XORNADA DO SÁBADO 21 (1988: Constitúese o concello de Cariño, que fai o nº 313 de Galicia, logo da súa segregación do de Ortigueira)

PREBENXAMÍNS : Descanso

 

BENXAMÍNS :

Fútbol – Sala Dodro ( venres 20) : EDM Dodro – 0 / Furia – 7 (Isaac, 2; Martín Calvo e Leandro, 4).

FÚTBOL 7 :

Dodro – 6 / Furia – 4

Campo de Chenlo; bastante frío.

Colexiado : Vicente Fiel, de Boiro. Non amosou cartóns.

Alineacións :

DODRO : Brais; Adrián, Pablo, Roberto, Eric, Iago, Novo, Mateo, Óscar, Serxio, Álvaro e Álex.

FURIA : Matías, Edgar, Isaac, Martín Calvo, Martín Freiría, Iessica, Pablo, Álex e Leandro.

Foi un partido moi disputado, divertido e de moitos goles o que se xogou no campo de Laíño. Os nenos desfrutaron, as mamás tamén e todos contentos para a casa.

Os goles do Furia foron executados por Leandro (2) e Isaac (2). Os do Dodro marcáronos Iago e Brais Novo (5).

No próximo encontro recibiremos o todo poderoso Cabo da Cruz.

 

INFANTÍS :

Unión – 1 / Furia – 2 (Pablo Mato)

Campo de Vilas (Asados); primeiro partido da segunda volta.

Colexiado : Claudio Castro, de Boiro. Sen problemas.

Alineacións :

UNIÓN “B” : Dylan, Ricardo, Gabriel, Marcos, Manuel, Xabier,  Xacobe, Daniel, Adrián, Álvaro e Alexis……..García, Rial, Pérez e Ces.

FURIA : Inois, Rubén Gasamanes, David, Rubén Duro, Manu, Marcos, Xoán, Pablo, Samuel e Álex Vidal ……. Brais e Ioni.

Dous contragolpes moi ben levados polos xogadores de Tito foron suficientes para derrotar ó Unión “B” na súa casa. Dous goles marcados por Pablo Mato que fai que suba a autoestima para a segunda volta.

O sábado recibimos ó líder PONTECESURES, a ver se hai sorte.

 

XUVENÍS :

San Mamede – 6 / Furia – 0

Campo de San Mamede; terreo de xogo resbaladizo.

Colexiado : Daniel Val, de Lalín. Moi atento, seguindo os lances do xogo como un lince.

Alineacións :

SAN MAMEDE : Óscar, Marcos, Diego, César, Rodrigo, Toni, Samuel, Adrián, Pepe, Fran e Iván ……. Toño e Martín.

FURIA : Bille, Tempe, David, Quique, Miguel, Álex, Pablo, Ionis, Xosé. Lucho e Danieliño.

Unha primeira parte case perfecta desenrolada polos nosos non foi impedimento para que os de Vedra acabaran marcando media ducia de goles ó final do encontro.

Remate do partido, duchámonos, papamos os bocadillos e montamos no autobús para volver á casa todos cheos de saúde.

O sábado 28 visitaranos o Bastavales, a ver se vai desta.