AFECCIONADOS: RARÍS-FURIA (3-4)
Alineacións:
Rarís: Marcos, Josete, Diego, Xurxo,Antonio, Óscar, Mario, Xoan, Ferreira, Rubén, Pablo—-Xacobe, David e Manolo.
Furia: Peixe (3), Rañó (1), Patxi (2), Nena (2), Juanjo (2), Nevero (3), Ferro (2), Xabi (3), Manolito (3), Melenas (2), Tito (1)—-Malekinho (2), Marcos (1), Parru (1) e Ronaldinho (1).
Colexiado:
Xosé Luis Rives Pena. Na súa liña habitual. Parese ser que por ahora non vai ser noso vesiño. Unha pena.
Incidencias:
Campo de As Medas-Rarís. Moitos afeccionados do Furia, que por suposto, fixéronse notar. A tarde prometía ser desapacible, pero o tempo respetou máis ou menos unha tarde moi bonita de fútbol.
A crónica:
Sinxelamente un gran partido de fútbol. Incluso poderíamos dicir que a primeira metade foi espectacular, onde se marcaron os sete tantos do encontro. Pero a segunda metade, aínda que non houbo ningún tanto máis, puideron marcarse moitos máis, xa que os dous equipos entregáronse, tiveron infinidade de ocasións e xogaron ó ataque total. Comezou moi mal o partido, xa que no primeiro minuto adiantouse cun golazo cun disparo impresionante dende fora da área, ante o que nada puido facer Peixe. Pero ós 10 minutos, o Furia xa estaba diante no marcador con dous goles de Manolito (un de penalti, por fin) demostrando que este chaval, rinde en calquera posto e moi ben (onte xogou de dianteiro centro). Dende aí, a tolemia: empate do Rarís, adiántase o Furia cunha maravilla de gol de Xabi, volta a empatar o equipo local, e faltando pouco para acabar a primeira metade, o que sería o definitivo 3-4 cun gol de Tito, logo dunha maxistral xogada colectiva. Importantísima a victoria, en pos do obxetivo desexado. O vindeiro domingo, en Campaña, ás 4 e cuarto, temos un partido que case se podería calificar de vital, xa que recibimos ó Rois, que virtualmente é o equipo que está en terceira posición. Así que xa sabedes afección, o domingo o equipo necesita todo o apoio posible. A victoria sería clave.
MANOLITO MARCA O SEGUNDO GOL EN RARIS
SIAREIROS DO FURIA EN ACTITUDE CONTEMPLATIVA EN RARIS
O PARAGUAS E O NENO OS MAIS RESPONSABLES DO GRUPO
XUVENÍS: AGOLADA-FURIA (4-1)
Alineacións:
Agolada: Anxo, Xoan, Ismael, Xoan Manuel, Daniel, Xesús, César, Rubén, Ricardo, Cristobal, Xaquín—–Marcos, Héctor, Diego e Pereiro.
Furia: Tempe (1), Serxio (3), Carlos (2), David (3), Pablo (1), Pascolo (1), Santos (2), Potel (2), Xosé (2), Pipe (2), Pepe (1)—–Fran (1), Miguel (1), Jonni (1), Diego (1) e Bille (1).
Colexiado:
Xosé Luís Miguélez Granxa. Bo arbitraxe. Sen ningún problema.
Incidencias:
Campo Municipal de Santiso. Pouco público, nunha mañá sorprendentemente moi agradable.
A crónica:
Que inxusto é a veces o fútbol. O que non vise o encontro, pode pensar que foi un partido fácil do equipo local. Todo o contrario. Si algún equipo mereceu a victoria foi o Furia. Nunha primeira metade non demasiado boa, onde os nosos recibiron un gol no primeiro minuto, nun fallo de concentración, e o segundo moi rápido; pouco a pouco foron asentándose e tomando o mando do encontro, recortando diferencias cun bonito tanto de Adrián Santos. Logo do descanso o encontro foi totalmente do Furia. Pechou ó equipo local na súa área, pero non tivo sorte nos moitos remates que fixo á portería. E así a 10 minutos, unha falta que sacou maxistralmente o equipo local chegaba o inxusto terceiro gol. O noso equipo lanzouse á desesperada, e nunha contra, chegou o castigo inxusto do cuarto gol. A pesar do resultado, fixeron un bo partido. Levan dous encontros demostrando que merecen moito máis. Si seguen así, veremos pronto o resultado con moitos puntos máis no seu casilleiro. O vindeiro sábado, en Campaña, ás 4 e cuarto reciben a un dos equipos fortes da categoría, o Bastavales. Seguro que nos sorprenden cun gran resultado. Forza chavales.
INFANTÍS: PRAÍÑA-FURIA (APRAZADO)
O vindeiro sábado ás 11 da mañá en Campaña, reciben ó sempre difícil Bertamiráns.
BENXAMÍNS:VAL DO ULLA-FURIA (11-4)
Alineacións:
Val do Ulla: Francisco, Fran, David, Serxio, Alberto, Brais, Diéguez, Riera, Unai, Alejandro, Pablo e Devide.
Furia: Matías (2), Álex (3), Isaac (2), Brais (2), Edgar (2), Laura (2), Yessica (2), Leandro (2) e Martín (2).
Colexiado:
Xosé Manuel Vázquez Romero. Desapercibido.
Incidencias:
Campo de Vedra. Bastante público, nunha tarde moito frío.
A crónica:
Aínda que o resultado foi un pouco abultado, para os merecementos dos dous equipos; hai que destacar que os nos@s pequech@s van cada día a máis. Nótase a man de Polo, e non dubidamos que en pouco tempo estes chavales van a ser un equipo campeón. Teñen moito futuro e cada partido demostran que a nosa canteira ten un futuro moi prometedor. O próximo sábado en Campaña, posiblemente ás 3 da tarde, reciben ó sempre difícil Dubra. Moita sorte nen@s.
onte xuntaronse as afeccions mais trompas da categoria con diferencia cos seus maximos exponentes matias(vilanova)e o gran jesus de raris parebens pos 2 por non deixar que pouse o cafe co caña na barra. un abrazo pos dous.
hola boludos!
xo quería desir quel futbol es de lo futboliiistas!!,que me desís vós de jesú o mati, ellos no saben lo que es un balón,no sienten lo que siente un futbolista en una cancha como “RARÍS”,xo sí!!, que xa sé lo ques jugar en la “BOMBONERA” o en “LA FORTALEZA” de Lanús. no digamos más pelotudeses!!vení,vení,…canta conmigo que …
Tendes que dicirlle a Jesus de Elisa que vos monte unha cantina en Campaña, así xa non tendes que emigrar a outros campos a poñerse como cosacos. Saúdos a Maragarita e ó Loco.
pero quen e ese JESUS DE ELISA o dono do telderete ou que carallo! ese claro como xa trae o pelotaso da casa non lle fai falta non?
ostia! si me dixeron que chucho xa non bebia! que desilusion!
Quen me dera poder entendervos, é unha pena que non haxa “cosacos” en Campaña.Se queredes beber sei de que ten unha fonte…..
Se queredes beber como “cosacos” sei de quen ten unha boa fonte….
como le va a Manolo? alguien sabe de él?