XORNADAS DO 31 DE MARZO, 2 E 3 DE ABRIL (ASCENSO Á SEGUNDA, OÉ, OÉ, OÉ !!!!)

XUVENÍS : BERTAMIRÁNS (1) – FURIA (o)

Campo de Bertamiráns, menos ambiente do esperado. Partido atrasado da xornada do 26 de marzo.

Colexiado : Evaristo Cerbián, fala un castellano moi curioso.

Alineacións:

Bertamiráns : Xan, Dani, Brais, Adri, Santi, Daniel, Rubén, Xacobe, Nicolás, Diego e Fraga……Héctor, Mateo, Miguel, Abel e Iago.

FURIA : Tempe, Carlos, Serxio, Quique, Pablo, Álex, Brais Calvo, Pascolo, Santos, Pipe e Brais Curíña………Adrián, Paco, Miguel, Luna e Potel.

Mereceu o Furia un mellor resultado pero, entre o porteiro e os postes, impediron un resultado positivo.

 

INFANTÍS : FURIA (2) – CESURES (6)

Campo de Campaña, tarde primaveral. Partido adiantado da xornada do 2 de abril.

Colexiado : Segundo Tubio, boa xente.

Alineacións :

FURIA : Dani, Franco, Rubén, Manu Busto, Salva, Manu Meniño, Pablo, Xabi, Lucho, Samuel e Luís……… Héctor e Toni.

Cesures : Fran, Dani, Rubén, Ricardo, Lorenzo, Xurxo, Samuel, Saborido, Manolo, Iván e García……..Aaron, Nando, Borja e Paco.

Foi bonito mentres durou. O Furia, con dous golazos de Lucho, púxose por diante no marcador con 2 a 1, pero a envergadura do rival acabou ca ilusión do equipo que adestra Tito. A ver para a semana.

Xogaremos en Calo, en hora e día por confirmar.

 

BEXAMÍNS : FURIA (3) – ROIS “B” (6)

Campo de Campaña, boa afluencia de espectadores.

Colexiado : Alberto Figueira, sen problemas.

Alineacións :

FURIA : Mati, Álex Vidal, Isaac, Brais, Edgar, Laura, Leandro, Álex, Martín Freiría, Iessica, Martín Calvo e Xabi.

Rois “B” : Santi, Ismael, Mateo, Brais, Raúl, Nico, Isidro, Iván, Iker, Alberto, Álex e Noel.

Partido case perfecto aínda que o resultado final diga o contrario. Goles de Leandro e de Álex Vidal (2).

Xogamos para a semana contra o Rois “A”, xa falaremos do día. Sorte.

 

XUVENÍS : FURIA (1) – ESCRAVITUDE (3)

Campo de Campaña, 13 presenciais.

Colexiado : Alberto Figueira, un cartón amarelo por cada lado.

Alineacións :

FURIA : Tempe, Carlos, Serxio, Quique, Pablo, Álex, Pepe, Pascolo, Adrián, Brais  e Ovi – Tú…… Miguel, Pacp, Luna e Potel.

Escravitude : Suso, Martín, Pablo, Álex, Felix, Pepe, Abel, Rubén, Alberto, Carlos e Ismael…….Gonzalo, Borja e Luís.
Partido moi traballado por os dous equipos. Na primeira parte vaise ó descanso co resultado de 0 a 0. Pero a lesión de Álex Barreiro permitiulle ó equipo de Petaca un maior dominio no medio do campo, que se acabou transformando no marcador final de 1 a 3, gol de Ovi – Tú, a pro do equipo da parroquia padronesa de Cruces.

Sábado viaxaremos á  outra banda do río para xogar en Laíño contra o Dodro. Sorte.

 

AFICIONADOS : FURIA (3) – CACHEIRAS “B” (1)

OÉ , OÉ, OÉ….. OÉ, OÉ…. !!!!!     A SEGUNDA, OÉ !!!!!      A SEGUNDA OÉ, OÉ !!!!!    GRACIAS AFICIÓN !!!!!

CAMPO DE CAMPAÑA, A BEIRA DE 500 PERSOAS, PRACTICAMENTE TODAS SEAREIRAS DO FURIA. ANIMANDO, ANIMANDO, ANIMANDO E ANIMANDO. NERVIOS, NERVIOS, NERVIOS E MAIS NERVIOS. TENSIÓN, TENSIÓN, TENSIÓN E MAIS TENSIÓN. ILUSIÓN, ILUSIÓN, ILUSIÓN E MAIS ILUSIÓN. GANAMOS O PARTIDO E TODO SE CONVERTEU NUN DERROCHE DE ALEGRÍA E FESTA QUE NESTA TEMA, COMO TEMOS DEMOSTRADO MOITAS VECES, SOMOS UNS FENÓMENOS. MOITO ABRAZO E MOITO BICO. GRACIAS AFICIÓN : SODES A MELLOR DO MUNDO !!!!!

COLEXIADOS : PABLO BOTANA, AUXILIADO POR NICOLÁS TIREUX E MARTÍN SOLMO. MOITO TRABALLO E O QUE PERDERON DE TRABALLAR. EXPULSOU, POR EMPUXALO, Ó NÚMERO 10 DO CACHEIRAS NO MINUTO 44 DA PRIMEIRA PARTE. AMOSOU 5 AMARELAS Ó FURIA E 2 Ó CACHEIRAS. PUIDO EXPULSAR, PERFECTAMENTE, A ALGÚN XOGADOR VISITANTE MAIS.

