XORNADA DO 5 DE MARZO (SÁBADO DE ENTROIDO)

BENXAMÍNS : FURIA (0) – BERTAMIRÁNS “C” (7)

Campo de Campaña : Pouco ambiente, aínda que os de Bertamiráns un pouco “folloneiros”.

Colexiado : Manolo González, na súa linea.

Alineacións:

FURIA : Matías, Álex Vidal, Isaac, Brais, Edgar, Laura, Álex R., Yessica, Martín Calvo, Xabi, Xosé e Martín Freiría.

Bertamiráns “C” : Álex, Miguel, Mario, Dani, Gabri, Xabi, Vilas, Marcel e David.

Pouco que resaltar neste partido onde os nosos estaban mais pendentes do entroido que da pelota. Si queremos informar sobre a actitude “soberbia” do adestrador (?) visitante, sobre o feito de non permitir ducharse ós seu xogadores, nas casetas,  ó considerar  que “son terceiromundistas”. Que pronto nos esquecemos das miserias.

O próximo sábado iremos xogar a San Mamede, terra de boa caña.

 

INFANTÍS : FURIA (1) – CACHEIRAS (10)

Campo de Campaña : temperatura mais ben fresqueira.

Colexiado : O mesmo de antes, Manolo González, sen complicarse nada.

Alineacións :

FURIA : Dani, Franco, Rubén, Manu Busto, Luís, Manu Meniño, Xoán, Xabi, Lucho, Samuel e Pablo……Paja e Llonis.

Cacheiras ” B ” : Iván, Roberto, Simón, Pablo, Xacobe, Masaguer, Iago, Fabiano, Ramón, Pepe e Paco……….Nicolás, Miguel, Brais, Iago Giraldo e Airas.

A lesión do porteiro titular do Furia Danieliño, no quencemento, e un mal día do noso goleador Lucho, só marcou un tanto, fixo case imposible a idea de puntuar neste encontro. Temos que seguir pelexando  e, a ver se sábado conseguimos algo positivo. Teremos unha vixilancia especial sobre o de marras.

Xogaremos contra o Cordeiro en día e hora por confirmar. Seguiremos informando.

 

XUVENÍS : FURIA (2) – CORDEIRO (2)

Campo de Campaña : Moita expectación, con bastantes seareiros da parroquia veciña de Cordeiro.

Colexiado : Agustín Hernández, fíxolla gorda ó Furia ó anular un gol legal de Santos, co resultado de 2 a 2, cando o porteiro visitante fora a por piñas. Gol totalmente valido e así perdemos dous puntos pola súa cara bonita. Unha pena.

Alineacións :

FURIA : Tempe, Quique, Pepe, David, Pablo, Álex, Adriánsiño, Brais Calvo, Santos, Pipe e Brais Almestre……Pascolo.

Cordeiro : Christian, Isaac, Rubén, Samuel, López, Moisés, Victor, García, Valero, Martínez e Magán……Campaña, Castro, Bragaña, Castroman e Pardal.

Unha primeira metade para o equipo visitante, formado por moitos  ex-xogadores do Furia, ó adintarse no marcador con goles de Magán e de Valero, o que lle permitía ir moi felices, incluso algo fanfarróns, de cara ó descanso.

Pero na segunda parte as cousas cambian. Saíron como leóns os xogadores de “Suso” e “Peque” arrinconando, practicamente, o equipo visitante, logrando os primeiros froitos co gol de Pipe. Segue insistindo o Furia e, a falta de dez minutos para o final, logra o empate por medio de Pablo Cascallar, enchendo de lecer a innumerable afición local e, facéndolle calar a boca a algún que outro personaxe “pelotillero”. Nos últimos instantes o Furia, por medio de Santos, marca o terceiro gol que, inexplicablemente, foi anulado polo árbitro de maneira totalmente inxusta. Está claro que ser afíns ó réxime ten algunhas vantaxes.

Xogamos en Bandeira a seguinte xornada. Sorte.

 

AFICIONADOS : FURIA (1) – RIBASAR (1)

Campo de Campaña : Case vota por fora, bastante gorróns aproveitando o partido anterior dos xuvenís.

Colexiado : Pepe Raíces, bo arbitraxe en liñas xerais. Amosoulle tarxetas a Manu, Patxi e Nena, por parte local, e a Lois por parte visitante.

Alineacións :

FURIA : Peixe, Maleko, Patxi, Manu, Juanjo, Santi, Xabi, Adrián, Tito, Diego e Álvaro…..Nena, Martín, Miguel e Moncho “Pistolas”.

Ribasar : Xurxo, Pepe, David, Ismael, Salvador, Oscar, Dani, Marcos, Andrade, Miguel e Xabi………Rafa, Lois e Iván.

Un bo equipo o que nos visitou este sábado en Campaña,en partido adiantado por mor do entroido que, como ben sabedes, é moi celebrado polos dous bandos. O Ribasar demostrou claramente que é un firme candidato ó ascenso e, se a clasificación non engana, con moitas posibilidades de logralo. Moi combativos e non dando nunca un balón por perdido.

A primeira parte rematou co resultado inicial de cero a cero, aínda que houbo algunha oportunidade para os dous equipos que non chegaron a materializarse.

Pero na segunda as cousas cambian. No minuto 30, mais ou menos, adiantouse o Furia por medio de Tito, con un bonito gol de cabeza.  Un pouco mais tarde, Diego Melenas puido sentenciar ó sacar unha falta directa á base do poste do porteiro do Ribasar que, co efecto óptico a xente pensou que entrara, saíno o balón para fora por pouco. Xa no remate do encontro o árbitro sinálalle unha falta dubidosa a Nena no borde da area, xa pasaba un peliño o tempo, e colocou a pelota Miguel Penedo. Era a última, todos o sabiamos, e disparou con toda a ansia por riba da barreira cara a escuadra esquerda de Peixe que nin a veu. Un golazo, gol de primeira división. Parabéns. Non houbo tempo para mais. Sorte para o Ribasar, un bo equipo e un bo rival.

O vindeiro encontro aínda está por confirmar día e hora. Será en Boqueixón contra o Lestedo, o equipo das tartas de queixo. Sorte. Quedan seis partidos, se ganamos tres, subimos. Ánimo e forza !!!!!   ¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

2 thoughts on “XORNADA DO 5 DE MARZO (SÁBADO DE ENTROIDO)

Deixa una resposta a furiaac Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *