XORNADA DO 24 DE SETEMBRO, DÍA DAS MERCEDES

BENXAMÍNS (PRIMEIRO PARTIDO) :

FURIA – 7 (LEANDRO, 7) / DODRO – 1 (BRAIS NOVO)

CAMPO DE CAMPAÑA; MOITO AMBIENTE FAMILIAR : AS MAMÁS, OS PAPÁS, OS TÍOS, AS TÍAS, OS AVÓS, AS AVOAS, OS PRIMOS, AS PRIMAS E TODO UN CONGLOMERADO QUE SE MONTOU AQUÍ IMPRESIONANTE.

COLEXIADO : RAFAEL VICENTE, TRABALLOU O XUSTO.

ALINEACIÓNS :

FURIA : Matías, Edgar, Isaac, Martín Calvo, Leandro, Álex, Pablo, Martín Freiría, Laura e Iesica.

DODRO : Serxio, Xosé, Pablo, Roberto, Brais Novo, Manu, Álex, Brais Reboiras e Iago.

Bo comenzo dos benxamíns que, cun equipo moi compacto e con Leandriño inspirado, superaron con facilidade ó Dodro.

O martes esperamos ter a foto do equipo colgada aquí.

Próximo encontro : Cabo da Cruz – Furia, en hora, campo e día por determinar.

 

INFANTÍS (PRIMEIRO PARTIDO) :

FURIA – 0 / UNIÓN “B” – 9

CAMPO DE CAMPAÑA; SE ANTES HABÍA AMBIENTE, AGORA BASTANTE MAIS.

COLEXIADO : O MESMO DE ANTES, A VIVIR QUE SON DOUS DÍAS !!!!

ALINEACIÓNS :

FURIA : Ionis Baleirón, Brais Martínez, Rubén Duro, Xabi, Salva, Rubén Gasamanes, Álex Vidal, Ionis Campos, Pablo, Samuel e Brais Galán ….     Álex Iglesias, Xoán e Toni.

UNIÓN “B” : Roi, Pepe, Gabri, Mario, Manu, Xabi, Manolo, Dani, Serxio, Álvaro e Adrián …… Xacobe, Rial, Bravo, Xosé e Alexis.

Moi boa primeira metade dos nosos no debut desta temporada. Na segunda, irremediablemente fóronse abaixo e, os de Asados que non se andan con caralladas, acabaron vencedores cunha boa goleada.

O martes tamén contamos con ter aquí a foto do equipo.

Próximo encontro : Cesures – Furia, en hora e día por decidir.

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *