SEGUNDA AUTONÓMICA

FURIA – 2 / X. AGUIÑO – 0

Campo Ramón Diéguez (Pontecesures); tarde perfecta. Entrada regular, traballando moi ben a cantina. Gracias a todas e a todos que nos botades unha man.

O público asistente, no cambio de Diego Melenas por Xabi, agradeceu cun largo aplauso o seu retorno ós terrenos de xogo.

Colexiado : Logan San Pedro, de Santiago. Bastante discutido polo banquiñoo local, sobre todo por non sinalar un claro penalti a Tito na primeira parte e, na segunda, por non expulsar ó porteiro visitante por saír fora da area  xogando o balón coas mans (tarxeta amarela). Bueno, sabe facelo mellor.

Alineacións :

FURIA : Peixe, Salva, Juanjo, Martín, Manuel, Manolito, de Nai, Tito, Manolo, Diego e Álvaro…….. Xabi, Santi e Adrián Ferro.

AGUIÑO : Guinaldo, Vidal, Callón, Gude, Suárez, Cadaval, Otero, Cadorniga, Deus, Cores e Bardeiro ……González e Bandín.

Un gran partido o disputado no Campo de Porto polo Furia que foi moi superior en todo momento ó Aguiño que puido marchar goleado.

O Furia, que se presentaba practicamente con todos seus efectivos, saíu dende o primeiro minuto a polo partido. De estar un pouco atinados arriba xa se podería estar mais tranquilos no descanso, pero non foi así.

Non sinalou o árbitro o dichoso penalti e, de alí a un pouco, marcaría Álvaro  a pase de Diego. Puido o Furia incrementar o marcador, fallando innumerables ocasións, e permitindo que Peixe se lucira, na única parada, enviando o balón a córner nun dos poucos disparos meta do equipo visitante na primeira metade.

Na segunda, mais do mesmo. Unha defensa moi ordenada, cun medio do campo moi traballador e un bo ataque forman unha combinación perfecta.

O segundo gol do Furia foi case unha obra de arte. Unha boa internada de Roberto pola banda dereita, asiste a Diego e este deixa pasar o balón para que golpee Manolo ó fondo da portería de David Guinaldo que, todo hai que dicilo, foi o mellor xogador visitante. Pero aínda quedaba outra.

Xabi, nunha fermosa xogada de todo o equipo, atopouse so diante do porteiro cun balón de ouro, quíxolle facer unha “cuchara” saíndolle un “cabaso”  as mans do porteiro cando tiña toda a meta para el. Se o outro día foi seu primo Lilu o que fallou, hoxe tocoulle a el. Para outra volta será.

Hai que sinalar que o Furia con toda a plantilla ten equipo para estar mais arriba, esperando que teñamos un segunda volta de “champión – li”.

Para domingo comenza a conta atrás recibindo ó Crocha no Campo de Porto, equipo que nos ganou no partido de ida por 2 a 1.

 

HALA FURIA !!!!!!    😀