XORNADAS DO 19 E 20 DE FEBREIRO (DOMINGO “OLEIRO” EN XINZO DE LIMIA)

CATEGORÍA BENXAMÍN : FURIA (2) – DUBRA (10)

Campo de Campaña : Ambiente agradable e distendido.

Colexiado : Rives Pena, un tipo peculiar.

Alineacións :

Furia : Matías, Álex, Isaac, Brais, Edgar, Laura, Martín F., Martín C., Jessi, Xabi, Salva e Álex Tarrío.

Dubra . Alberte, Lucas, Rodri, Fabián, Xaquín, David, Pablo, Álex, Xabi, Simón e Noia.

Partido moi elaborado por parte do Furia, que a pesar dos goles marcados por Edgar e Álex Vidal, non foi quen de rentabilizalos e ó final aos tres puntos fóronse para a terra dos “Baleatos”. Outra vez será.

O sábado 26 xogaremos de novo en Bertamiráns.

CATEGORÍA INFANTIL : FURIA (1) – BERTAMIRÁNS (10)

Campo de Campaña : Pouco público.

Colexiado : Michael (Miguel) Martín : Como Turienzo Álvarez.

Alineacións :

Furia : Dani, Franco, Rubén, Manu Busto, Xabi, Manu Meniño, Pablo, Brais, Lucho, Samuel e Luis…..Héctor e Lloni.

Bertamiráns : Santi, Mario, Anxo, Afonso, Bili, Íñigo, Diego,  Xoán, Luís, Rubén e Adrián……Álex, Blanco, Arnau, Anxo e Fernando.

Un gran derroche físico, por parte do Bertamiráns, foi suficiente para aplacar as gañas dos chavales de Tito que, a pesar do gol de Manu Busto, non foron capaces de resistir o vendaval visitante.

Próximo encontro en Bertamiráns, sábado 26, contra o Ames. A ver se hai mais sorte.

CATEGORÍA XUVENIL : FURIA (4) – BASTAVALES (2)

Campo de Campaña : Unhas 51 persoas.

Colexiado : Rives Pena, outra vez.

Alineacións :

Furia : Tempi, Serxio, Pepe, David, Quique, Álex, Adrián, Brais C., Santos, Pipe e Brais Curiña…..Diego, Paco e Pablo.

Bastavales : Manolo, Pepe, Álex, Suso, Ricardo, David, Serxio, Diego, Rubén, Pablo e Álvaro…….Rodri, Gonza e Miguel.

O cambio táctico por parte de “Peque” e “Suso” despistou por completo a propios e estraños; unha defensa de 5, un medio do campo de 4,un abrelatas como Santos e dous penaltis fallados por parte do Bastavales foron suficientes para que o Furia gañase o seu segundo partido da temporada. Os goles de Santos (2), Pipe e o golazo de Brais Curiña fixeron xustiza no resultado final. Parabéns para todos.

O vindeiro sábado viaxamos a Callobre, un óso duro de roer, como tódolos ósos. Xa avisaremos da hora.

CATEGORÍA AFICIONADOS : FURIA (0) – ROIS (0)

Campo de Campaña : Moi poucas butacas libres nunha tarde estupenda pois, por exemplo, para ir comer unhas troitas a Sigüeiro. Bastante boa recadación, unha pena que non haxa cantina. A ver para o ano.

Colexiados : Xosé Pita, auxiliado por Santi Rivas e Miluco López : Un trío histórico. Moi bo arbitraxe, aínda que o corpo técnico local queixouse de cortar demasiado o xogo.

Alineacións :

Furia : Peixe, Maleko, Patxi, Nena, Juanjo, Nevero, Xabi, Manolito, Tito, Diego e Álvaro……Adrián, Marcos e Moncho “Pistolas”.

Rois : Xoán, Rodri, Iván, Carlos, Tucho, Diego, Carlos G., Rafa, Pedro, Pablo e Xosé………Pepe, Mario, Baleirón, Paco e Ferro.

Duro, duro, duro. É a mellor maneira de identificar este partido. Duro no aspecto de que a primeira metade foi do Rois que, con dúas paradas formidables de Peixe, non se adiantou no marcador de milagre. Duro porque a segunda metade foi do Furia xa que, tanto Tito nun bonito ataque , como Juanjo no remate dun córner, non foron quen de matar o partido. E duro, porque nos marchan dous puntos, os segundos, o que fai que nos teñamos que aplicar a tope nos oito partidos que quedan. Ten moita salsa esta liga e hai moito que traballar. O Rois, para os redactores desta páxina foi , posiblemente, o mellor equipo que pasou por Campaña; a proba é que tan solo perdeu dous partidos e, de gañar, xa nos estaría facendo sombra. Que teñan sorte e, por suposto, nos tamén.

Domingo imos de visitantes ó campo do Bugallido, un equipo que na primeira volta venceu ó Recesende (1 – 0).  Conta cun dos adestradores mais característicos do fútbol da comarca do Sar : Pepiño. Así que “ollo ó piollo”. Sorte !!!!

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

7 thoughts on “XORNADAS DO 19 E 20 DE FEBREIRO (DOMINGO “OLEIRO” EN XINZO DE LIMIA)

  1. Toume dando conta dunha cousa,o Furia ca plantilla ke ten desde porteria,defensa,medio e delantera faino campeon calkera asike o entrenador ke pinta fasendose o importante e o final el solo perde os partidos !Fuera!

  2. tendes bastante rason, sobre todo meu querido amigo Chucho. hai que xogar mellor co equipo que hai. e o tema de si llegaron a … si llegaron … por aquí non vín a ninguén aínda,jojo. vemonos no rouxel,tamara,pirata,jasolinera,eudosia,criollo,na de pancho,jose,potel,maná,couceiro,frenazo,comparada ou bar alba. chau

Deixa una resposta a dani el hermoso Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Connect with Facebook