XORNADAS DO 25, 26 E 27 DE MARZO (MARZO VENTOSO, ABRIL CHUVIOSO, MAIO FLORIDO E FERMOSO)

BENXAMÍNS : CORDEIRO (7) – FURIA (1)

Campo de Campaña, tarde desapracible.

Colexiado : Rubén Maquieira, moi atento.

Alineacións .

Cordeiro : Adrián, Iván, Ismael, Hugo, Raúl, Ángel, Juán, Grela, Martín, Miguel, Longo e Santi.

FURIA : Matías, Isaac, Brais, Álex Vidal, Edgar, Laura, Leandriño, Álex Rodríguez,Martín Freiría, Iessica e Martín Calvo.

Partido sen moita historia. Gardouse un minuto de silencio polo pasamento do primeiro presidente do Furia D. Rogelio Losas Martínez (D. E. P.). O gol do Furia foi obra de Álex Vidal.

Próximo encontro : Furia – Rois “B”, en día e hora por determinar.

INFANTÍS : ROIS (13) – FURIA (0)

Campo de Extramundi – Padrón.

Colexiado : Cristian Losas, cortou o pelo e iso nótase.

Alineacións :

Rois : Rubén, Pablo, Xurxo, Lucas, Óscar, Álex, Manolo, Estevo, Pepe, Vidal e Cristian…..Toni, Iago e Toño.

FURIA : Dani, Franco, Rubén, Manu Busto, Manu Meniño, Lucho, Samuel, Ioni, Xoán e Toni.

Non tivemos o mellor día e, ó final, acabamos derrotados con moita claridade. Seguiremos loitando.

O vindeiro xoves xogamos contra o Cesures, as 17.30 horas, no Campo de Campaña. Moita sorte.

XUVENÍS : BERTAMIRÁNS – FURIA, XOVES 31, HORA 19.00, CAMPO DE BERTAMIRÁNS – ORTOÑO (AMES).

 

AFICIONADOS : PRAÍÑA (5) – FURIA (2)

Campo de Ponte Vea (Reis – Teo), moito ambiente nas gradas. O Paríña quedouse coa recadación da taquilla, das rifas e da cantina e, por suposto, cos puntos. Fixeron o día.

Colexiado : Pepe Xácome Varela (Lalín).Moi mal. Tiña que haber expulsado o xogador número catro (4) do Praíña na xogada do penalti : Entrou por detrás varrendo literalmente ó noso dianteiro Adrián Ferro. Todo isto na primeira parte. Na segunda deixou ó Furia con nove (9) xogadores, permitindo deste xeito a avultada vitoria do Praíña.

Alineacóns :

Praíña : Toni, Borxa, Marcos, Manu, Rubén, Dani, Xoán, Álex, Moreira, Alberto e Isidro…..Rodri, Iván e Gañete.

FURIA : Peixe, Pipe, Miguel, Manu, Juanjo, Santi, Adrián, Xabi, Tito, Diego e Patxi…..Santos e Adriansiño.

GARDOUSE UN MINUTO DE SILENCIO NA HONRA DO  PRIMEIRO PRESIDENTE DO FURIA ROGELIO LOSAS, RECENTEMENTE FALECIDO POR MOR DUNHA GRAVE ENFERMIDADE. NUNCA TE ESQUECEREMOS. DESCANSA EN PAZ  “ASTURIANO”.

Pensabamos que podía pasar e pasou. Despois da voda de Álvaro e Sara, cabía esperar unha mala tarde pero non tan mala. Empezamos adiantándonos no electrónico  cun golazo dende fora da area de Xabi Cotón “Cassano”. Empataría o Praíña na seguinte xogada nun saque de esquina ó marcar Manolito en propia meta. Volvería a marcar o Praiña, aproveitando un erro defensivo do Furia, ó roubar un balón dividido. No minuto 30, aproximadamente, penalti a prol do Furia. Ben sinalado e mal administrado, xa que o árbitro debeu expulsar ó número catro local e, de ser así, outro galo cantaría. Gol de Manolito. Outra vez empatados e imos para o descanso.

Comeza a segunda metade e Adrián Santos lanzou un canonazo e escuadra esquerda que non entrou por pouco.

Un balón mal cedido por Juanjo aproveitouno a dianteira do Praíña para poñer o 3 a 2.

Unha falta lateral, cometida sen necidade,  moi ben executada e moi ben rematada puxo o 4 a 2.

Unha falta inexistente, segunda amarela a Juanjo, e 5 a 2 para o Praíña. Nesta xogada tamén sería expulsado Adrián Ferro ó menosprezar ó árbitro.

Quedan 25 minutos para o remate, ocasións para os dous bandos e a pelota non entra. Final, todos en paz e harmonía que maña é outro día. Debemos, con todo, felicitar ó Praíña polo seu triunfo. Un equipo moi serio. Sorte.

Domingo xogámonos o ascenso, se gañamos subimos e, se non, a seguir loitando. Será en Campaña contra o Cacheiras “B”. Temos que encher o campo.

HALA FURIA !!!     HALA FURIA !!!    HALA FURIA !!!   HALA FURIA !!!

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *