CORDEIRO (0) – FURIA (1)

Campo Municipal de Baño – Xanza; numeroso público nas gradas a pesar do  nulo apoio do Furia á asistencia a este encontro, pero ¿quen pode con nós?, se hai que ir vaise e ben que mereceu a pena. Eles moitas fotos, moita megafonía e moita parafernalia, nós con outros tres puntos que nos sitúan de terceiros na liga, deixando ó Cordeiro na cola con cero puntos.

Colexiado : Logan San Pedro, auxiliado por Félix Queixa e Santi Rivas. Un derroche de chulería; amoestou con tres amarelas e unha vermella ó equipo local, expulsou tamén ó adestrador, e con catro amarelas e unha vermella ó Furia. Bastante ben en linas xerais.

Alineacións :

Cordeiro : López, Abuín, Susavila, Miguéns, Crego, Martínez, Bermúdez I (Rodríguez II, 46′), Rodríguez I (Alcalde, 70′), Castroagudín, Cao (Soñora, 58′) e Bermúdez II.

Adestrador : José L. Bello.

Delegado : José A. Bermúdez.

FURIA : Peixe, Maleko (Xavi, 23′), Patxi, Juanjo, Manuel, Salva, Roberto “de Nai” (Adrián Ferro, 72′), Manolito, Tito (Adrián Martínez, 88′), Diego e Manolo (Martín, 52′).

Adestrador : Martín Busto.

Delegado : Marcos Jamardo.

Un gran partido do Furia que se mostrou moi superior en todo momento ó equipo que xogaba de local, tanto é así que xa no primeiro minuto Roberto lanzou dende o medio do campo unha volea, collendo ó porteiro adiantado, batendo o balón no poste dereito cando xa se cantaba o gol. Balón para riba, balón para baixo e o gol non daba chegado ata que un pase de Manolo no minuto 40 ó propio Roberto facilitou que este, nunha xogada mestra nun man contra o porteiro, metoulle unha preciosa vaselina que fixo as delicias dos numerosos seareiros do Furia, deixando ó público “local” anonadado. Gracias Rober, es un fenómeno. Así imos para o descanso.

                                                                                Roberto Sieira “de Nai” autor do único gol do partido.

Comenza a segunda parte e todo segue igual ata que, no minuto 52, o colexiado deixa ó Furia con dez ó amosarlle a segunda amarela a Manuel La Fuente; a partir deste momento o Cordeiro apretou durante uns dez minutos, tempo en que tardou o árbitro en expulsar por dobre amarela  ó central Crego, deixando ós dous equipos en igualdade, volvendo o balón a ser controlado polo Furia.

No minuto 57 o árbitro expulsa con tarxeta vermella ó  adestrador local por vociferar, entrando no terreo de xogo con brazos en alto.

O Furia sigue dominado o encontro é nos minutos finais puido aumentar o marcador por dúas veces, unha de Diego “Melenas” que disparou á meta sen éxito podendo pasar o balón atrás onde se atopaba solo Adrián “Lilu” para golpear a pracer, e outra de Adrián Ferro que, nunha internada pola banda, presentouse diante do porteiro disparando ó moneco, rematando así o encontro.

A nota negativa foi a lesión de Maleko (20′) ó mancarse nunha man.

Despois deste encontro, o Furia situase terceiro con seis puntos por detrás do Cacheiras e do Sar, mentres que o Cordeiro é o pechacancelas con cero puntos.

Próximo encontro : FURIA – Sar, domingo 25, hora 17.00, campo de Campaña.

A este partido si que temos que asistir ………… HALA FURIA !!!!!!

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

9 thoughts on “CORDEIRO (0) – FURIA (1)

  1. Ten toda a razón dudu, estes son como os do marca que cando as cousas van ben fala do real madrid e, cando van mal, falan de baloncesto …..

  2. Veo cierto favoristismo en la crónica del partido. Lo único que se menciona en cuanto al equipo local es la previa del partido y también que va último en la tabla. Sólo decir que también el Betis si gana hoy se pone primero…

  3. Empezamos mal, o comentario moi inoportuno. Gracias que xa moitos dos vosos seguidores e incluso xogadores e membros do equipo non pensan igual.
    Primeiro gracias aos simpatizantes, seguidores, xogadores do Cordeiro o domingo foi un día especial, as ilusións dos máis pequenos e pais non ten pagamento, así que non deberías criticar eso, senon todo o contrario e animar a que os vosos tamén asistan. Deberías poñerte un pouco as pilas e cando fagas algún tipo de comentario polo menos faino xustificado, asistindo.
    Esperemos que esto non inicie novamente, sobre todo entre os nosos nenos, todos de Valga e bos amigos un problema fomentado polos maiores. Aprendamos todos.

  4. Só un pequeno apunte, está claro que o que está de “moda” escribir dunha maneira concreta, ¡vale! supoño que non podemos opinar e sobre todo animar……. Gracias.

Deixa una resposta a cr7 Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Connect with Facebook