HORARIOS, CAMPOS E PARTIDOS

PREBENXAMÍNS : Descanso

 

BENXAMÍNS :

FÚTBOL-SALA : EDM Dodro – Furia; venres 20, hora 18.00, Pavillón de Dodro.

FÚTBOL – 7 : Dodro – Furia; sábado 21, hora 11.00, Campo de Chenlo (Laíño).

 

INFANTÍS :

Unión “B” – Furia; sábado 21, hora 12.15, Campo de Vilas (Asados).

 

XUVENÍS :

San Mamede – Furia; sábado 21, hora 12.00, Campo de San Mamede (Ribadulla).

Saída bus : Centro Médico de Baño, as 10.30 horas.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA :

Oleiros – Furia; domingo 22, hora 16.30, Campo da Trinidade (Oleiros – Ribeira).

 

ESTA XORNADA PODE E DEBE SER MARABILLOSA…………..

……………………………………HALA FURIA   !!!!!!!

MARINA D’OR CUP 2012

Como sendo habitual recibimos moitas invitacións para participar nos distintos torneos internacionais que se celebran polo mundo adiante.

A última chegounos dende Oropesa del Mar – Castellón – Mediterranean – Spain, para o TORNEO FÚTBOL SEMANA SANTA, dende o xoves 5 ó domingo  8 de abril e para o chamado FÚTBOL VERANO, que vai dende o sábado 30 de xuño ata o sábado 7 de xullo (San Fermín).

Se alguén sabe de algunha persoa, entidade, empresa, asociación, deputación, xunta, concello, comarca, rexión europea, ou algo que nos poida sufragar tódolos gastos, aquí estamos prestos para o que faga falta.

A ver se temos sorte ………………………… HALA FURIA  !!!!!!!