka lle dou máis profundidade ó xogo.

Os goles do equipo de Mari e Bea foron anotados por Xabi Cotón e Keko os do equipo de Laura e Celia por Nevero, rematando un córner e por Manolo Pontellón, executando un lanzamento de falta “ó Cristiano Ronaldo”, fronte ó que nada pudo facer Peixe.

Nos penaltis veuse o talento desaproveitado de Polo baixo os paus, cunha excelente actuación. Santi o Cabo amosou a súa técnica marcando de tacón. Se segue así pronto haberá que chamarlle Santi “O Coronel”. Podédelo ver ó final do vídeo.

watch?v=6KuMFr3eCZ4

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *