SEGUNDA AUTONÓMICA

CARCACÍA – 2 / FURIA – 0

 

Campo Multiúsos de Mirarrios. Posiblemente a mellor entrada da temporada

cunha gran presencia de seareiras e seareiros do Furia.

 

Colexiado : Martínez Barral, de Santiago. Moi regular. Amosou sete amarelas,

cinco ó Carcacía e dúas ó Furia.

 

ALINEACIÓNS :

 

CARCACÍA : Poli, Grela, Castro, Penedo, Tourís, Xoán, Conde  (Ares), Álvaro

(García), Fran, Bello e Mel (Davila).

 

FURIA : Peixe, Miguel (Moncho I.), Patxi, Martín, Manolito, Moncho F., Adrián

Ferro, Xabi, Manolo (Rodrigo), Roberto e Álvaro.

 

A CRÓNICA :

Partido moi gris, nunha tarde moi gris, o visto este domingo en san Pedro de

Carcacía. Unha mala versión do Furia, que volvía a alienar un equipo de

circunstancias, non foi quen de sacar algo positivo desta visita a pesar do

dominio incesante na segunda metade.

A primeira metade non ten moito que contar salvo unha ocasión de ouro de

Álvaro que se encontrou cun balón perfecto contra Poli que acabou

desbaratando este. Pouco mais que dicir desta parte. 0 a 0 e descanso. Todo o

mundo para a cantina, que traballou mais co “cortinclés” o Día do Pai.

 

O comenzo da segunda metade marcaría Mel de cabeza (este non para) desde

dentro da area pequena ó aproveitar un terrible despiste defensivo.Posiblemente

fora a única vez que chegou en todo o partido o Carcacía con claridade á meta de

Peixe.

 

A partir daquí, minuto 52, o Furia foi amo e señor de todo o campo aínda que sen

ningún éxito co gol. Apertura polas bandas, entrando polo medio, balóns á area

… nada de nada. Cun de Nai moi individualista, non había quen rompera a lina

do fora de xogo e así era moi difícil resolver.

No minuto 94, e co Furia volcado na area local, marcaría nunha contra Ares

sentenciando un partido que era, ó noso entender, mais propenso ó empate.

A falta de dous partidos para o remate da liga o Furia sigue de noveno a cinco

puntos do Crocha, sexto clasificado.

 Na vindeira xornada visitaranos  ó Sp. Lampón, un histórico da Liga do Sar.

 

TOD@S A PORTO E  ……………  HALA FURIA  !!!!!

 

 

 

 

HORARIOS, CAMPOS E PARTIDOS DO 28 E 29 DE ABRIL

PREBENXAMÍNS :

 

Furia – Cordeiro; sábado 28, hora 16.00, Campo de Campaña.

 

BENXAMÍNS :

 

Abanqueiro “B” – Furia; sábado 28, hora 10.00, Campo da Charca (Abanqueiro).

 

 

INFANTÍS :

 

Escravitude – Furia; sábado 28, hora 11.15, Campo da Baiuca (Pazos – Iria).

 

 

XUVENÍS :

 

Bertamiráns – Furia; sábado 28, hora 16.00, Campo de Bertamiráns (Ames).

 

 

SEGUNDA AUTONÓMICA :

 

Carcacía – Furia; domingo 29, hora 17.00, Campo Multiusos de Mirarríos.

 

COMO SEMPRE …………………..  HALA FURIA  !!!!!!!

 

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

FURIA – 3 / TARAGOÑA – 2

 

Campo Ramón Diéguez de Pontecesures. Boa afluencia de público con bastantes

 

seguidores rianxeiros.

 

Colexiado : Serxio Silva, de Santiago. Ben; pitou con moita ansia.

 

ALINEACIÓNS :

 

FURIA : Peixe, Salva, Patxi, Manuel, Juanjo, Moncho, Adrián Ferro, Xabi, Roberto,

 

Manolito e Álvaro …………… Miguel, Álex, Santi e Maleko.

 

TARAGOÑA : Iván, Diego, Rial, Meira, Otero, Aguiar, Toni, Adrián, Alberto, Emilio e

 

Gonzalo …………………..  Dieste, Iglesias e Callón.

 

A CRÓNICA :

 

Tocou sufrir pero mereceu a pena. Un final de partido trepidante foi a causa principal

 

de que o Furia ganase este partido.

 

Pronto se poñería costa arriba o encontro ó marcar enseguida Emilio para o Taragoña

 

logo de aproveitar un rebote do balón no poste esquerdo da portería de Peixe.

 

O Furia foi dende o primeiro minuto a polos tres puntos e non foi ata o final da

 

primeira parte cando anota Juanjo o empate a uns, facendo o que se chama un gol

 

psicolóxico.

 

Descanso; a xente para a cantina e sorteo do lacón que se foi para Taragoña.

 

Na segunda metade o conto é outro. Volvería a adiantarse o Taragoña, outra vez por

 

medio de Emilio, ó aproveitar unha “jaimitada” entre Peixe e Manuel.

 

O Furia sígueo intentando dispoñendo dunha magnifica oportunidade Álvaro

 

arrancando perfectamente dende o seu campo, plantase so diante do porteiro e cando

 

se dispoñía a golpear o esférico apareceu un defensor enviando a bola a córner. Puido

 

ser o empate pero non foi.

 

O Taragoña sigue á defensiva. O tempo pasa e ninguén dá un peso pola remontada. O

 

fútbol ten estas cousas e nun par de destellos de Roberto  cambiou o conto.

 

Minuto 89 : internada pola banda esquerda, Roberto asiste a Patxi, este métea ó

 

segundo pau chegando Adrián Ferro para anotar o empate. Xa dabamos todo por ben

 

feito,pero aínda quedaba o mellor.

