XORNADAS DO 15 E 16 DE XANEIRO (PUBLÍCASE A 1ª EDICIÓN DE DON QUIXOTE. ANO DE 1605)

BENXAMÍNS : BERTAMIRÁNS “B” (13) – FURIA (0)

Campo Municipal de Ames. Boa temperatura.

Colexiado :Miguel A. Castro, moito futuro.

Alineacións :

Bertamiráns “B” : Pepe, Xoán, Carlos, Adrián, Pedro, Alfonso, Fabricio, Xacobe, Mateo, Oscar, Nando e Lloni.

Furia : Matías, Álex, Isaac, Brais, Xabi, Leandro, Edgar, Laura, Salva e Martín.

Non puido o Furia nin co rival nin co horario, as 10.00, así que tocou diversión. O rematar o partido houbo bocadillos e refrescos para todos.

O vindeiro sábado, as 15.00, recibiremos en Campaña o Bertamiráns “D”. Alegría.

INFANTÍS : CALLOBRE (8) – FURIA (0)

Campo de Callobre. Terreo irregular, prexudicando notablemente o xogo do Furia.

Colexiado : Miguelez Graña, case perfecto.

Alineacións :

Callobre : Adrián, Damián, David, Pedro, Martín, Rafa, Nico, Estevo, Xoán, Álex e Cañete……Santi,Pepe, Samu, Porto e Sebas.

Furia : Dani, Franco, Xabi, Manu Busto, Salva, Rubén, Xoán, Manu Meniño, Pablo, Samuel e Luis……..Brais, Llonis, Lloni, Toni e Lucho.

Pouco se puído facer ante a maior envergadura dos xogadores do Callobre. Catro goles en cada tempo, como son dous, fan un total de oito. Non pasa nada, ven o Bastavales este sábado as 11.30 horas, e que siga a festa.

XUVENÍS : MILLADOIRO (3) – FURIA (1)

Campo de Bidudo, superficie en moi mal estado. Queixouse Pascolo.

Colexiado : Pablo Botana, ben colocado. Tal vez debería ter expulsado a algún que outro xogador do Milladoiro, son realmente de “armas tomar”.

Alineacións :

Milladoiro : Álex, Samuel, Christian, Carlos, Xabi, Xoán, Paco, Ponte, Miguel, Anxo e Alberto……..Waldir, Tito, Edgar, Molina e Muiño.

Furia : Tempe, Serxio, David, Quique, Pablo, Álex, Pepe, Pascolo, Paco, Pipe e Brais Calvo……Santos, Diego, Carlos, Xunior e Miguel.

Non houbo sorte. Empezamos perdendo dous a cero pero, un gol de Brais, fixo que a ilusión aumentara, ó poñernos 2 a 1, e que podiamos sacar algo positivo de esta visita, mais no tramo final unhas mans inocentes de Pablo fixeron penalti o cal , o Milladoiro, non desaproveitou para colocar o 3 a 1 no taboleiro. Temos que reseñar o curioso idioma que utilizan os xogadores do equipo do Milladoiro que ten un parecido maior co “mandingo” que co “castellano”. Este sábado comeza a segunda volta e descansamos, que boa falta nos fai.

3ª AUTONÓMICA : FURIA (3) – BIDUIDO (1)

Campo de Campaña, algo menos de 300 persoas.

Colexiado : Evaristo Cerbán, un vello coñecido. Notase que é de casa rica : está ben mantido. Puido deixar o Biduido con sete ou oito xogadores, non o fixo e por pouco “lía parda”. Moi bo chaval.

Alineacións :

Furia : Peixe, Juanjo, Patxi, Martín, Manu La Fuente, Santi Agrasar, Adrián, Maleko, Marcos, Diego e Álvaro…..Parrulo, Miguel, Adriansiño e Moncho Pistolas.

Biduido : Edu, Alberto, Xabi, Santi, Gustavo, Pepe, Mosqueira, Gederson, Paco, Pepe e Nieto…..Adrián e Miguel.

Comentario : Partido moi trabado por parte do Biduido que, na primeira metade, xa perdía dous a cero. Golazo de cabeza de Malequiño, a pase de Patxi, e outro de Álvaro. Na segunda metade mais do mesmo, gol de Parrulo, que fai o tres a cero, e o Biduido marca o gol da honra, de penalti, nas postrimerías do encontro. Temos que destacar  a actitude negativa de varios xogadores  do Biduido que, en vez de xogar ó fútbol, dedicáronse mais ó público. Unha pena. Domingo xogamos en Pazos, contra o equipo local, as 16.00 horas. E o segundo partido da segunda volta e, todo que sea puntuar e bo.

Nota : Os xogadores do Furia saltaron ó campo con camisetas de apoio para Adrián Martínez “Liluu” , que está hospitalizado dende o luns pasado. Ánimo “Adri”, que volvas pronto para a casa. Moitos bicos de toda a xente do Furia.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *