SEGUNDA AUTONÓMICA

FURIA – 3 / CORDEIRO – 2

CAMPO MUNICIPAL RAMÓN DIÉGUEZ DE PONTECESURES. Tarde perfecta, cantina perfecta, campo perfecto, ambiente a tope aínda que un pouco frío. Os xogadores dispuxeron de auga quente para ducharse sen ningún problema. Así da gusto. Moi  boa a actitude dos innumerables espectadores que se portaron con unha deportividade exquisita.  Hai que destacar a gran salva de aplausos que recibiu o agora xogador do Cordeiro Moncho “Pistolas” ó saltar ó terreo de xogo. Moncho, o Furia sempre será a túa casa. O Furia tivo que xogar con outras camisetas ó negarse o delegado do equipo visitante a cambiar as súas. É o que hai. O Furia estará sempre agradecido ó Pobo e ó Concello de Pontecesures por cedernos as súas instalacións de xeito totalmente desinteresado.

Espectacular ambiente dos afeccionados que se deron cita no monte de Porto para asistir ó encontro

COLEXIADO: Gonzalo Goyanes, de Santiago. Auxiliado nas bandas por Miluco Lópéz e Serxio Maldonado. Moi ben nun partido sen moito problema. Puido expulsar nos minutos finais ó xogador número 5 do Cordeiro por dar coa cabeza a un xogador do Furia sen chegar a impactar. Amosou un cartón amarelo ó Furia e dous ó Cordeiro.

ALINEACIÓNS:

FURIA : Peixe, Xoán, Patxi, Martín (Santi, 46′), Manuel, Salva, Roberto (Adrián Ferro,59′), Tito (Xabi, 65′), Manolo, Diego e Álvaro (Adrián Martínez, 75′).

CORDEIRO : Ioni, Vicente (Agustín, 48′), Damián, Xosé Ramón, Crego, Eladio, Roi (Pablo, 24′), Álex (Diego, 48′), Lula (Pistolas, 48′), Mateo e Moisés (Bodaño, 11′).

O Furia, que empezou arrollando, acabou nos últimos dez minutos pedindo “papas” ante a embestida dos visitantes a pesar de contar estes cun home de menos durante a última media hora por unha lexión.

Abriu enseguida o marcador, minuto 5, Roberto “de Nai”  cun lanzamento de falta dende fora da area á que o porteiro visitante non lle puido facer nada. Pouco despois marcaría Álvaro un bonito gol despois dunha triangulación con Diego e Roberto.

O único disparo a porta dos visitantes na primeira metade foi un disparo ó longueiro logo dunha execución dunha falta dende fora da area que puxo o tradicional uuuiii!!!!! nas bancadas.

Os xogadores do Furia non se conformaban con pouco e á saída dun córner no minuto 20 Juanjo marcaría o terceiro con un bo remate de cabeza.

O Furia seguiu presionando arriba e ben puido aumentar o marcador antes de ir para o descanso.

Tempo de cantina: a tope; tempo de rifa : a tope e ambiente fenomenal.

Comenza a segunda metade e Álvaro dispón dun balón marabilloso que non soubo resolver. Puido ser o catro a cero e todos tan contentos. Pero nos últimos 20 minutos a historia cambia.

Na saída dun córner o cordeiro marca o seu primeiro gol por medio Crego ó rematar de cabeza ó fondo das redes.

Cando faltan 10 minutos e, o Cordeiro cun home menos por lesión, marcaría Diego o segundo ó golpear o balón á base do poste dereito da meta defendida por Peixe. A partir de aquí e, como se os do furia se quedasen a durmir, o Cordeiro empezou a usar as armas das que dispoñía que non eran outras que bombear balóns á espera dun rechace ou unha falta que os puidera favorecer. Non foi a cousa a maiores e remata o partido con apertas entre os xogadores dos dous equipos.

Moi ben o Furia durante 70 minutos e moi ben o Cordeiro durante os últimos 20.

Sobre as nove da noite os xogadores e a directiva do Furia desfrutaron dun merecido “lunch”.

O Furia, que é noveno con 28 puntos, sácalle agora ó Cordeiro 8 puntos mais a diferencia de goles. Seguindo esta dinámica non deberíamos ter moitos problemas para salvar a categoría.

………………………….. HALA FURIA !!!!!!!!

XORNADA DO SÁBADO 28

PREBENXAMÍNS :

Fútbol – Sala : EDM Dodro – 1 / Furia – 2 (Salva); Pavillón de Dodro.

F – 8 :    Unión – 8 / Furia – 0; Campo da Lomba (Taragoña).

 

BENXAMÍNS :

Furia – 3 (Isaac, 2 e Leandro) / Cabo da Cruz – 6 (Manu, Gabri, Xurxo, Fran, 2 e Adrián); Campo de Campaña.

 

INFANTÍS :

Furia – 0 / Pontecesures – 10 (Dani, Álex, 7 e Samu, 2); Campo de Campaña.

 

XUVENÍS :

Furia – o / Bastavales – 6 ( Rubén, 3; Álvaro, Serxio e Álex); Campo de Campaña.