 

Última xogada do partido, minuto 92. Controla a pelota Roberto no medio do campo,

 

avanza uns metros e pásalla a Adrián Ferro que estaba escorado na banda dereita que

 

chega como un lostrego anotando un marabilloso gol facendo as ledicias de toda a

 

afición do Furia.

 

Moi bo final de partido, moita alegría e domingo a Carcacía.

 

O Furia agora e noveno a seis puntos do quinto clasificado Carcacía.

 

XORNADA DO SÁBADO 21 “RESULTADOS”

PREBENXAMÍNS :

 

Abanqueiro – 8 / Furia – 2 (Runni e Salva)

 

 

BENXAMÍNS :

 

Furia – 2 (Leandro, 2) / Abanqueiro  “B” – 4

 

 

INFANTÍS :

 

Furia – 2 (Samuel, 2) / Sálvora “B” – 3

 

 

XUVENÍS :

 

Furia – 0 / Calo “B” – 0

 

 

 

HORARIOS, CAMPOS E PARTIDOS

PREBENXAMÍNS .

Abanqueiro – Furia; sábado 21, hora 12.15, Campo da Charca (Abanqueiro).

 

BENXAMÍNS :

Furia – Abanqueiro “B”; sábado 21, hora 10.30, Campo de Campaña “2”.

 

INFANTÍS :

Furia – Sálvora “B”; sábado 21, hora 11.45, Campo de Campaña “2”.

XUVENÍS :

Furia – Calo “B”; sábado 21, hora 11.30, Campo de Campaña “1”.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA :

Furia – Taragoña; domingo 22, hora 17.30, Campo Ramón Diéguez (Pontecesures).

 

Veña que xa queda pouco ……….. HALA FURIA   !!!!!!!

SEGUNDA AUTONÓMICA

ESCRAVITUDE – 2 / FURIA – 4

 

Campo do Doce – Cruces. Maioría de aficionados do Furia, nunha tarde fresca e

 solleira.

 

Colexiado : David Rosende, de Santiago. A pesar de estar un pouco fondón seguiu

o encontro con ganas.

 

ALINEACIÓNS :

 

ESCRAVITUDE: Alonso, Carro, Casal, Angueira, Pena, Regueiro, Alberto,

Guillán, Martín, Carlos e Vicente…………..Marcos, Rubén, Ismael e Fernández.

 

FURIA : Peixe, Salva, Patxi, Martín, Juanjo, Moncho, Adrián Ferro, Xabi,

Manolo, Diego e Álvaro ……Víctor, Miguel, Rodri e Santi.

 

A CRÓNICA :

 

Moi bo partido o disputado este “Domingo de Pascuilla” no vetusto Campo do

Doce.O Furia foi moi superior en todo o momento ó equipo local que, a pesar de

levar un susto, non tivo demasiados problemas para vencer á contundente

defensa montada polo adestrador  Pepín.

Pronto se adiantaría o Furia por medio de Manolo ó resolver cun potente disparo

unha internada de Patxi.

 

Non tardaría demasiado Adrián Ferro, ó noso entender foi o mellor do

partido, xunto con Patxi e Xabi (“Os Chapas de Cuntis”), en anotar o segundo

nunha internada pola banda dereita, ante a saída de Félix Alonso que foi o

xogador mais destacable do equipo padronés.

 

Puido o Furia anotar algún tanto mais, pero entre os erros da dianteira e os

acertos do porteiro, o electrónico non se volveu a mover na primeira metade.

 

Na reanudación volve o Furia de dispoñer de varias ocasións. Adrián Ferro

dispara ó poste e, entre Álvaro e Diego a porta baleira, mandan o balón fora.

Nun exceso de confianza, a defensa do Furia pensa que o balón vai fora, recólleo

o extremo local que centra, anotando Víctor Martín o 1 a 2.

O Furia sigue achuchando aínda que sen éxito. Unha perda dun balón no medio

do campo permitiulle anotar outra vez a Víctor Martín o gol do empate. Xa

afición do Furia empezaba a recordar encontros pretéritos e a pensar que nos

levantan o partido. Pero non foi así. Quedaba moito tempo por diante e o Furia

era moi superior e non sempre ían saír mal as cousas. O colexiado sinala unhas

mans dun defensor local fora da area cando estaba dentro mais dun metro.

Protesta “daquí”, protesta “dalá” e a falta que se saca de fora da area. Golpeou o

esférico Rodri anotando de xeito maxistral o merecido 2 a 3.

O Furia segue ó ataque e no tempo engadido Patxi pelexa un balón ata o final,

roubándolle a carteira ó central e o porteiro anotando un fabuloso 2 a 4, dando

xustiza ós méritos de uns e de outros.

Agora quedan catro partidos que son como catro finais. O primeiro será o

vindeiro domingo, posiblemente ás 6 da tarde, contra o Taragoña en Porto. De

ganar este encontro dariamos un paso moi importante para as nosas aspiracións.

 

………………………….     HALA FURIA    !!!!!!!!!!

 

 

 

 

HORARIOS, CAMPOS E PARTIDOS

PREBENXAMÍNS :

 

Furia – Unión ; sábado 14, hora 17.00, Campo de Campaña.

 

 

BENXAMÍNS :

 

Abanqueiro – Furia; sábado 14, hora 11.15, Campo da Charca (Abanqueiro)

 

 

INFANTÍS :

 

Crocha – Furia; sábado 14, hora 12.15, Campo de Cadreche (A Poboa).

 

 

XUVENÍS :

 

Sábado 14 : descanso.

 

 

SEGUNDA AUTONÓMICA :

 

Escravitude – Furia; domingo 15, hora 18.00, Campo do Doce (A Escravitude).

 

Temos que traer os tres puntos ………………. HALA FURIA   !!!!!!!!