XORNADAS DO 26 E 27 DE FEBREIRO ( DOMINGO “CORREDOIRO” EN XINZO DE LIMIA )

BENXAMÍNS : BERTAMIRÁNS (23) – FURIA (0)

Campo de Bertamiráns : Bastante barullo.

Colexiado : Evaristo Cerbán, amigo de todos.

Alineacións :

Bertamiráns : Álex, David, Pablo, Mario, Martín, Anxo, Nico, Santi, Dani, Iván, Prieto e Felipe.

FURIA : Matías, Álex, Isaac, Brais, Edgar, Laura, Martín e Yessi.

Comentario : Entre a excursión ó Pirineo e unhas cantas “gastroenterites”, o Equipo de “Polo” chegou a este partido moi debilitado, polo que non puido facer moito mais.

Este sábado pola mañá recibimos ó Bertamiránas “C”. Sorte.

 

INFANTÍS : AMES (18) – FURIA (0)

Campo de Bertamiráns : Mais ou menos a mesma xente que no partido de benxamíns.

Colexiado : Outra vez o noso amigo Evaristo Cerbán, pitou sen baixar do autobús.

Alineacións :

Ames : Raúl, Martín, Xabi, Álex, Iván, Brais, Iago, Amaro, Santi, Pablo e Carlos……. I. Martínez, Diego, Brañas e Kawa.

FURIA : Dani, Franco, Rubén, Manu Busto, Xabi, Luís, Xoán, Brais, Lucho, Héctor e Samu…..LLoni e Llonis.

Comentario : Nótase o mal momento polo que está a pasar “Lucho”, o noso goleador,  xa que non lle marcamos un gol nin ó “arco da vella”.

Sábado pola mañá visitaranos o Cacheiras “B”. A ver se hai mais alegría. Informaremos.

XUVENÍS : CALLOBRE (4) – FURIA (0)

Campo de San Martiño, 32 persoas no momento de máxima presencia. Había un tipiño cun cabaliño.

Colexiado : Alberto Leira, de Lalín, moi pendente do “cocido”.

Alineacións :

Callobre : Martín, Iago, Álex, Miguel, Carlos, Xacobe, Loureiro, Xurxo, Adrián, Andrés e David……..Pereira, Rafa, Carracedo, Porto e Castro.

FURIA : Tempe, Serxio, Pepe, David, Quique, Álex, Pascolo, Brais “Ovi”., Santos, Pipe e Brais “Curiña”………. Miguel, Carlos, Potel, Pablo e Paco.

Comentario : Sobraron os primeiros 20 minutos. A defensa do Furia estaba despistada e, nun “plis-plas”, o Callobre marcou tres goles e así fomos ó descanso. No comezo da segunda, nun man a man, puido marcar Pascolo o 3 a 1, pero fallou ó estilo “Manolito”, o do Madrí, e así nos foi  hasta que no remate do encontro marcou o cuarto o equipo local.

Sábado de entroido recibimos o sempre incomodo equipo do Cordeiro. Será, posiblemente, sobre as 15.30 horas.

 

AFICIONADOS : BUGALLIDO (0) – FURIA (5)

Campo de Framán : Menos de media entrada. Tocoulle a rifa a “Manolo Pontellón”, doou o premio para os xogadores. Gracias.

Colexiado : Marco Ricigliano, ben en linas xerais. O público visitante reclamoulle varios fora de xogo. Cousas do fútbol.

Alineacións :

Bugallido : Pepe, Paulino, Xabi, Roberto, Dani, Paco, Manolo, Toni, Álvaro, Iván e Adrián….Xosé, Suso, Xurxo e Andrés.

FURIA : Peixe, Miguel, Alberto, Manu, Juanjo, Santi, Adrián, Xabi, Tito, Diego e Álvaro…..Pipe, Maleko e Moncho “Pistolas”.

Comentario : Volveu a auga ó rego. O Furia foi quen de golear en Bugallido ó equipo que adestra Xosé Ramón Segade (Pepiño de Calo) que, a pesar de montar unha gran tela de araña, non foi capaz de parar en ningún momento as embestidas dos xogadores visitantes que, esta vez si, estiveron moi ben plantados no sinuoso terreo de xogo de Framán. Os goles foron cinco pero, se foran oito, tampouco pasaría nada. A expedición do Furia marchou para xogar moi incomoda, debido sobre todo ás derrotas do Recesende e do Dodro nese campo. Comeza o partido e en seguida marcou Xabi Cotón e xa as cousas se calmaron. Volvería a marcar Tito  por dúas veces e así fomos, como din na galega, ó “tempo de lecer”. Na segunda metade os xogadores de “Martín Busto” volveron a saltar ó campo con moita ansia, conseguindo dous goles  por parte de Diego “Melenas” e Adrián Ferro. Puideron ser mais, “Pistolas” e “Diego” tiraron ó longueiro e, varios ataques non foron gol polas paradas de Pepe Santiago, posiblemente un dos mellores porteiros da liga. Temos que destacar o bo facer dos nosos, dende o corpo técnico, xogadores e afición, que cada vez temos mais cerca o ascenso, aínda que quedan sete partidos e hai moito que pedalear. Pero bueno, xa hai bastante recorrido.

Este sábado 5, recibiremos ó Ribasar en Campaña, as 17.30, en partido adiantado por mor do “entroido”.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

5 thoughts on “XORNADAS DO 26 E 27 DE FEBREIRO ( DOMINGO “CORREDOIRO” EN XINZO DE LIMIA )

  1. tuveron que pasar 21 xornadas para ver unha cronica de xeito. noraboa a quen a escribeu. ides aprendendo a marchas forzadas. ALA FURIA!

  2. Ai como me alegro de que vaya bien este equipito. Me cae muy simpático. La verdad es que algún día tendré que ir a verlos. A ver si el sábado, sabadete…, bueno, ya sabéis, como dice el refrán; camisa nueva, cena y …. (ji,ji). Que picarón estoy hoy.

Deixa una resposta a Cabecitas de Cerdo Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *