XORNADA DO 12 DE MARZO (SÁBADO DE PIÑATA)

AFECCIONADOS: LESTEDO-FURIA (0-2)

Aliñacións:

Lestedo: Carlos, Xosé, Álvaro, Sebastián, César, Suárez, Ferreiro, Grela, Fernando, Alberto, David—-Xosé Luis, Luis.

Furia: Peixe (2), Martín (3), Juanjo (2), Manolito (2), Nena (2), Nevero (2), Ferro (2), Xabi (2), Tito (2), Melenas (2), Alvarito (2)—-Santos (2), Pipe (2), Moncho (2) e Rañó (2).

Colexiado:

Xosé Luis Miguélez. Na súa  liña.

Incidencias: Partido disputado o sábado ás 8 da tarde, no campo de O Forte en Boqueixón. 4 afeccionados do Lestedo e uns 30 do noso equipo, incluído o equipo xuvenil que foi a animar ós seus maiores.

A crónica:

Tres puntos máis que nos acercan ó obxectivo desexado do ascenso. Pero a tarde destacou sobre todo polo aspecto negativo da grave lesión que sufriu Martín Varela, que nun lance fortuíto do xogo, que rompeu a “boneca esquerda”, de maneira violenta. Un suceso que entristece e moito esta nova vitoria. Pero sabemos que Martín é un guerreiro bravo e pronto estará ben e de novo dando o todo polo todo nos campos de fútbol ¡¡¡¡¡¡¡ÁNIMO MARTÍN!!!!!. Polo demais, non foi o mellor partido do noso equipo, pero aínda conseguiuse o que se pretendía: a vitoria. Un golazo de Nevero na primeira metade, e outro de Alvarito na segunda terminaron coa resistencia dun bo Lestedo; que polo demostrado non se merece estar tan abaixo na clasificación. O vindeiro domingo, posiblemente ás 4 e media da tarde o noso equipo recibe ó Terras do Ulla. Estamos chegando, así que agora a afección ten que asistir máis que nunca a apoiar ó equipo.

XUVENÍS: BANDEIRA-FURIA (4-2)

Alineacións:

Bandeira: Mateo, Alejandro, Cristian, Luis, Cangas, Varela, Baio, Diego, Xurxo, David, Alberto—-Matías, Couto e Xoan Manuel.

Furia: Temperán (2), Carlos (2), Serxio (2), Kike (2), Miguel (2), Pascolo (3), Pepe (2), Potel (2),Adriansinho (1), Brais (2), Álex (2)——-Diego (1)

Colexiado:

Óscar Enríquez Pereiro. O peor que se leva visto en moito. Condicionou e moito o resultado do encontro: moi, moi, pero que moi malo. Non sabe ás regras do xogo, e aínda por encima véuselle moi mala intención e beneficiando moitísimo ó equipo da casa con aleivosía. Un desastre total.

Incidencias:

Partido disputado no campo de A Bandeira, en Bandeira; por suposto. Pouco público nunha tarde desapracible.

A crónica:

Si algún partido se cometeron inxustizas, foi neste. O Furia, non solo mereceu non perder, senón que mereceu gañar claramente o encontro. A pesar das numerosas baixas, os rapaces decidiron a demostrar que son un bo equipo. Así na primeira metade, a pesar dos numerosos erros arbitrais (pitou un penalti en contra incrible, que sen embargo detivo moi ben Temperán), conseguiron non só marcar un bo gol por medio de Potel, senón que tiveron moitas oportunidades claras. Ó inicio da segunda metade, o noso equipo agrandaba as diferencias cun gol moi parecido ó primeiro, pero agora por medio de Adriansinho. E a partir dese momento, comezou o espectáculo arbitral: outro penalti, dous goles en clarísimo fora de xogo, e corenta minutos nos que todo era en contra dos nosos; que acabaron por desesperarse. Non pasa nada. O fútbol é así. E demostraron que teñen moito futuro, e que son un verdadeiro equipo. O vindeiro sábado, ás 4 e media da tarde reciben ó sempre difícil Val do Ulla. Sorte.

INFANTÍS: CORDEIRO-FURIA (7-0)

Aliñacións:

Cordeiro: Borja, Alberto, Brais, Xoan Manuel, Jonathan, Lois, Otero, Ismael, Antón, Roi, Serxio, Francisco—–Francisco, David, Damián, Samuel e Diego.

Furia: Dani (1), Nico (1), Rubén (1), Manu (1), Salvador (1), Manu Meniño (1), Xosé Luis (1), Álex (1), Luis David (1), Samuel (1),  Pablo (1)—-Xabier (1),Jonathan (1), Xoan (1) e Toni (1).

Colexiado:

Rodríguez Varela. Sen problemas.

Incidencias:

Partido disputado en Campaña. Bastante público.

A crónica:

O resultado é aclaratoria do que sucedeu no encontro. Superioridade do Cordeiro, que se levou merecidamente o derbi. Outra vez será. O vindeiro sábado o noso equipo recibe en Campaña, o sábado pola mañá (posiblemente ás 11), o segundo clasificado e sempre difícil Milladoiro. Papeleta difícil, pero seguro que os nosos darán a cara. A por eles.

BENXAMÍNS: SAN MAMED-FURIA (7-1)

Aliñacións:

San Mamed: Carlos, Adrián, Xesús, Rial, Yesebán, Iago, Brais, Marcos, Couselo, Roi, Xabier e Breixo.

Furia: Matías (1), Álex (2), Isaac (1), Brais (1), Edgar (1), Laura (1), Xabier (1), Yessica (1) e Leandro (1).

Colexiado:

Xosé Luis Fernández Froiz. Fíxoo moi fácil.

Incidencias:

Campo de San Mamed, con bastante público e moi animoso.

A crónica:

Xusta vitoria do equipo local, pero cun equipo do Furia que dou batalla en todo o momento. De feito o resultado non reflexa a igualdade que se viviu no campo. Como dicimos tódalas semanas, tódolos días @s nos@s pequech@s demostran que son un equipo de moito futuro e que cada día van a máis. O gol foi obra de Álex Vidal. O vindeiro sábado, seguramente ás 3 da tarde, reciben ós nosos veciños do Pontecesures. Un partido que agardemos sexa moi bonito e onde todos e todas se divirtan un montón.

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *