HORARIOS, DÍAS E CAMPOS

PREBENXAMÍNS

FÚTBOL – SALA  (DODRO) : Pontecesures “B” – Furia; venres 2, hora 18.30.

F – 8 : Rois “B” – Furia; sábado 3, hora 10.30, Campo da Braña (Seira – Rois).

 

BENXAMÍNS

Furia – Unión; sábado 3, hora 10.45, Campo de Campaña.

 

INFANTÍS

Furia – Cabo da Cruz; sábado 3, hora 12.00, Campo de Campaña.

 

XUVENÍS

Furia – Val do Ulla; sábado 3, hora 11.30, Campo Norte (?) de Campaña.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

Cacheiras – Furia; domingo 4, hora 17.00, Campo da Cañoteira (Cacheiras – Teo )

 

………………………………………………..   HALA FURIAAAAAAAA !!!!!!!

SEGUNDA AUTONÓMICA

FURIA – 2 / BRIÓN – 2

Campo Municipal Ramón Diéguez, tarde solleira e mais público do esperado. Enchéronse os “recollepelotas” de traballar, especialmente na segunda metade cando se puxo por diante o Brión.

Colexiado : Xosé Gude, de Boiro. Ben, non tivo moitos problemas. Amoestou con seis amarelas ó Brión e con dúas ó Furia.

 ALINEACIÓNS :

FURIA : Jóse, Maleko (Xabi, 63′), Patxi, Martín, Manuel (Moncho, 75′), Juanjo, Adrián Ferro, Tito, Manolo, Diego e Álvaro.

BRIÓN : Diego, Vilouta, Fraga (Daniel, 46′) (Antonio, 63′), Andrés, Marcos, Torkovic, Roberto, Mouriño, Suso (Manolo, 52′), Carlos (Arufe, 89′) e Adrián.

 

Hoxe temos que recoñecer que o fútbol a veces é a hostia. Nun partido moi disputado o Furia atopouse cun marcador final que de estar un pouco atinados os dianteiros do Brión outro galo cantaría.

 

Empezou marcando moi pronto o Furia, minuto 4, por medio de Tito ó enganchar un balón solto na area logo dun saque de esquina. O balón vai dun lado a outro sen moito éxito ata que no minuto 20 un xogador do Brión enganchou unha volea dende fora da area que se colou entre as mans de Jóse, que estaba un pouco adiantado, e o traveseiro anotando un bonito gol. Un pouco antes do descanso enviaría o Brión un disparo ó pau da meta de Jóse que non se colou por pouco poñendo o susto no corpo á marabillosa afición local. O Furia seguía loitando pero sen moito éxito, entre outras cousas, porque a defensa visitante non se andaba con “chiqitas”, senón que llo pregunten ós recollepelotas que foi o día que mais traballo tiveron dende que xogamos en Porto. O Brión seguía dominando aínda que sen poder adiantarse antes do descanso. Remate dos primeiros 45 minutos e a peña a xerrear. Sorteo do lacón sendo o agraciado o pai do xogador infantil Rubén Gasamanes.

 

Comenza a segunda metade e nada cambia. O Brión sigue dominando dispoñendo de varios mans a mans contra Jóse, que hoxe substituía a Peixe, que entre a mala puntería e as boas intervencións do noso porteiro non resultaron positivos. Mais de tanto ir o cántaro á fonte acabou rompendo para eles e adiantarse así no marcador, 1 a 2, quedando aínda por disputar uns 20 minutos, facéndose pensar no peor. O adestrador do Furia dálle entrada a Moncho e a Xabi, dispoñendo este dun remate de cabeza que enviou por riba da meta de Diego. O Furia, con mais corazón que cabeza, foise arriba cunha defensa de tres propiciando que os ataques do Brión fosen mais claros sen moita sorte aínda que, nunha destas, envearían outro balón o pau sen maiores complicacións. Cada vez que chegaba o balón á area do Brión a defensa non tiña ningún problema en mandalo fora do campo, ben á casa de Boquete, ben á casa de Alfonso, ben á casa do Perruqueiro, ben polas pistas ou ben polo monte sen ningún tipo de complexos para intentar ganarse uns segundos do tempo que quedaba. O fútbol é a hostia e, despois de sacar varios córner e bombear varios balóns á area visitante sen moito atino, Tito, no tempo extra, sufre unha falta no borde esquerdo da area do Brión. É a última oportunidade para empatar. Collen o balón Xabi, Diego e Manolo sendo este o que dispara directo anotando un gol de “primeira división” sendo abrazado por tódolos compañeiros con moito agarimo e recompensado por todo o público cunha prolongada ovación.

 

Seguimos invictos no Ramón Diéguez, sumando puntos, e non nos queda outra que felicitar ó Brión por ser, ó noso entender, o mellor equipo que pasou por aquí.

 

O domingo temos que visitar ó Cacheiras,  outro coco da categoría. Iremos a polo triunfo.

 

…………..HALA FURIA   !!!!!!!!

XORNADA DO SÁBADO DE PIÑATA

PREBENXAMÍNS

FÚTBOL – SALA DODRO : Cordeiro “B” – 7 / Furia – o (24 – II – 12)

F – 8 : Rois – 4 / Furia – 5 (Runi, 3 e Marco, 2)

BENXAMÍNS

F – 7 : Noia – 4 / Furia – 6 (Martín Calvo e Leandro, 5)

 

INFANTÍS

Porto do Son – 5 / Furia – 1 (Pablo Mato)

 

XUVENÍS

Sar – 5 / Furia – 0

HORARIOS, CAMPOS E PARTIDOS

PREBENXAMÍNS

FÚTBOL – SALA : Cordeiro “B” – Furia; venres 24, hora 19.30, Pavillón de Dodro.

F-8 : Rois – Furia; sábado 25, hora 12.00, Campo de Seira – Rois.

 

BENXAMÍNS

Noia – Furia; sábado 25, hora 10.15, Campo de Cabanetán – Lousame.

 

INFANTÍS

Porto do Son – Furia; sábado 25, hora 12.15, Campo Emilio García – P. do Son.

 

XUVENÍS

Sar – Furia; sábado 25, hora 16.15, Campo de Extramundi – Padrón.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

Furia – Brión; domingo 26, hora 17.00, Campo Ramón Diéguez – Pontecesures.

 

……………………………………………… HALA FURIA  !!!!!!!!

SEGUNDA AUTONÓMICA (SÁBADO DE ENTROIDO)

BERTAMIRÁNS “B” – 1 / FURIA – 0

Campo Municipal de Bertamiráns (Ames), regular afluencia de aficionados algún deles chegados dende Marín. Tarde fresca e entrodeira.

Colexiado : Agustín Hernández, de Santiago. Ben, nun partido disputado con exquisita deportividade.

Alineacións :

BERTAMIRÁNS “B” : David, Grego, Pablo (adrián, 79′), Vieites (Suso, 67′), Miguel, Raúl (Carlos, 74′), Daniel, Casal, Diego (Nicolás, 59′) e Álex (Xenxo, 88′).

FURIA : Peixe, Maleko (Miguel, 78′), Patxi, Martín, Manuel, Santi, Adrián Ferro, Tito, Manolo (Toñito, 63′) (Xabi, 64′), Diego e Álvaro.

A crónica :

Demasiado froito para o Bertamiráns nun partido que mereceu ganar o Furia sen paliativos. Unha primeira metade moi igualada onde o Furia se puido adiantar no marcador nun ataque pola banda esquerda levado por Manolo que, unha vez dentro da area, disparou en semifallo chegando o balón a Tito que, a porta baleira, fallou botando o balón fora por centímetros. Segue o dominio alterno e, no minuto 43, o xogador do Bertamiráns Diego tira á meta dende fora da area botando o balón diante de Peixe que so consigue despexalo recibíndoo outro atacante que o pasa o centro da area pequena rematando a gol Casal. Na seguinte, antes de que o árbitro sinalase o tempo de lecer, ataca o Furia pola banda dereita por medio de Adrián Ferro que, unha vez dentro da area, golpea o esférico con moito criterio despexando de xeito incrible o porteiro, que foi o mellor xogador local, cara a súa banda dereita onde se atopaba Manolo que lanzou outro chupinazo e, entre o porteiro e o traveseiro, encargáronse de que non fose gol. Unha pena, podíamos ir iguales ó descanso pero o fútbol é o que ten.

Comenza a segunda metade con bastantes mais aficionados nas gradas que na primeira, posiblemente porque “chegaron tarde”. Esta vez, si. Podemos dicir que, practicamente, na segunda parte o Furia foi dono e señor da pelota e do terreo de xogo. Atacando polas bandas, faltas, saques de esquina (perdemos a conta), xogo aéreo ………. que tan so a mala sorte e o porteiro impediron que o marcador non fose un “2” na quiniela. Álvaro, que estivo moi traballador, dispuxo da mellor ó rematar coa cabeza de espaldas á portería saíndo o balón alto por moi pouco. Varios barullos dentro da area onde ninguén foi capaz a rematar á meta, mentres os do Bertamiráns limitábanse a achicar balóns e a pelexar contra o reloxo ata que o árbitro pitou o final. Non o crían, ganaron o partido con so dous tiros e o Furia, que dispuxo de varias, esta vez non tivo fortuna. Outra vez será e sorte para o Bertamiráns.

A liga sigue recibindo ó Brión no Ramón Diéguez o domingo 26, posiblemente ás cinco e cuarto da tarde.

…………………….. HALA FURIA  !!!!!!!!!!!!!!!!!

FESTA DE ENTROIDO

O sábado 18 a partir das cinco da tarde gran festa de entroido para os mais pequenos do Furia na Casa da Cultura de Campaña, campo de festas, con música e cotillón.

 

…………………VIR TOD@S REVESTID@S !!!!!!

 

Os maiores tamén terán a súa festa a partir das nove da noite. Hai que anotarse e, se gañamos en Bertamiráns, moito mellor.

 

 A VER QUE GUAPAS E QUE GUAPOS VINDES, NON SE ESPERA OUTRA COUSA.

 

VIVA O FURIA  !!!!! VIVAN OS CHOQUEIROS !!!! VIVAN AS CHOQUEIRAS !!!!!

HORARIOS, CAMPOS E PARTIDOS

Benxamíns Fútbol – Sala (Dodro) :  P.Cesures – Furia; venres

17, hora 18, Pavillón de Dodro. Se ganamos somos

campións !!!!!

 

 Resto categorías inferiores : Descansan polo entroido

 

Segunda Autonómica :

Bertamiráns “B” – Furia; sábado 18, hora 16.30, Campo

Municipal de Bertamiráns (Ames)

……………………….HALA FURIA  !!!!!!!!!!!!