ALINEACIÓNS :

FURIA :PEIXE, MIGUEL, PATXI, MANU, NENA, SANTI AGRASAR, MALEKO, CASSANO, TITO, DIEGO E  O RECEN CASADO ÁLVARO……..LILÚ, PIPE, SANTOS, MARCOS E PISTOLAS.

CACHEIRAS “B” : ADRIÁN, ÁLEX, RAÚL, CRISTIAN, DAVID, PEPE, ÁLVARO, EMILIO, MOGO, MELLA E MARCELINO…….. DIEGO, VICENTE E NOIA.

ESCRIBIMOS ESTA CRÓNICA EN MAIÚSCULAS PORQUE O MERECEMOS.

TIÑAMOS MOITA TENSIÓN ACUMULADA E, AÍNDA QUE RESTAN DOUS ENCONTROS PARA O REMATE DA LIGA, NON DABAMOS ACABADO CO “CHOLLO”. AGRADECEMOS, ANTES DE NADA, A LABOR LEVADA A CABO POLA CONCENTRACIÓN DE PEÑISTAS DO FURIA QUE, EN GRA PARTE, FORON QUEN DE AXUDAR A GANAR O PARTIDO.

EMPEZOU BEN O ENCONTRO E, NO MINUTO 10, MARCOU ÁLVARO O PRIMEIRO. ESTE XOGADOR TEN MOITO MÉRITO XA QUE PROGRAMOU A LÚA DE MEL EN FUNCIÓN DE ESTE PARTIDO E ACABANDO TODO BEN : CHEGAR AS 2, SALTAR A XOGAR E BICAR O SANTO. O SEGUNDO TANTO MARCOUNO MANUEL LA FUENTE NO MINUTO 44. E ASÍ FOMOS PARA O DESCANSO.

COMEZA A SEGUNDA METADE E, O FURIA, SEGUE ACURRALANDO Ó RIVAL DANDO COMO FROITO O TERCEIRO GOL POR MEDIO DE DIEGO, PROVOCANDO UNHA GRAN EXPLOSIÓN DE XUBILO QUE CASE SE ESCOITA EN RIANXO. O FURIA ESTABA ASCENDIDO. NO REMATE DO PARTIDO, ESTANDO OS XOGADORES DO FURIA MAIS PENDENTES DA CELEBRACIÓN QUE DA PELOTA, MARCOU O CACHEIRAS O TANTO DA HONRA.

FINAL DO PARTIDO : APERTAS, BICOS (SOMOS MOI “BIQUEIRAS” E “BIQUEIROS”), RISAS, MANTEOS, QUINTOS DE CERVEXA, CHAMPAN, MOLLADURA NA DUCHA, A GUARDA CIVIL, ALGÚN QUE OUTRO INIMIGO, XENTE POR TÓDOLOS SITIOS E PARA O ANO EN SEGUNDA,  CATEGORÍA QUE NUNCA DEBEMOS DE PERDER.

TEMOS QUE DESTACAR O GRAN PARTIDO FEITO POLOS DOUS EQUIPOS E, RESALTAR, QUE O CACHEIRAS NUNCA DOU O PARTIDO POR PERDIDO. UN EQUIPO XOVE E MOI IMPETUOSO QUE FOI QUEN DE ACEPTAR O RESULTADO FELICITANDO ÓS NOSOS XOGADORES E Ó NOSO ADESTRADOR “MARTÍN BUSTO”, E OS NOSOS DELEGADOS “XOÁN LOUREIRO” – FLORES – E “SANTI PARDAL” – O CABO -. GRACIAS POR FACERNOS FELICES.

AGORA QUEDAN SEIS PUNTOS POR DISPUTAR, SE FACEMOS TRES SEREMOS CAMPIÓNS E FESTA OUTRA VEZ………. ESPEREMOS.

O PRÓXIMO ENCONTRO SERÁ EN LAÍÑO CONTRA O DODRO.

OUTRA COUSA, XA COLGAREMOS AS FOTOS DO ASCENSO. HAI PROBLEMAS TÉCNICOS. GRACIAS POLA VOSA COMPRENSIÓN. NON SABEMOS COMO EXPLICAR OS NOSOS SENTIMENTOS PERO, SE QUEREDES AÑADIR ALGO, PODEDES FACELO A PÉ DESTE TEXTO EN “SEN COMENTARIOS”, NO FORO OU NO NÚMERO 659 89 35 89. MOITOS BICOS PARA TODAS E TODOS.

HALA FURIA !!! HALA FURIA !!!  HALA FURIA !!!  HALA FURIA !!!


 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

2 thoughts on “XORNADAS DO 31 DE MARZO, 2 E 3 DE ABRIL (ASCENSO Á SEGUNDA, OÉ, OÉ, OÉ !!!!)

  1. Xa hai que ser gañán para escribir en maiúsculas e en negrita.
    E ben hortera para poñer eses colores
    Afortunadamente, o estilo aínda non se pode mercar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Connect with Facebook