SEGUNDA AUTONÓMICA

 OLEIROS – 2 / FURIA – 1

Campo da Trinidade, cada vez parece mais pequeno. Tarde solleira e gran cantidade de seareiros do Furia que non pararon de animar ó seu equipo.

Colexiado : González Laíño, de Santiago. Moi brando nun partido  de moito contacto. Debeu de expulsar na primeira metade ó porteiro local por dicir diante del a un xogador do Furia “me cago en tu puta madre”. Tamén debería ter expulsado antes ó xogador número 2 do Oleiros por gritar  en voz alta por varias veces ó público “sodes uns fillos de puta”. Tanto o porteiro, como o xogador número 2, o número 4 e número 9 do Oleiros fixeron méritos de sobras para ser amoestados, ou expulsados no seu caso, durante varias fases do encontro sen que o árbitro se molestara en darse por enterado.

Non concedeu gol nun remate de cabeza de Juanjo que despexou o porteiro local dende dentro da meta na última xogada da primeira parte.

Amoestou con tarxeta amarela a Roberto polo Furia e con unha amarela e unha vermella a dous xogadores do Oleiros.

Alineacións :

OLEIROS : Fernández, Vidal, Beiro, Lijó, Calo, Pazos, Reino, Muñíz, Martínez, Fariña e San Pedro ……..Gude e Abeijón.

FURIA : Xosé, Salva, Xoán, Martín, Manuel, Manolito, Roberto, Xabi, Tito, Diego e Manolo …….Miguel, Marcos, Adrián Ferro, Maleko e Liluu.

O Oleiros, que ten o campo memorizado, foi moi superior ó Furia na primeira metade creando moitas ocasións en saques de banda e nos saque de esquina aínda que sen moitos problemas para o noso porteiro. Iso si, de tanto  rondar o balón a area, ó final entrou e, como non, nun rechace dun saque de esquina. O Furia, que non tirara á meta local en todo este tempo, puido empatar o partido ó rematar Juanjo cun bonito cabezazo a gol despexando dende dentro da portería o gardameta local. Final da primeira parte.

Comenza a segunda metade e o Furia sae mais centrado a pesar do comportamento do porteiro e do número 2 do Oleiros que mantiveron en todo momento un comportamento lamentable.

Mais parecido a un partido de “ping – pong” , o xogo seguía a trancas e barrancas. Pelotazo par alí, pelotazo para alá, balón arriba, balón fora, falta aquí e falta alá.. ata que Manolo tivo un balón de ouro a tres pasos do porteiro que non subo resolver. O xogo segue con moito contacto e o colexiado mirando para a Curota.

Cando quedan aproximadamente 10 minutos para que remate o encontro Diego empataría o empalmar coa esquerda un balón rebotado dun saque de esquina contra a portería dos metálicos. Quedaba pouco tempo e, se na primeira metade o Oleiros foi superior, na segunda o Furia merecía como mínimo puntuar.

Xa se contaba co empate aínda que aquí nada é imposible cando o Oleiros volve a marcar nun rechace na area pequena despois dun saque de banda. Gol e número dous celébrao cara os nosos xogadores con signos e vocabulario despectivo sendo expulsado polo árbitro demasiado tarde.

Así rematou o encontro non sen antes montarse unha pequena tangana que se resolveu sen maiores problemas.

O Oleiros, que se presentaba con seis xogadores novos con respecto o partido da primeira volta en Campaña onde perderan 3 a 1, de ter esa liberdade de manobra no seu campo, poucos equipos será os que poidan puntuar na Trinidade. Case o conseguimos, para outra volta será.

A LIGA SIGUE E DOMINGO RECIBIMOS Ó CORDEIRO NO RAMÓN DIÉGUEZ NUN ENCONTRO DE MÁXIMA RIVALIDADE.

ÁS CATRO E MEDIA DA TARDE, OS SOCIOS DO FURIA NON PAGAN, ENTRADA ÚNICA CATRO EUROS, NON SE ABRIRÁN AS PORTAS ATA QUE REMATE O ENCONTRO.

SE GANAMOS HAI PINCHOS ……. HALA FURIA !!!!!