XORNADAS DO 12 E 13 DE FEBREIRO

AFECCIONADOS: RARÍS-FURIA (3-4)

Alineacións:

Rarís: Marcos, Josete, Diego, Xurxo,Antonio, Óscar, Mario, Xoan, Ferreira, Rubén, Pablo—-Xacobe, David e Manolo.

Furia: Peixe (3), Rañó (1), Patxi (2), Nena (2), Juanjo (2), Nevero (3), Ferro (2), Xabi (3), Manolito (3), Melenas (2), Tito (1)—-Malekinho (2), Marcos (1), Parru (1) e Ronaldinho (1).

Colexiado:

Xosé Luis Rives Pena. Na súa liña habitual. Parese ser que por ahora non vai ser noso vesiño. Unha pena.

Incidencias:

Campo de As Medas-Rarís. Moitos afeccionados do Furia, que por suposto, fixéronse notar. A tarde prometía ser desapacible, pero o tempo respetou máis ou menos unha tarde moi bonita de fútbol.

A crónica:

Sinxelamente un gran partido de fútbol. Incluso poderíamos dicir que a primeira  metade foi espectacular, onde se marcaron os sete tantos do encontro. Pero a segunda metade, aínda que non houbo ningún tanto máis, puideron marcarse moitos máis, xa que os dous equipos entregáronse, tiveron infinidade de ocasións e xogaron ó ataque total. Comezou moi mal o partido, xa que no primeiro minuto adiantouse cun golazo cun disparo impresionante dende fora da área, ante o que nada puido facer Peixe. Pero ós 10 minutos, o Furia xa estaba diante no marcador con dous goles de Manolito (un de penalti, por fin) demostrando que este chaval, rinde en calquera posto e moi ben (onte xogou de dianteiro centro). Dende aí, a tolemia: empate do Rarís, adiántase o Furia cunha maravilla de gol de Xabi, volta a empatar o equipo local, e faltando pouco para acabar a primeira metade, o que sería o definitivo 3-4 cun gol de Tito, logo dunha maxistral xogada colectiva. Importantísima a victoria, en pos do obxetivo desexado. O vindeiro domingo, en Campaña, ás 4 e cuarto,  temos un partido que case se podería calificar de vital, xa que recibimos ó Rois, que virtualmente é o equipo que está en terceira posición. Así que xa sabedes afección, o domingo o equipo necesita todo o apoio posible. A victoria sería clave.


MANOLITO MARCA O SEGUNDO GOL EN RARIS

SIAREIROS DO FURIA EN ACTITUDE CONTEMPLATIVA EN RARIS

O PARAGUAS E O NENO OS MAIS RESPONSABLES DO GRUPO


XUVENÍS: AGOLADA-FURIA (4-1)

Alineacións:

Agolada: Anxo, Xoan, Ismael, Xoan Manuel, Daniel, Xesús, César, Rubén, Ricardo, Cristobal, Xaquín—–Marcos, Héctor, Diego e Pereiro.

Furia: Tempe (1), Serxio (3), Carlos (2), David (3), Pablo (1), Pascolo (1), Santos (2), Potel (2), Xosé (2), Pipe (2), Pepe (1)—–Fran (1), Miguel (1), Jonni (1), Diego (1) e Bille (1).

Colexiado:

Xosé Luís Miguélez Granxa. Bo  arbitraxe. Sen ningún problema.

Incidencias:

Campo Municipal de Santiso. Pouco público, nunha mañá sorprendentemente moi agradable.

A crónica:

Que inxusto é a veces o fútbol. O que non vise o encontro, pode pensar que foi un partido fácil do equipo local. Todo o contrario. Si algún equipo mereceu a victoria foi o Furia. Nunha primeira metade non demasiado boa, onde os nosos recibiron un gol no primeiro minuto, nun fallo de concentración, e o segundo moi rápido; pouco a pouco foron asentándose e tomando o mando do encontro, recortando diferencias cun bonito tanto de Adrián Santos. Logo do descanso o encontro foi totalmente do Furia. Pechou ó equipo local na súa área, pero non tivo sorte nos moitos remates que fixo á portería.  E así a 10 minutos, unha falta que sacou maxistralmente o equipo local chegaba o inxusto terceiro gol. O noso equipo lanzouse á desesperada, e nunha contra, chegou o castigo inxusto do cuarto gol. A pesar do resultado, fixeron un bo partido. Levan dous encontros demostrando que merecen moito máis. Si seguen así, veremos pronto o resultado con moitos puntos máis no seu casilleiro. O vindeiro sábado, en Campaña, ás 4 e cuarto reciben a un dos equipos fortes da categoría, o Bastavales. Seguro que nos sorprenden cun gran resultado. Forza chavales.

INFANTÍS: PRAÍÑA-FURIA (APRAZADO)

O vindeiro sábado ás 11 da mañá en Campaña, reciben ó sempre difícil Bertamiráns.

BENXAMÍNS:VAL DO ULLA-FURIA (11-4)

Alineacións:

Val do Ulla: Francisco, Fran, David, Serxio, Alberto, Brais, Diéguez, Riera, Unai, Alejandro, Pablo e Devide.

Furia: Matías (2), Álex (3), Isaac (2), Brais (2), Edgar (2), Laura (2), Yessica (2), Leandro (2) e Martín (2).

Colexiado:

Xosé Manuel Vázquez Romero. Desapercibido.

Incidencias:

Campo de Vedra. Bastante público, nunha tarde moito frío.

A crónica:

Aínda que o resultado foi un pouco abultado, para os merecementos dos dous equipos; hai que destacar que os nos@s pequech@s van cada día a máis. Nótase a man de Polo, e non dubidamos que en pouco tempo estes chavales van a ser un equipo campeón. Teñen moito futuro e cada partido demostran que a nosa canteira ten un futuro moi prometedor. O próximo sábado  en Campaña, posiblemente ás 3 da tarde, reciben ó sempre difícil Dubra. Moita sorte nen@s.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

8 thoughts on “XORNADAS DO 12 E 13 DE FEBREIRO

  1. onte xuntaronse as afeccions mais trompas da categoria con diferencia cos seus maximos exponentes matias(vilanova)e o gran jesus de raris parebens pos 2 por non deixar que pouse o cafe co caña na barra. un abrazo pos dous.

  2. hola boludos!
    xo quería desir quel futbol es de lo futboliiistas!!,que me desís vós de jesú o mati, ellos no saben lo que es un balón,no sienten lo que siente un futbolista en una cancha como “RARÍS”,xo sí!!, que xa sé lo ques jugar en la “BOMBONERA” o en “LA FORTALEZA” de Lanús. no digamos más pelotudeses!!vení,vení,…canta conmigo que …

  3. Tendes que dicirlle a Jesus de Elisa que vos monte unha cantina en Campaña, así xa non tendes que emigrar a outros campos a poñerse como cosacos. Saúdos a Maragarita e ó Loco.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Connect with Facebook