XUVENÍS : VAL DO ULLA (5) – FURIA (1)  6 – I – 11

Campo de “O Coto” : Pobre entrada.

Árbitro : Manolo Taboada. Sen problemas.

Alineacións :

Val do Ulla : Adri, Xacobe, Veiga, Mario, Xoán, Paco, Furelos, Iván, Hector, Fran e Damián…….Vila e Cristian.

FURIA : Pablo, Diego, David, Brais, Brais Curiña, Álex, Pepe, Pascolo, Adrián, Pipe e Carlos P……..Paco, Carlos C., Serxio e Miguel.

Partido suspendido no seu dia por apagón eléctrico.

BENXAMÍNS : Furia – Rois, suspendido ata novo aviso. Próximo encontro : Bertamiráns “B” – Furia, sábado 15, hora 10.00, en Bertamiráns (Ames).

INFANTÍS : Furia – Calo, suspendido ata novo aviso. Próximo encontro : Callobre – Furia,  o sábado 15, as 11.00, en Callobre ( A Estrada).

XUVENÍS : FURIA (O) – DODRO (0) 8 – I – 11

Campo de Campaña : Mais ou menos os de sempre. Boa hora para xogar un “póker”.

Colexiado : Adiviña, adiviñanza ? Pois si, si señor, outra vez Vicente Fiel. Problemas? Os habituais : son rapaces.

Alineacións :

Furia : Tempi, Carlos C., Pepe, Pablo, Quique, Álex, Carlos P., Pascolo, Adrián, Brais “Ovi” e Brais “Curiña.

Dodro : Yupi, Fran, Martín, Álvaro, Rubén, Adrián, Heriberto, Roi, Iván, Batalla e Fabián….Diego e Álex.

Nótase a baixa forma de Pascolo, pensa mais na moza que no fútbol, e, así, non imos a ningunha parte, futbolisticamente falando, claro.

Próximo partido, final da primeira volta : Milladoiro – Furia, sábado 15, hora 11.00, campo de Biduido (Ames). Sorte.

AFICIONADOS : FURIA (6) – TORDOIA “B” (0)

Campo de Campaña : Demasiada xente xa. Non damos abasto, de seguir así vámonos poñer como burros. Gracias a todas e todos polo voso apoio. Ah!!!! Non se vos ocorra cobrar nada da Lotería, fainos moita falta a “mosca”…JE,je,je…

Colexiado : Romero Rama, de Esteiro – Muros, un do mais rico da súa terra. casou en casa grande. Bo chaval.

Alineacións :

FURIA : Peixe, Maleko, Miguel Rañó, Nena, Juanjo, Santi “Nevero”, Marcos, Manu, Tito, Diego e Álvaro.

Tordoia “B” : Toni, Suso, Roberto, Pepe, Estevo, Damián, Xoán, Carlos, Waldo, Martín e Xoán B……..Rama, Adrián, Chalo, Xosé e Nando.

Comentario : Non hai moito que dicir. O Furia foi moi superior o xoven equipo do Tordoia, que tivo un comportamento exquisito, e así quedou reflexado no marcador final. Hai que resaltar o golazo de Santiago Agrasar “Nevero” que, dende fora da area, agarrou un disparo tremendo que se colou pola escuadra da meta defendida polo bo de  Toni Couselo. Os mais vellos do lugar xa non se lembran da última vez que “Nevero” marcou un gol, a ver se segue a racha. Os outros cinco foron marcados por : Marcos, Manu, Álvaro e “Parrulo” (2).

Rematou a primeira volta sendo lideres e, de seguir así na segunda, seríamos campións, ( nin que o dixera Valdano), pero hai moito que remar e de carallos está o mundo cheo. Gracias por facernos felices.

Comeza a segunda volta e recibiremos o BIDUIDO este domingo, as 16.00 horas, en Campaña. Esperamos, como xa é norma, un cheo absoluto. Veña, non te despistes e avisa a todo mundo.