XORNADAS DO 5 E 6 DE FEBREIRO (NACEMENTO DE BOB MARLEY NO 1945)

BENXAMÍNS : FURIA – MILLADOIRO (0 -5)

Campo de Campaña : Gran afluencia de público.

Colexiado : Xosé Carlos  “Melenas”  Sabarís. Moi bo arbitraxe. Moito, moitisimo pelo.

Alineacións :

FURIA : Matías, Álex V., Isaac, Brais, Xavi, Martín, Edgar, Laura, Jesica, Leandro e Alex R.

MILLADOIRO : Aitor, Pablo, Dani, Alberto, Pedro, Florín, Raúl, Roque, Lucas, Brais, Noel e Aaron.

COMENTARIO : Partido moi disputado polos dous equipos pero, a maior fortaleza dos visitantes, fixo imposible que as nenas e nenos que adestra “Polo” foran capaces de anotar.

O sábado 12, sobre as 11.30, en Ribadulla (Vedra),  Val do Ulla – FURIA. Sorte !!!

INFANTÍS : FURIA – OROSO (1-4)

Campo de Campaña : Pouco follón.

Colexiado : Xulio Martínez : Que lle dean un “Oscar” !!!!! Moi bo.

Alineacións :

FURIA  / OROSO : Non se entende o texto na acta. Sentímolo moito. Tendes que desculparnos.

Próximo encontro : Sábado 12, as 11.30 horas , Campo de Reis, Praíña – Furia.

XUVENÍS : FURIA – SAN MAMEDE (3 – 1)

Campo de Campaña : Moito ambiente xa que cadrou cos benxamíns.

Colexiado : Adiviña, adiviñanza ?……..Pois si, outra vez Vicente Fiel ( a ver se compra casa aquí ), pero desta volta sen problemas.

Alineacións :

FURIA : Tempe, Quique, David, Brais “Ovi”, Pablo, Álex, Pepe, Pascolo, Santos, Pipe e Brais “Curiña”………Carlos Potel e Paco.

San Mamede : Xoán, Álvaro, Manolo, Gabri, Aitor, Rodri, Diego, Pepe, Adrián, Paco e Miguel……Gonzalo, Brocos e Martín.

COMENTARIO : Moi ben plantado tacticamente o Furia, con un claro 4-5-1-1, que despistou por completo o bravo equipo de Vedra. Notouse a velocidade de Pascolo, é evidente que o Estradense aperta, converténdose no mellor xogador do partido e, polo efecto dominó, da xornada. Goles de David, Pascolo e Pipe. E veña…….sábado outra vez. Alegría !!!

Volvemos a xogar na montaña, esta vez contra o Agolada, no Campo de Santiso ( a terra de Piluca ), as 12.00 horas. Abrigarse ben que case sempre fai moito frío. Moitos bicos para Santiso, unha terra encantadora.

AFICIONADOS : RECESENDE – FURIA (2 – 1)

Campo da Devesiña – Recesende : A beira de 400 persoas. Boa tarde para xogar ó fútbol.

Colexiados : Logan San Pedro, auxiliado por Alén Garcia e Manolo Fernández. Reclamóuselle o segundo gol do Recesende por posible fora de xogo.

Alineacións :

RECESENDE : Luís, Adrián, Roberto, Xulio, Pablo, Pepe, Álex, Gustavo, Paco, Carlos e Iglesias…..Cutrín.

FURIA : Peixe, Martín, Patxi, Manolo, Juanjo, Santi, Adrián, Manolito, Tito, Diego e Álvaro…..Cassano e Malekiño.

Comentario : Algún día tiña que saír o peor partido da temporada e foi precisamente no peor momento; de non perder teriamos moito feito, de gañar case o tiñamos e ó perder hai que seguir remando moi duro. Quedan 30 puntos en xogo e calquera cousa é posible, levámoslle 5 puntos ó segundo ( Recesende ) e 8 ó terceiro ( Cacheiras ), recordando que soben os dous primeiros, `polo que temos que xogar cada partido como se fose unha final. O Furia xogou moi incomodo, a pesar da gran cantidade e calidade de aficionados que foron a animar, e encaixou un gol nun pequeno erro de peixe. Non tardaría Adrián Ferro en empatar con un soberbio gol, deixando as cousas en tablas para o descanso. Na segunda parte foi o equipo de Teo o que se levou o gato a auga ó marcar o segundo gol a falta de 15 minutos. Cando estaba a rematar o partido e, nun claro contragolpe do Furia, un espectador local, como xa fixera na temporada pasada, fixo soar un “pito”  quedándose tódolos xogadores parados como se pitase o árbitro. “Tararí que te ví” e o Recesende, con solo tres tiros á portería, conseguiu os tres puntos e, aparte, unha magnifica recadación.

Non pasa nada, temos aínda algún marxe, e domingo visitamos un dos campos mais horribles que existen no fútbol : Rarís. Partido as 16.15 e esperamos que non chova. Ánimo e a polos tres puntos.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *