XORNADA DO SÁBADO 7 DE XANEIRO (SAN XULIÁN)

BENXAMÍNS :

Rois – 8 / Furia – 0

Campo da Braña, San Lourenzo de Seira; moito frío.

Colexiado : Rafael Vicente; como da familia.

Alineacións :

ROIS : Héctor, Álex, Iván, Raúl, Ismael, Pintiño, Martín, Serxio, Brais, Nicolás, Dani e Noel.

FURIA : Matías, Edgar, Runi, Isaac, Martín freiría, Martín Calvo, Iessica, Pablo, Álex Rodríguez, Laura, Salva Álex Muiños.

O Furia presentouse a xogar en seira con varios prebenxamíns pagando moi cara a ousadía. Aínda que o resultado foi un pouco avultado, ninguén discute o merecido triunfo local.

Para o sábado 14 recibiremos ó Rois “B”, e iso xa será outro cantar.

XUVENÍS :

Furia – 1 / Bertamiráns – 1

Campo de Campaña; unha vintena de espectadores.

Colexiado : Xaquín Ventoso, de Boiro. Tivemos que arranxar a pechadura da porta do seu vestiario xa que non funcionaba. É unha pena que tiveramos que arranxala nos. Expulsou a Miguel e a Quique. Con nove fomos uns fenómenos.

Alineacións :

FURIA : Bille, Tempe, David, Quique, Miguel, Pablo, Álex, Ionis, Xosé, Lucho e Danieliño.

BERTAMIRÁNS : Pipe, Pepe, Adrián, Santi, Nicolás, Iván, Martín, Alberte, Porto, Waldir e Brais ………Rubén, Mario e Samuel.

Un partido dos nosos xuvenís digno do premio “Mellor Equipo do Mundo”.

Empezamos moi ben con gol de cabeza de Pablo Louriño á saída dun córner. Puido apuntalar o segundo Lucho, mais estivo lento.

O Bertamiráns intentouno, recollendo o seu premio con un gol en posición dubidosa de Iván, ó remate da primeira parte.

Na segunda metade o Bertamiráns sae mais incisivo. Danieliño, cun balón de ouro, fallou o 2 a 1, pero no minuto 53 o colexiado sinala penalti en contra do Furia expulsando a Miguel. Tiran o penalti e párao Bille (xa hai quen di que o quere o Estradense) desviando o balón por riba do longueiro.

No minuto 80, o árbitro expulsa a Quique Rosío por usar un vocabulario inapropiado.

Os nove xogadores que quedaron no campo, incluídos dous cadetes, portáronse como leóns e mereceron o tradicional “ovo de dúas xemas” en especial David Bille.

Moi ben chavales. Para sábado imos a Bandeira, terra de boas empanadas, a ver se salta lebre.       HALA FURIA !!!!!