XORNADA DO 29 E 30 DE XANEIRO (UN MES MOI PELEÓN)

BENXAMÍNS : TORDOIA (4) FURIA (2)    (29 – I – 11)

Campo de Tordoia, pouco público.

Colexiado : Carlos Vilaverde, Sen problemas.

Alineacións :

Tordoia : Adrián, Pepe, Martín, Pablo, Samuel, Brea, Adan, Nicolás, Álex, Ánxela e Lamas.

Furia : Matías, Álex, Isaac, Brais, Xavi, Martín, Edgar, Laura, Yessica, Leandro e Salva.

Comentario : Case salta a lebre. Nun dos campos mais difíciles os chavales de Polo case conseguen remontar o partido. Despois de ir perdendo 3 a 0 , o Furia marcou dous goles por medio de Leandro e Álex, e no remate do encontro o Tordoia marcou o carto e definitivo. Estivo o equipo moi ben.

Furia (0) – Rois (14) (30 – I -11)

Campo de Campaña, moi bo ambiente.

Colexiado : Iván Martínez, moi bo chaval.

Alineacións :

Furia : Matías, Álex, Isaac, Brais, Xavi, Martín, Edgar, Laura, Yessica e Leandro.

Rois : Aaron, Nicolás, Martín, Raúl, Abel, Pablo, Clemente, Serxio, Brais, Dani e Manolo.

Comentario : Partido que fora aprazado no seu día por inclemencias meteorolóxicas. Agradecemoslle ó Rois a súa boa disposición. Moi superior o equipo coruñés e así o demostra na clasificación. Ninguén levou un golpe.

Próximo encontro : Informaremos.

INFANTÍS : DUBRA (14) – FURIA (0)

Campo da Telleira, moito frío.

Colexiado : Vicente Fiel, como da familia.

Alineacións :

Dubra : Adrián, Pepe, Álex, Iago, Ana, Martín, Jenni, Xabi, Borxa, Pablo e Serxio…..Xoán, Muíño, Canedo e Miguel.

Furia : Dani, Franco, Xabi, Manu Busto, Salva, Rubén, Pablo, Héctor, Lucho, Samuel e Luis…..Álex, Brais e Toni.

Comentario : Tal vez o viaxe en autobús debilitou as forzas dos nosos, que saltaron ó campo como medio apampanados. Nin sequera “Lucho” foi quen de ampliar a súa particular conta goleadora; outro día será.

Próximo encontro : Furia – Oroso, sábado 5, hora 11.30, campo de Campaña.

XUVENÍS : CRUCES (3) – FURIA (0)

Campo das Cruces. Catro amigos.

Colexiado : Diego Otero. Moi boa colocación.

Alineacións :

Cruces : Non se entende a acta.

Furia : Tempe, Serxio, David, Quique, Pablo, Álex, Adrián, Pascolo, Potel, Brais e Cascallar…….Junior, Diego, Miguel, Paco e Xosé.

Comentario : Bastaron os primeiros 20 minutos para sentenciar o partido o Cruces. O Furia presentouse practicamente co equipo “B” pois, cinco dos titulares, foron convocados co equipo de modestos.

Próximo encontro : Furia –San Mamede, sábado 5, hora 16.15, Campo de Campaña.

AFICIONADOS : FURIA (4) – VEA (1)

Campo de Campaña : A tope, case non colle mais xente.

Colexiado : Pepe González, non tivo traballo.

Alineacións :

Furia : Carlos, Juanjo, Miguel, Martín, Manuel, Santi, Adrián, Manolito, Patxi, Diego e Álvaro……Pepe, Adriansiño, Pipe e Marcos.

Vea : Toni, Iván, Guillermo, Dani, Mikel, Álex, Nando, Xavi David e Luis….Daniel e Pepe.

Comentario : Partido moi pelexado polo Vea que , a pesar do resultado, traballou ata o final. Goles marcados por Álvaro (2), Manolito e Marcos. O tanto do Vea foi unha autentica obra de arte o rematar en volea un golpe perfecto o xogador David cando o partido xa se acababa. Manolito fallou outro penalti. A ver se metes o próximo.

O domingo que ven temos un duro desprazamento a Recesende, o único equipo que puntúo en Campaña, polo que vos pedimos o voso apoio. Se puntuamos teremos moito camiño andado e esperamos que así sexa. Ánimo para todos. Supoñemos que será as catro da tarde.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

6 thoughts on “XORNADA DO 29 E 30 DE XANEIRO (UN MES MOI PELEÓN)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *