XORNADAS DO 17, 19 E 20 DE MARZO (CANDO EN MARZO MALLEA, EN MAIO MARCEA)

BENXAMÍNS : FURIA (2) – CESURES (4)

Campo de Campaña : Bastante barullo.

Árbitro : Rubén Maquieira, sen baixar do autobús.

Aliñacións:

Furia : Matías, Álex, Isaac, Brais, Edgar, Laura, Xabi, Iessica e Leandriño.

Cesures : Álvaro, Dani, Iker, Diego, Xurxo, Lois, Michael, Marcos, Manu, Óscar, Sunni e Abel.

Un bo partido nun duelo de adestradores. Moisés o “Piloto” e Marcos “Pichi” derrocharon gran enerxía táctica e foi o adestrador visitante quen se levou finalmente o “gato a auga”. Os goles marcounos “Leandriño” e puideron ser mais, pero outra vez será. O vindeiro xoves xogaremos contra os veciños do Cordeiro as 18.00, en Campaña.

 

INFANTÍS : FURIA (0) – MILLADOIRO (20)

Campo de Campaña: Pouco público. Un chisco repugnantes estes e estas do Milladoiro (?)

Árbitro : Rubén Maquieira, na súa liña.

Furia : Dani, Franco, Rubén, Manu Busto, Manu Meniño, Lucho, Ioni, Xoán, Toni, Samuel e Xabi…..Braisiño.

Milladoiro : Eloi, Dani, Carlos, Diego, Iván, Marco, Pablo, Fabián, Brais, Elías e Carlos….Álex, Manu, Lois e Pepe.

Envergadura, potencia e velocidade foron armas suficientes para que o equipo da parroquia de Biduido nos gañase o partido claramente. Por parte do Furia tivo Lucho dous mans a mas que desbaratou o porteiro visitante. Queda para outra volta.

Próximo partido contra o Rois, en hora, campo e dia por determinar.

 

XUVENÍS : FURIA (1) – VAL DO ULLA (1)

Campo de Campaña : Unha tarde moi boa para pañar herba para as vacas.

Árbitro : Pepe Rives, escamoteounos tres penaltis. Non hai maneira con el, e iso que lle queremos ben.

Aliñacións:

Furia : Tempe, Serxio, Miguel, Quique, Piñeiro, Paco, Pablo, Álex, Carlos, Pepe e Pipe……….Curiña, Xosiño, Diego, Iunior e David.

Val do Ulla : Adrián, Xacobe, Veiga, Pereiras, Xoán, Paco, Furelos, Edgar, Iván, Héctor e Damián….Samuel e Martín.

Este equipo xuvenil noso é co mo o Atlético de Madrid : “O Pupas”, capaz do mellor e do peor. Con un pouco de atino e un arbitraxe normal, este partido houberámolo gañado sen problemas. Non puido ser e, o gol de Brais “Curiña” so serviu para o empate. Temos que reseñar que o equipo de aficionados está facendo unha gran campaña gracias, en parte, os compoñentes do equipo xuvenil que, coas súas aportacións, están axudando a que o Furia volva a “Segunda Autonómica”. Gracias de verdade.

O xoves 31 de marzo, as 19.00 horas, xogaremos en Bertamiráns. Se gañamos haberá bocadillos. Sorte.

AFECCIONADOS : FURIA (14) – TERRAS DO ULLA (0)

Campo de Campaña : Un gran ambiente “prefesteiro”. Pouco seareiro do equipo padronés.

Árbitro : Pepe Vila Vila, moi bo chaval. Ten pinta de gustarlle as “navallas á prancha”.

Aliñacións :

HOMENAXE A MARTÍN VARELA “YORDI”.

Furia : Adrián Ferro, Tito, Juanjo, Santi Agrasar, Moncho “Pistolas” e Peixe (De pé))

Diego “Maleko”, Manu La Fuente, Miguel Rañó, Diego “Melenas” e Álvaro Martínez (Aniñados)…….Carrero, Repenicado, Cochero e Santos.

Terras do Ulla : Pepe, Moisés, Manu, Roberto, Andrés, Salva, Carlos, Marcos, Serxio, Cristian e Xabi…….Xosé, Marco E Estevo.

Sen comentarios. Autores dos goles (puideron ser mais pero “Pistolas” non tivo o cano quente) : Adrián Ferro (3), Pistolas (1), Tito (2), Diego (1), Álvaro (4), Santos (2) e Manolito “Cochero” (1).

Domingo xogamos un partido moi importante en Ponte Vea (Reis – Teo) contra o histórico Praóña, será as 17.15 horas, esperamos un gran apoio ós nosos xogadores que, de puntuar, daremos un paso moi grande para o retorno á segunda.

Conclusión : Quedan catro partidos (12 puntos), se facemos catro (4) puntos subimos e, se facemos seis (6), gañamos a liga. Moito éxito neste tramo final e non beber moito na voda de Álvaro e Sara : Que teñan sorte !!!!  Hala Furia !!!

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

7 thoughts on “XORNADAS DO 17, 19 E 20 DE MARZO (CANDO EN MARZO MALLEA, EN MAIO MARCEA)

  1. non sabia eu que o furia xogara onte co val do ulla, nin que boda se escribia con “v”, e despois falamos dos demais eh!!!!!!!!!!!

  2. listo podesme explicar porque en galego voda se escribe con “v” porque eu que son ignorante non o sei e que menos que unha eminencia das letras e das ciencias deste pais coma ti mo poida explicar. deves ser como minimo cientifico non??????? ou neurologo non????? ja,ja,ja.

  3. Porque ven do latín vōta, que como podes ver se escribía con v e non con b de burro. E teño un ciclo de soldadura e un máster en artes plásticas

  4. Hai que recoñecer que no nome do equipo seguramente se lle traspapelaron os datos ós redactores que, por suposto, xa foron corrixidos.En canto á palabra voda imos a pensar que xa quedou claro pero,na palabra – deves – temos algunha dubida. A ver se no lo pode aclarar o listillo de comeniños de la trompeta.Ata loguiño……

Deixa una resposta a el niño de la trompeta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *